Primeiro préstamo do Banco Europeo de Inversións a unha empresa de economía social en España

O Banco Europeo de Inversións (BEI) facilitará á ILUNION unha financiación de 35 millóns de euros co obxectivo de fomentalo emprego de persoas con discapacidade e as inversións en eficiencia enerxética. Trátase do primeiro préstamo do BEI a unha empresa de economía social en España e conta co apoio do Plan de Inversións para Europa, coñecido como “Plan Juncker". O acordo foi firmado en Bruselas pola vicepresidenta do BEI, Emma Navarro, e o presidente de ILUNION, Alberto Durán, nun acto que contou coa presencia do vicepresidente da Comisión Europea, Jyrki Katainen, e do presidente do Grupo Social ONCE, Miguel Carballeda.

ILUNION o conforman as empresas do Grupo Social ONCE, o empresa que emprega o maior número de persoas con discapacidade en España. A financiación do BEI baixo o Plan Juncker aportará os fondos necesarios para que este grupo poda levar a cabo o seu programa de inversións ata o ano 2021.

Estas inversións céntranse na renovación da súa cadea de lavanderías industriais, para incorporar tecnoloxías máis eficientes dende o punto de vista enerxético, a construción dun hotel en España, a rehabilitación dos que xa están en funcionamento e o desenvolvemento de diferentes dispositivos que melloren a vida de persoas con calqueira tipo de discapacidade.

Todas estas actuacións comparten o mesmo obxectivo: fomentar o emprego entre as persoas con discapacidade. De feito, o proxecto permitirá crear 200 novos postos de traballo fixos e outros 725 durante a fase de implementación.

http://www.guiafc.es/index.php/actualidad/noticias/894-primer-prestamo-d...

 

 

Luns, 1 October, 2018 - 12:30

Compartir