Pingota Comunicación asina a súa adhesión ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia

A Sociedade Cooperativa PINGOTA COMUNICACIÓN S.COOP.GALEGA asinou a súa adhesión ao Código de boas prácticas das sociedades cooperativas de Galicia, a través do cal expoñe o seu compromiso a manter un comportamento transparente, honesto e responsable por parte da cooperativa e dos seus membros no seu ámbito de actuación.

Esta asociación ao código de boas prácticas, que se realiza de forma libre e voluntaria, contribúe á reforzar a confianza nas cooperativas, ofrecéndolle vantaxe competitiva e unha mellora nos seus resultados.

Se es unha cooperativa interesada en adherirte a este código, podes comunicalo a economiasocial.emprego@xunta.gal a través do modelo incluído como Anexo no propio código de boas prácticas, que se amosa a continuación:

 

Luns, 16 April, 2018 - 11:30

Compartir