Plataforma de teleformación da Rede Eusumo

 

A oferta formativa da Rede Eusumo caracterízase polo seu atractivo e calidade, pois segue a metodoloxía business programs, de alta capacitación técnica e baseada en contidos prácticos de alta intensidade, cuxo obxectivo é acelerar os procesos de emprendemento e consolidación de proxectos de economía social.

 
Con este programa formativo, a Rede Eusumo pretende alcanzar os seguintes obxectivos concretos: 

 

  • Favorecer o impulso do emprendemento e a consolidación de proxectos de economía social.
  • Achegar formación e información actual, práctica e rigorosa que facilite a mellora na xestión dos proxectos de economía social.
  • Favorecer a implementación de novos proxectos ou liñas de negocio de economía social e a intercooperación entre eles.
  • Fundamentar a toma de decisións nos valores e os principios da economía social.
  • Presentar a economía social como o sector que mellor se adapta aos novos modelos de negocio innovadores fundamentados na economía colaborativa.
  • Dotar de ferramentas de consolidación e mellora de habilidades para a mellor xestión e desenvolvemento dos proxectos de economía social.

    Cursos dispoñíbeis