A Secretaría Xeral de Emprego invítavos a participar no ExpoOrdes 2018

A Secretaría Xeral de Emprego asistirá, un ano máis, a Feira ExpoOrdes, que terá lugar en Ordes os días 27 e 30 abril de 2018.

A través da súa participación queren dar visibilidade ás cooperativas, sociedades laborais e outras entidades de economía social, así como aos seus produtos e servizos, como parte da súa labor de promoción da economía social.

Na feira poderedes atopalos no stand da Economía Social de Galicia, onde se facilitará a exposición nun espazo común a todas aquelas entidades que desexen darse a coñecer. Lembrámovos que a participación neste stand é libre de custos para o expositor, correndo só ao seu cargo o produto para súa exposición e o seu persoal de atención, polo que vos invitamos a participar e así dar a coñecer o voso proxecto de economía social.

Para máis información e para inscribirse como entidade participante só tedes que enviar un e-mail ao seguiente enderezo: economiasocial.emprego@xunta.es.

Tedes ata o día 30 de marzo de 2018 para apuntarvos. Agardámosvos!

 

Xoves, 8 March, 2018 - 17:15

Compartir