Plataforma de teleformación da Rede Eusumo
A oferta formativa da Rede Eusumo caracterízase polo seu atractivo e calidade, pois segue a metodoloxía business programs, de alta capacitación técnica e baseada en contidos prácticos de alta intensidade, cuxo obxectivo é acelerar os procesos de emprendemento e consolidación de proxectos de economía social.
Con este programa formativo, a Rede Eusumo pretende alcanzar os seguintes obxectivos concretos:
- Favorecer o impulso do emprendemento e a consolidación de proxectos de economía social.
- Achegar formación e información actual, práctica e rigorosa que facilite a mellora na xestión dos proxectos de economía social.
- Favorecer a implementación de novos proxectos ou liñas de negocio de economía social e a intercooperación entre eles.
- Fundamentar a toma de decisións nos valores e os principios da economía social.
- Presentar a economía social como o sector que mellor se adapta aos novos modelos de negocio innovadores fundamentados na economía colaborativa.
- Dotar de ferramentas de consolidación e mellora de habilidades para a mellor xestión e desenvolvemento dos proxectos de economía social.