As permutas na economía social. Aplicación da Lei

A asociación para o desenvolvemento rural da comarca de Lugo organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:

AS PERMUTAS NA ECONOMÍA SOCIAL. APLICACIÓN DA LEI
 

Datas: do 12 ao 16 de setembro

Horario: de 10:00 a 14:00 horas

Modalidade: presencial

Lugar: Centro Colaborativo do Concello de Friol, rúa Deputación nº 14, Friol, Lugo.

Duración: 20 horas (5 sesións presenciais)

Programa:

  • Luns 12 de setembro: Imparte: Victor de la Cruz de Sial Ingeniería, S.L. y equipo técnico GDR. 
    - Presentación curso e Rede Eusumo
    - Necesidade dunha base territorial na Comarca de Lugo. Breve repaso histórico á división da terra en Galicia e os instrumentos para evitala
    - Concentración parcelaria antes da METAGA. Exposición do procedemento. Argumentos a favor e en contra
    - Preguntas e debate.
     
  • Martes 13 de setembro: Imparte: Victor de la Cruz de Sial Ingeniería, S.L. 
    - Lei 4/2015, do 17 de xuño (METAGA). Novidades respecto das anteriores leis de concentración parcelaria. Balance despois de 7 anos.
    - Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras. Declaración de abandono. Proxecto piloto de mobilización de terras no Val de Lemos ano 2017. Paralización por falta de instrumentos
    - Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia. Obxectivos e instrumentos (permutas, polígonos agroforestáis e aldeas modelo)
     
  • Mércores 14 de setembro: Imparte: Miguel Rodríguez de Sial Ingeniería, S.L. y equipo técnico GDR
    - Exemplo práctico de polígono agroforestal e aldea modelo de iniciativa pública.
    - Análise do uso da terra na Comarca de Lugo
    - Arrendamentos e prezos. SITEGAL
    - Preguntas e debate.
     
  • Xoves 15 de setembro: Imparte: Miguel Rodríguez de Sial Ingeniería, S.L. y equipo técnico GDR
    - Permutas antes da Lei 11/2021. Procedemento.
    - Permutas conforme á Lei 11/2021. Diferencias co procedemento anterior. Tipos de permutas.
    - Continuación permutas. Procedemento, documentación … etc
    - Preguntas e debate.
     
  • Venres 16 de setembro: Imparte: Miguel Rodríguez de Sial Ingeniería, S.L. y equipo técnico GDR. 
    - Exposición e análises do proxecto piloto que se está desenvolvendo. Análises.
    - Base cartográfica. Necesidade dun levantamento topográfico.
    - Implicación dos distintos axentes no procedemento de permutas: concello, GDR, comunidades de montes…
    - Preguntas e debate
    - Conclusión

Inscricións:

- Gratuíta

- A través desta ligazón

Para máis información: 982238000

 

Luns, 12 September, 2022 - 10:00 to Venres, 16 September, 2022 - 14:00

Compartir