Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción

Entidades beneficiarias: Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:

  • As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuación previstas no programa I.
  • As asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.

Obxecto: Establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral..

Gastos subvencionables: Considéranse gastos de funcionamento subvencionables, entre outros, os que se indican a continuación:

  1. Alugamentos de locais e equipamentos.
  2. Gastos de persoal da asociación. 
  3. Axudas de custo e desprazamento.
  4. Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.
  5. Primas de seguros.
  6. Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.
  7. Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.
  8. Servizos profesionais independentes
  9. Cotas asociativas a entidades de intercooperación.
  10. Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para consultar a orde, prema aquí.

Folleto asociación 2018.

Luns, 5 February, 2018 - 10:45

Compartir