Programa de axudas para implantar a RSE, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal para o ano 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo porgrama operativo FSE Galicia 2014-2020, que se convocan para o ano 2019.

O obxectivo deste programa é promover a Responsabilidade Social Empresarial entra as empresas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Establécense tres liñas de axudas:

  • Liña I: Certificación de RSE.
  • Liña II: Elaboración e implantación de plans de igualdade
  • Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal que, a súa vez, comprende tres subliñas:
    - Incentivos para fomento do teletraballo
    - Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria
    - Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral

O orzamento total desta orde de axudas ascende a 1.504.198 euros.

Poderanse acoller a estas subvencións, as Pemes ou persoas traballadoras autónomas que conten cun mínimo de 6 persoas traballadoras e con domicilio social e centro de traballo en Galicia.

prazo de presentación de solicitudes é de 45 días naturais desde a publicación no DOGA.

Para consultar a orde completa prema aquí.

Tamén pode  descargar un resumo da axuda premando aquí.

 

Venres, 1 February, 2019 - 11:15

Compartir