As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas: experiencias e oportunidades de emprendemento

Que pretende esta xornada?

A través da xornada “As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas” preténdese achegar experiencias e oportunidades de emprendemento no marco das industrias culturais e creativas:

  • Achegar a economía social como un sector idóneo para impulsar proxectos culturais e creativos.
  • As tendencias existentes nas industrias culturais e creativas.
  • Amosar experiencias e proxectos de economía social nas industrias culturais e creativas.
  • Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso da economía social.

A quen vai dirixida?

Aos emprendedores que estean a valorar a posibilidade de emprender nun proxecto cultural e creativo e as persoas interesadas en coñecer as potencialidades e tendencias das industrias culturais e creativas a través da economía social.

Onde terá lugar?

  • Día: 07 de abril 2016
  • Lugar: Santiago de Compostela
  • Centro: ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO MESTRE MATEO (Salón de actos), Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela

 

Programa

12:00 h_  Inauguración da xornada

  • Covadonga Toca Carús, Secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia
  • Santiago Riande Torres, Director da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

12:10 h_ Mesa redonda "A industria cultural e creativa como un sector con potencial para emprender a través da economía social"

  • Ramón Tubío, Consultor especializado en emprendemento e industrias culturais e creativas
  • Alexandre Pereira, emprendemento en Economía Social.
  • Juan Carlos Fasero, delegado da Sociedad General de Autores para Galicia, Asturias e Cantabria.

13:00 h_ Mesa de experiencias “As cooperativas cuturais na Eurorrexión Galicia - Norte Portugal”

  • 7H Cooperativa Cultural
  • Urdime S. Coop. Galega
  • A Árvore – Cooperativa Portuguesa de Actividades Artísticas CRL

14:00 h_ Finalización da xornada

Descargue o programa aquí

 

Inscrición:

  • A xornada ten carácter gratuíto.
  • Prazo de inscrición: ata o 06 de abril de 2016
  • Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.gal

 

Máis información:

 

Xoves, 7 April, 2016 - 16:15

Compartir