Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social

  Entidades beneficiarias: Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde:

  • As asociacións de entidades de economía social.
  • Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios
  • Os consorcios locais.
  • As cámaras de comercio.
  • As universidades.
  • As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para consultar a orde, prema aquí.

Folleto de axudas da Rede Eusumo 2018

Luns, 5 February, 2018 - 12:15

Compartir