Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.

Que entidades poden ser beneficiarias?

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos seguintes procesos:

  1. Constitución por ausencia de remuda xeracional
  2. Constitución por persoas autónomas
  3. Constitución por transformación
    1. Transformación de todo tipo de sociedades en cooperativas ou sociedades laborais
    2. Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social e de transformación nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa

Cales son os conceptos subvencionables?

  • Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade
  • Obtención de certificacións de calidade
  • Márketing, comunicación ou relanzamento comercial
  • Plan de protección de datos
  • Equipamento informático
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web
  • Mellora na eficiencia enerxética
  • Adquisición de equipamento
  • Reforma do local de negocio
  • Mobiliario
  • Elementos de transporte

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 16 de setembro de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Luns, 16 September, 2024 - 23:45

Compartir