A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social participa no encontro mundial do cooperativismo

Covadonga Toca destacou no encontro mundial de cooperativas celebrado hoxe en Sevilla o valor que ten Galicia como comunidade pioneira á hora de lexislar no eido da economía social e liderar o crecemento en canto a número de cooperativas constituídas no 2021, cun 51% de promotoras mulleres.

No seu discurso, engadiu tamén que en Galicia a economía social é unha forza chave para o  mercado laboral, xa que representa o 7% do PIB e nos últimos anos ten rexistrado un gran crecemento en canto a novas cooperativas creadas, sendo entre os anos 2007 e 2020 o crecemento medio en Galicia do 9% fronte ao 1,5% estatal.

A representante da Xunta participaba neste encontro mundial do cooperativismo organizado pola Alianza Cooperativa Internacional e a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado xunto con máis de 600 persoas, entre elas homólogos doutras comunidades, representantes do Goberno central e doutros países e de diferentes empresas de economía social.

 A secretaría xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social tamén sinalou que a Xunta está a traballar xa na nova Estratexia, e que seguirá apoiando o crecemento da economía social na comunidade dando continuidade á Rede Eusumo, instrumento de traballo colaborativo que Covadonga Toca puxo como exemplo de boas prácticas, e que este ano cumpre unha década de traballo centrado na información, o asesoramento e o acompañamento das entidades da economía social.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/70097/xunta-pon-valor-dinamismo-economia-social-galega-sua-feminizacion-encontro-mundial?langId=gl_ES

 

Martes, 21 June, 2022 - 17:30

Compartir