Programa Aprol - Economía Social 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - economía social) que se convocan para o ano 2019.

O obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

  • As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas para o programa I.
  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas para o programa II.

prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Para consultar a orde completa prema aquí.

Para descargar o folleto prema aquí.

 

Martes, 29 January, 2019 - 11:00 to Martes, 1 October, 2019 - 00:00

Compartir