PROGRAMA NEW START

A entidade CIMO a través da Rede Eusumo organiza a seguinte programa:

NEW START
 

Datas: 19 ao 22 de setembro

Horario: de 09:00 a 14:00 h

Duración: 20 h

Modalidade: presencial

Lugar: Centro de formación CIMO, rúa río casaio, 2, Ourense.

Destinatarios: persoas que están interesadas en formarse e por en marcha unha iniciativa en economía social.

Obxectivos: fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das persoas participantes a través do acceso a coñecementos relacionados co emprendemento empresarial en Economía Social e Solidaria, facilitando ao alumnado as ferramentas necesarias para analizar as necesidades e requirimentos fundamentais para afrontar o proceso do emprendemento; coñecer os procesos  necesarios para a posta en marcha dunha empresa de Economía Social; e os aspectos xurídicos, fiscais, laborais, a elaboración do seu plan de empresa e o programa de axudas da Economía Social.

Programa: 

  • Sesión 1.- Entidades de Economía Social: Aspectos clave na elección da Forma Xurídica e  Trámites de Constitución
    o   Definición da economía social
    o   Principios que rexen a economía social
    o   Tipos de entidades de economía social
    o   Formas xurídicas e trámites de constitución
  • Sesión 2.- Plan de Empresa e implantación dun Modelo de Negocio Sostible en Entidades de Economía Social: O Método Canvas
    o   Creación e emprendemento en economía social
    o   O Plan de Empresa
  • Sesión 3.- Viabilidade económica-financeira e Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvenciones
    o   Estudo da Viabilidade Económica – Financeira  nas entidades de Economía Social
    o   Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvencións
  • Sesión 4.- Fiscalidade para emprendedores en Economía Social
    o   Introdución ao sistema impositivo
    o   Obrigacións tributarias das entidades de economía social
    o   O IAE  e  o alta Censual
    o   Retencións
    o   O IVE
    o   O imposto sobre sociedades
    o   Réxime especial de Cooperativas
    o   Fiscalidade de Sociedades Laborais
    o   Fiscalidade das Asociacións

Inscrición:

- Gratuíta
- Ata o 16 de setembro
- A través do formulario de inscrición ou no 988 39 15 15

Podes consultar o cartel premendo aquí.

 

Luns, 19 September, 2022 - 09:00 to Xoves, 22 September, 2022 - 14:00

Compartir