PREMIOS A COOPERACIÓN 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa finalidade de fomentar e difundir o cooperativismo na Comunidade Autónoma, así como para recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando neste sentido, considerou adecuado instituír con periodicidade anual os premios á cooperación.

Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo e será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia. Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultasen premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos, tampouco poderán resultar premiadas as cooperativas nas cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Outorgaranse os seguintes premios:

  • Premio aos valores cooperativos.
  • Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
  • Premio á traxectoria cooperativa.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2017

FOLLETO

+INFO

 

 

Luns, 6 February, 2017 - 14:00

Compartir