Taller: Teoría e práctica do comercio exterior

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

TEORÍA E PRÁCTICA DO COMERCIO EXTERIOR
 

Datas: 20, 21, 22, 27 e 28 de setembro

Horario: de 11:00 a 14:00 h

Modalidade: presencial

Lugar: Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de Empresa, Republica Checa, 40 Polg. Costa Vella, Santiago de Compostela

Duración: 15 horas (5 sesións de 3 horas de duración cada unha)

Contido formativo:

UNIDADE 1 – ECONOMÍA SOCIAL

  1. Que é a economía social
  2. Principios que a orientan
  3. Valor da internacionalización para estas empresas e entidades

UNIDADE 2 – CASOS PRÁCTICOS: TOMA DE DECISIÓNS ESTRATÉXICAS DENTRO DA EMPRESA

  1. Autodiagnose da posición competitiva. Caso práctico
  2. Diagnose do potencial de internacionalización. Caso práctico

UNIDADE 3 – ECONOMÍA MUNDIAL E COMERCIO INTERNACIONAL

  1. Fontes de información necesarias sobre economía mundial para toma de decisións estratéxicas.
  2. Fontes de información necesarias sobre comercio internacional para toma de decisións estratéxicas.

UNIDADE 4 – CASOS PRÁCTICOS: PLAN DE MERCADO INTERNACIONAL E PRESELECCIÓN DE MERCADOS INTERNACIONAIS. INDICADOR GLOBAL DE RISCO (IGR)

  1. Decisión estratéxica de concentración ou diversificación de mercados. Caso práctico.
  2. Análise de países. Caso práctico.
  3. Plan de mercado internacional. Caso práctico
  4. Preselección de mercados internacionais. Caso práctico.

UNIDADE 5 – CASOS PRÁCTICOS: POSTA EN MARCHA DA INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA.

  1. Decisión estratéxica: elección de  Incoterm
  2. Decisión estratéxica: elección de forma de pago
  3. Preparación dunha entrevista de negocio internacional. Factores a ter en conta. Caso práctico.
  4. Preparación do contrato internacional. Caso práctico.
Inscricións: a través do formulario de inscrición
 
Martes, 20 September, 2022 - 11:00 to Mércores, 28 September, 2022 - 14:00

Compartir