Pont-Up Store 2018

A 5º Edición do Encontro de emprendemento Pont-Up Store concéntrase este ano os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra.

O Pont-up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, na que se van dar cita centos de persoas con talento, creatividade e espíritu emprendedor. É unha actividade aberta a toda a cidadanía e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade.

Será Pontevedra quen, durante tres días,  acolla en distintos puntos da cidade un programa de actividades con propostas innovadoras, pensadas para orientar e axudar ás persoas que están no camiño do emprendemento.

Para coñecer o Programa completo podes pinchar aquí.

 

Xoves, 20 September, 2018 - 10:00 to Sábado, 22 September, 2018 - 10:00

Compartir