PROGRAMA ES POPUP: Espazos efémeros de emprendemento de economía social

A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa ES POPUP, un conxunto de actividades que lles permitirán ás empresas que se encontran en fase de creación ou consolidación ter unha experiencia real de venda, e lograr unha importante aprendizaxe que as axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
A través de ES POPUP as persoas emprendedoras poderán expoñer os seus proxectos durante un tempo limitado e acceder a unha valiosa retroalimentación do potencial cliente antes de lanzarse definitivamente ao mercado.

Destinatarios: persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social mediante a proba do seu produto ou servizo.

Obxectivos

  • Introducir e dar a coñecer novos produtos e servizos
  • Testar unha idea de negocio
  • Estender a marca
  • Identificar factores que poden limitar o éxito do proxecto ou produto
  • Determinar necesidades do proxecto
  • Avaliar, medir e formar as persoas emprendedoras
  • Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking
  • Fomentar o ecosistema emprendedor

Bases e convocatoria:
Podes descargar as bases e a convocatoria premendo aquí.

Inscrición:
Para formular unha candidatura deberás cubrir o seguinte formulario.

 

Xoves, 9 Maio, 2019 - 18:15

Compartir