POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO? Habilidades sociais para contornos cooperativos. (Pontevedra)

Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

OBXECTIVOS:

  • Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
  • Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
  • Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

PROGRAMA:

  • MÓDULO 1.- ACHEGÁNDONOS AO XEITO DE TRABALLAR NA COOPERATIVA.
  • MÓDULO 2.- DESENVOLVENDO HABILIDADES PARA O TRABALLO GRUPAL.

CONTIDOS:

1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Habilidade para manexar emocións. Autocoñecemento. Autoestima.
2º sesión.- Habilidades de comunicación: A Comunicación. A escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidade para xestionar críticas, peticións e eloxios.
3º sesión.- Habilidades de xestión social: Traballo en Equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvintes. Fases de maduración do equipo. Os roles nos equipos de traballo.
4º sesión.- Toma de decisións: Tipoloxía. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvintes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións.

DIRIXIDO A:
Persoas interesadas en desenvolver habilidades para o traballo en equipo
Grupo mínimo: 12 persoas
Grupo máximo: 20 persoas

DATA INICIO 26/04/2016 DATA FIN 29/04/2016 DURACIÓN 20 horas
HORARIO De 9.30 a 14.30 h
LUGAR CELEBRACIÓN: Entidade da Rede Eusumo Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa (Sede de Pontevedra). Viveiro de Empresas – Rúa García Camba 8-1º esquerda. Pontevedra

Persoa de contacto Rosa Álvarez Bernárdez
teléfono 981 575 578
e-mail rosaab@ugacota.coop

Descargue o programa pulsando aquí

Inscrición: Preme aquí

 

Martes, 26 April, 2016 - 17:30 to Venres, 29 April, 2016 - 17:30

Compartir