Taller: Técnicas eficaces de comunicación nas organizacións empresariais e de economía social

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

TALLER DE TÉCNICAS EFICACES DE COMUNICACIÓN NAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS E DE ECONOMIA SOCIAL
 

Datas: 12, 13, 14, 18, 19 e 20 de maio de 2020

Horario: de 17:00 a 19:30 horas

Duración: 15 horas (a razón de 2 horas e media de duración cada unha das xornadas)

Modalidade: en liña (a través da ligazón que se facilitará aos alumnos inscritos)

Destinatarios: emprendedores, xestores cooperativistas, empresarios individuais e mandos intermedios de micropemes.

Obxectivo: desenvolver a habilidade directiva da comunicación que se realiza no 70% do tempo adicado como xestor e líder de persoas en organizacións cooperativistas, emprendedores, empresas en proceso de afianzamento e en entornas de incertidume.

Contido:

1. APROXIMACIÓN CONCEPTUAL 

  • A comunicación aplicada nas organizacións. Tipos e canles
  • A relación interpersoal
  • Xestión do feed-back

 2. A AUDIENCIA 

  • Criterios de análise da túa audiencia
  • Como cautivar a túa audiencia e como aburrila
  • 6 trucos para xestionar con éxito preguntas difíciles da audiencia e reunións de equipo

3. OS COMPOÑENTES NON VERBAIS 

  • Características da comunicación non verbal: A análise da comunicación non verbal
  • Ámbitos de estudio da comunicación non verbal 
  • Kinesia. Xestión da postura, da orientación, dos xestos, da expresión facial e do sorriso
  • Un arma moi potente: a mirada
  • Técnicas de PARALINGUISTICA
  • Aplicación de técnicas de PROXEMICA e a conducta dos espazos no ámbito profesional

4. A COR NA COMUNICACIÓN

5. PNL . Que é? Aplicación práctica na xestión de persoas

  • PNL: Xestión do pensamento na comunicación
  • As expresións visuais, auditivas e cinestésicas
  • Técnicas e ferramentas de aplicación 

 6. OUTRAS TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN EFICACES

  • As preguntas. Ferramenta de xestión directiva
  • Xeitos de formulalas: o estilo de interacción 

 7. A EMISIÓN DA VOZ 

 8. OS COMPOÑENTES VERBAIS

  • Comunicación, linguaxe e fala
  • Plan de aplicación

Casos prácticos

Inscricións: www.camaracompostela.com

Para máis información: 981551700 / serviciotecnico@camaracompostela.com
 


 

Martes, 12 Maio, 2020 - 17:00 to Mércores, 20 Maio, 2020 - 19:30

Compartir