A UCETAG, no marco da Rede Eusumo, organiza en Vigo o curso “COOPERATIVAS ENSINO. UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO”

UCETAG desenvolve actividades formativas gratuítas, no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2015.
As actividades, de carácter presencial, vanse desenvolver nos Centros da Rede Eusumo (CRE) das catro provincias galegas. Neste caso estaste a inscribir nas actividades a desenvolver no CRE na CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO.

Trátase de formación en cooperativismo dirixida a profesionais da educación, profesorado, emprendedores , recién titulados, do ensino, educación social ou outros eidos para o fomento do cooperativismo en ámbitos da educación e/ou formación para a creación de cooperativas de ensino

A participación nestas actividades é gratuíta.

Convoca: Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia. Colaboran: Consellería de Traballo e Benestar - FSE - Xunta de Galicia.

Onde, cando e como inscribirse?

VIGO - Cámara de Comercio de Vigo (República Arxentina, 18 36201 Vigo)
22, 23, 24 e 25 de setembro. Horario de 17:00 a 20:30.
INSCRICIÓN

Martes, 22 September, 2015 - 14:30 to Venres, 25 September, 2015 - 14:30

Compartir