Préstamos IFI Extraordinarios COVID-19

Publicadas no DOG  a convocatoria e as bases dos Préstamos IFI Extraordinarios COVID-19, no que se inclúen como posibles beneficiarias ás pemes de economía social. 

Obxectivo: Apoiar financeiramente ás pemes afectadas pola crise causada pola COVID-19 que, coas medidas de apoio financeiro postas en marcha ata o momento polas administracións central e autonómica, non obtiveran financiamento suficiente para manter a súa capacidade de funcionamento.

Beneficiarias potenciais: Poderán ser beneficiarios aquelas pequenas, medianas ou microempresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo nas modalidades de préstamos que no Anexo I eximan expresamente deste requisito.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Importe do préstamo: O mínimo do/s préstamo/s por beneficiaria será de 3.000 euros e o máximo de 500.000 euros. A titular deberá solicitar a cantidade que estime necesaria para reforzar o seu capital de explotación, en coherencia coa memoria explicativa que deberá xuntar á solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme ás solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.

b) O 30 de decembro de 2020.

 

Para consultar a orde podes premer aquí

Para máis información e tramitación de solicitudes podes premer aquí

 

Venres, 20 November, 2020 - 10:30 to Mércores, 30 December, 2020 - 10:30

Compartir