Transforma a túa idea de negocio en máis beneficiosa social e sostible

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a actividade “Transforma a túa idea de negocio en máis beneficiosa social e sostible”, unha formación é gratuíta xa que está financiada pola Rede Eusumo da Xunta de Galicia.

O obxectivo desta formación é que mellores o teu proxecto independentemente da fase na que este se atope. Son un total de 20 actividades, todas elas prácticas, coas que poderás explorar aquelas áreas nas que vexas que necesitas facerte máis forte.

Poderás acceder de xeito sinxelo a este curso de 40 horas para desenvolver o teu proxecto empresarial ao teu ritmo:

  • Ti escolles as horas
  • Ti escolles os contidos que máis te interesan
  • Ti escolles cando comezar e acabar no prazo en que está aberta a plataforma: do 18 de setembro ao 18 de outubro de 2023

Ademais, con este programa formativo podes elixir que contidos necesitas, escollendo aqueles que máis contribúen ao fortalecemento da túa iniciativa. A túa disposición terás un total de 20 actividades ou temáticas, onde cada unha delas se centra nun aspecto do día a día dos negocios. Todas elas están tratadas dun xeito práctico, a través de explicacións sinxelas e vídeos curtos, podendo incluír preguntas simples que che axudarán a analizar sobre como abordas ese aspecto no teu proxecto particular.

Estas 20 actividades están agrupadas en 5 bloques, ademais dun inicial para axudarvos a comprender como funciona a formación:

Bloque 0 – Antes de comezar
Bloque 1 – Define o teu proxecto
Bloque 2 – Adapta ás necesidades da túa clientela o que lle estás a ofrecer
Bloque 3 – Mellora a túa estratexia de comunicación
Bloque 4 – Ferramentas dixitais para un día a día máis cómodo
Bloque 5 – Conceptos económicos chave

A formación estará dispoñible ata finais de outubro de 2023, pero se queres contar cun Certificado de Asistencia á formación por valor de 40 horas, terás que completar polo menos 10 actividades antes do 17 de outubro de 2023.

Inscríbete a través deste formulario.

Para máis información, visita laboratoriodeiniciativas.com

 

Luns, 18 September, 2023 - 00:00 to Mércores, 18 October, 2023 - 00:00

Compartir