Presentación do Libro Branco da economía social de Galicia

O próximo 13 de novembro ás 19:30 horas terá lugar no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela a presentación do Libro Branco da Economía Social de Galicia 2018, elaborado por varios investigadores da USC baixo a dirección da directora e o presidente do Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (CECOOP).

Na presentación participará tamén Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria. 

Este evento ten moita relevancia xa que é o primeiro estudo en Galicia e o segundo en toda España que aporta datos de todas as familias que conforman a economía social na nosa comunidade autónoma, ademais dunha análise temporal e algunhas recomendacións.

 

Venres, 8 November, 2019 - 19:30 to Venres, 13 November, 2020 - 19:30

Compartir