Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras

 Entidades beneficiarias: As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas. As empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral.

Obxecto: Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, previamente cualificadas no rexistro administrativo de Galicia.

Tipos de axudas: Os tipos de axudas establecidos na Orde están en función da tipoloxía de empresa que as solicite, diferenciando entre empresas de inserción laboral e entidades promotoras de empresas de inserción laboral.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 15 de outubro de 2018.

Para consultar a orde, prema aquí.

 

Martes, 2 January, 2018 - 10:45

Compartir