PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO: Análise da viabilidade de proxectos cooperativos (A Coruña)

Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.

OBXECTIVOS:

  • Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
  • Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
  • Elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto.
  • Avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.

PROGRAMA:

  • Módulo 1.- Introdución ao plan de empresa.
  • Módulo 2.- Area Comercial e de Mercado
  • Módulo 3.- Área Económico- Financeira
  • Módulo 4.- Area Organizativa e trámites de constitución.

CONTIDOS:

  • 1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. O plan de empresa como ferramenta de diagnose e planeamento: modelos e recursos para a súa elaboración. Cuestionarios de avaliación do perfil emprendedor e áreas do plan. O DAFO.
  • 2º sesión.- Área Comercial e de Mercado: o noso produto, servizo, clientes, mercado, competencia, intercooperación.
  • 3º sesión.-. Área Económico- Financeira: Plan de investimentos e financiamento, contas de resultados e tesourería previsional, análise de sensibilidade.
  • 4º sesión.- Area de organización: estatutos e regulamento de réxime interno, acta de constitución, trámites e calendario para a posta en marcha. Ferramentas e recursos.

 

DATA INICIO 15/03/2016 DATA FIN 18/03/2016 DURACIÓN 20 horas
HORARIO De 9.30 a 14.30 h
LUGAR CELEBRACIÓN: Entidade Adherida á Rede Eusumo na Universidade de A Coruña, Centro Universitario de Riazor, R/ Almirante Lángara, s/n – 15011 A Coruña (Campus Riazor)

Persoa de contacto Rosa Álvarez Bernárdez
teléfono 981 575 578
e-mail rosaab@ugacota.coop

 

Inscrición: Preme aquí

Descarga do PROGRAMA

 

 

Martes, 15 March, 2016 - 03:30 to Venres, 18 March, 2016 - 08:30

Compartir