ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE!

Tralo éxito da primeira edición na que participaron 127 empresas galegas, atópase aberta a convocatoria para participar na segunda edición de Responsabilízate. Aquelas entidades de economía social, con polo menos unha persoa traballadora por conta allea ao seu cargo, que desexen dar un valor engadido a súa xestión a través da responsabilidade social empresarial poden realizar a súa inscrición a través do seguinte formulario.

Descargue o seguinte folleto para consultar máis información do programa.

Para calquera consulta, póñase en contacto a través do seguinte correo electrónico: xunta@responsabilizate.org ou teléfono de contacto 986419922 ext. 2024

 

Venres, 3 August, 2018 - 13:30

Compartir