Remata o obradoiro de igualdade e xestión cooperativa en Sada

Rematou na aula CEMIT de Sada o Obradoiro “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa”, impartido por AGACA.O alumnado cursou 7 seminarios, 21 horas formativas, nos que se afondou en aspectos como retos do mundo cooperativo, habilidades directivas, conceptos empresariais básicos e regulación da cooperativa, planificación estratéxica e detección, análise e eliminación de obstáculos e estereotipos asociados ao xénero.

A iniciativa forma parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, e forma parte dun ciclo de iniciativas, impartidas por AGACA, dedicadas a fomentar a participación activa das mulleres nas actividades e órganos de decisión das cooperativas.

Rede Eusumo

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida en 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Martes, 27 September, 2016 - 09:45

Compartir