A Rede Eusumo na Feira de emprendemento PONT UP STORE

Importante participación da Rede Eusumo na Feira de emprendemento PONT UP STORE que tivo lugar do 22 ao 24 de setembro en Pontevedra.

Destacamos as sesión de Coaching Executivo para emprendedores en Economía Social, dirixido a fortalecer a idea dos proxectos e onde os grupos promotores aproveitaron para reflexionar sobre os retos que supón executar e poñer en práctica os seus proxectos empresariais.  Outra das participacións da rede Eusumo fíxose a través da intervención da Subdirectora Xeral de Economía Social: Alba Paz Boubeta, que interviu no relatorio titulado “Apoio Público ao Emprendemento en Economía Social”, onde fixo un percorrido por todas as axudas que anualmente a Consellería de Economía, Emprego e Industria están a sacar para potenciar a posta en marcha dos novos proxectos.

Mércores, 28 September, 2016 - 10:30

Compartir