Visita formativa a Xeitura Coop | Concello da Veiga

O Concello da Veiga organiza unha visita formativaXeitura Coop, Xestión Integral do Patrimonio situada en Allariz (Ourense) como actividade de promoción e impulso do cooperativismo na Veiga..

Xeitura é unha cooperativa galega que traballa no ámbito da economía social e que desde o 2012 ofrece servizos culturais, medioambientais e de ocio.

A visita realizarase o mércores 14 de xuño do 2023 e seguirase o seguinte programa:

9.15 Saída desde a praza do concello

10.30 Recepción instalacións Xeitura Coop, Xestión Integral do Patrimonio (Allariz)

11.00 Carla impartida por Xeitura Coop, Xestión Integral do Patrimonio

12.30 Visita casco histórico de Allariz e festival Internacional dos Xardíns

14.00 Comida

16.30 Visita Ecoespacio O Rexo e Centro Medioambiental con degustación de Produtos O Rexo e viño galego

18.30 Regreso A Veiga

Se queres asistir, podes inscribirte a través do correo centroapicolaprada@gmail.com ou chamando ao 603 71 96 73.

Consulta o cartel da actividade.

 

Mércores, 14 June, 2023 - 10:30 to 18:30

Compartir