Programa APROL - Economía Social | Convocatoria 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - Economía Social) que se convocan para o ano 2023 cun orzamento total de 4 300 000 euros.

O obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas:

  • PROGRAMA I: para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, cun crédito de 2 400 000 euros.

  • PROGRAMA II: para o fomento do acceso á condición de persoa socia, cun crédito de 1 900 000 euros.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

  • As cooperativas e sociedades laborais (programa I).

  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas (programa II).

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Antes de presentar a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.

Para descargar o folleto do programa, preme aquí.

 

Venres, 15 September, 2023 - 23:45

Compartir