RE-SOLVE 2018: APOIO AO ACCESO AO FINANCIAMENTO OPERATIVO

O próximo  31 de outubro de 2018 finaliza o prazo de presentación para solicitar as axudas Re-solve para o apoio ao acceso ao financiamento operativo, dispoñibles na páxina web do IGAPE:

http://www.igape.es/es/component/igpbdaxudas/ficha/IGAP350

A finalidade é facilitar o acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes, instrumentado mediante convenio de colaboración entre o IGAPE, as SGR e as entidades financeiras adheridas.

Os beneficiarios poderán ser as pemes, as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado. En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal e desenvolver a súa actividade económica en Galicia.

Podes consultar máis información no DOG Nº 153 de 10 de agosto de 2018.

 

Luns, 22 October, 2018 - 13:00

Compartir