Subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego (Procedemento TR332A).

Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral, aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación nas especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
i) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures) así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

Máis información no DOG nº 138 do 21 de xullo de 2021.

 

Mércores, 21 July, 2021 - 09:00 to Luns, 23 August, 2021 - 09:00

Compartir