A UCETAG no marco da Rede Eusumo lanza o curso Online "ASEMBLEAS E REUNIÓNS" do 1 de marzo ao 15 de abril

A UCETAG (Unión de Cooperativas de Ensino), dentro das actividades que teñe programada a Rede Eusumo, lanza o curso online  "Asembleas e reunións". Este curso ten unha duración de 30 horas e combina o formato online co formato presencial (24 horas en liña e 6 horas presenciais). O curso comezará o 1 de marzo e finalizará o 15 de abril.

Este curso vai dirixido especialmente ás persoas das cooperativas, sociedades laborais, asociacións, centros de ensino e todas aquelas que queiran mellorar as súas reunións.

Obxectivos que persegue o curso:

  • Reflexionar sobre os distintos aspectos que cómpre coidar para lograr reunións redondas: con resultados positivos e concretos, participativas e nun clima cordial.
  • Presentar metodoloxías e técnicas que contribúen a mellorar as nosas asembleas e reunións.
  • Mellorar as habilidades persoais para traballar en equipo.

Sesións presenciais

VIGO

A CORUÑA

CANGAS

SANTIAGO

Máis información en:

    986 866 149 / 699 958 888        
    info@ucetag.org
    www.ucetag.org

 

 

Luns, 29 February, 2016 - 18:00 to Xoves, 14 April, 2016 - 19:00

Compartir