Teleformación: Responsabilidade Social nas Cooperativas

Entre o 7 e o 28 de setembro, UGACOTA desenvolverá un obradoiro sobre RSE nas Cooperativas, na modalidade de teleformación.
A duración da formación é de 34 horas, e comprende tres módulos:
1º módulo: A RESPONSABILIDADE SOCIAL NAS EMPRESAS
- O concepto de RSE.
- Evolución da RSE e últimas tendencias.
- Organizacións implicadas na RSE.
- Vinculación da RSE no marco socioeconómico actual.
- - Exercicio: cuestionario sobre la RSE.
2º módulo: COMO MEDIR A RSE
- Ferramentas para medir e avaliar a RSE.
- A memoria de sostibilidade das empresas da Economía Social (segundo GRI).
- Exercicio: reflexión sobre as ferramentas da RSE.
3º módulo: A RSE NAS EMPRESAS COOPERATIVAS
- A experiencia do programa RSE.COOP.
- Boas prácticas e accións en RSE relacionadas con indicadores da memoria.
- Exercicio: valoración dunha memoria de sostibilidade real.
Aclaración: Este obradoiro impártese na modalidade de teleformación, polo que existe flexibilidade temporal para o alumnado á hora de realizar cada módulo, sempre dentro do marco das datas de inicio e fin do obradoiro (do 7 ao 28 de setembro de 2016)
Martes, 6 September, 2016 - 19:15 to Mércores, 28 September, 2016 - 07:00