Xornada | Para un novo modelo de inserción laboral baseado na FP Dual Adaptada nos CEEIS

IN-RED: Asociación empresarial galega da discapacidade con especiais necesidades organiza a actividade 'Para un novo modelo de inserción laboral baseado na FP Dual Adaptada nos Centros especiais de emprego de iniciativa social' no marco da Rede Eusumo.

Trátase dunha xornada divulgativa en modalidade presencial que se celebrará o vindeiro 25 de outubro de 2022 no Edificio CERSIA Empresa (Santiago de Compostela), en horario de 9:30 h a 14:30 h.

O obxectivo desta actividade é promover un modelo de inserción laboral para as persoas con discapacidade intelectual e especiais dificultades de inserción, reforzando e consolidando os CEEIS (Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social) coma lugares de aprendizaxe de capacidades profesionais nun ambiente protexido para favorecer o tránsito destas persoas ao emprego ordinario ou ao autoemprego.

Esta xornada vai destinada aos centros especiais de emprego, os centros de atención á discapacidade, as empresas e asociacións empresariais, os axentes sociais (patronais e sindicatos) e as institucións públicas.

Podes consultar o programa completo.

Se estás interesad@ en asistir, inscríbete a través deste formulario.

Para máis información, non dubides en poñerte en contacto en inred@inred.gal / 625 79 99 78.

 

Martes, 25 October, 2022 - 09:30 to 14:30

Compartir