O persoal técnico da Rede Eusumo participará como xurado no certame “Emprende Innova Comparte - Galicia 2023”

A Fundación Acción Contra el Hambre organiza o concurso “Emprende Innova Comparte - Galicia 2023”, no que o persoal técnico da Rede Eusumo participará como parte do xurado.

Este concurso está enmarcado no programa Vives Emprende, Economía con Impacto Social que promove o emprendemento das persoas inscritas como demandantes de emprego en Galicia. Este programa levase a cabo na Comunidad de Galicia coa financiación do Fondo Social Europeo, a CEPES, a Xunta de Galicia e a Fundación Roberto Rivas

O obxectivo que se busca con esta actividade é promover que as persoas emprendedoras asistentes desenvolvan o seu modelo de negocio e aprendan claves para comunicalo dunha forma creativa, chegando así aos seus clientes e sendo capaces de vender os seus produtos ou servizos.

Poden participar todas aquelas persoas desempregadas que residan en Galicia, teñan entre 18 e 64 anos e estean inscritas no Servizo Nacional de Emprego de España (SEPE). Ademais, deberán estar incritas ou inscribirse no programa Vives Emprende, Economía con Impacto Social.

Para participar no concurso é necesario realizar os seguintes pasos antes das 12:00 h do luns 8 de maio:

  1. Inscribirse no evento a través desta ligazón.
  2. Enviar a documentación necesaria a través do correo electrónico.
  3. Presentar o modelo de negocio segundo o modelo facilitado polo equipo técnico de Acción Contra el Hambre.

A valorización dos proxectos realizarase en 2 fases:

Fase 1 - Valoración técnica (60 % da puntuación final)

Fase 2 - Valoración comercial (40 % da puntuación final). Nesta segunda fase, as persoas finalistas presentarán os seus proxectos ante o xurado instituicional o jueves 11 de maio na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Tras a valoración dos proxectos, outorgaranse 5 premios:

  1. Premio bono Economía Social en forma de axuda directa para gastos de constitución por valor de ata 1200€
  2. Premio bono Economía Social en forma de axuda directa para gastos de constitución por valor de ata 1200€
  3. Premio bono Vídeo Promocional do negocio por valor de ata 675€
  4. Premio bono deseño/redeseño do Logotipo Corporativo do negocio por valor de ata 480€
  5. Premio bono Xestoría por valor de ata 275€

Para recibir calquera dos premios será imprescindible:

  1. Cumplir co itinerario de actividades correspondente do programa
  2. A data límite para a constitución do negocio e entrega de documentación acreditativa dos gastos de constitución será o 25 de xullo de 2023.

Podes consultar as bases nesta ligazón.

Tamén podes descargar o programa.

 

Xoves, 27 April, 2023 - 09:45

Compartir