A SECRETARIA XERAL DE EMPREGO INIVITA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO

O próximo día 1 de xullo celebrarase o Día do cooperativismo galego. Un ano máis, a Secretaría Xeral de Emprego organizará un acto de exaltación do cooperativismo coincidindo con esta efeméride.

Esta celebración, á que están chamados a participar os cooperativistas de todo Galicia, serve para mostrar a fórmula cooperativa como o modelo de empresa máis adecuado para desenvolver e crear emprego e proxectos sostibles, e para reforzar nas cooperativas a conciencia dos seus valores e a necesidade de difundilos.

A Secretaría Xeral de Emprego quere invitar as cooperativas a que esta celebración se desenvolva nas súas instalacións, o que sen dúbida repercutirá na súa proxección dada a relevancia que adoita ter este acto. Os custos da organización do acto serán por conta da Secretaría Xeral de Emprego, correspondéndolle á cooperativa colaboradora unicamente os gastos correntes como auga, luz ou limpeza.

Así mesmo, para promover o correcto funcionamento destas entidades, lembrámoslle que deberá atoparse ao día no cumprimento das obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.

As Cooperativas interesadas interesadas, deberán comunicalo ao correo electrónico economiasocial.emprego@xunta.gal antes do 8 de abril.

Mércores, 5 April, 2017 - 09:45

Compartir