Impulsamos a Economía Social en Galicia. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social.

Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

Información, formación e charlas

Acompañamento e asesoramento a proxectos en fase de creación e consolidación

Visibilización e divulgación da economía social

Os datos da Rede Eusumo en Galicia

Entidades asociadas
115
Entidades asociadas
Entidades creadas
264
Entidades de Economía social creadas
Proxectos asesorados
1.506
Proxectos asesorados
Actividades realizadas
2.091
Actividades realizadas
Participantes
38.753
Persoas participantes en actividades

Datos: Decembro 2025

Destacados

Coñece a Rede Eusumo

Máis información

Icono Actividades

Actividades formativas e divulgativas

Inscríbete!

Icono Asesoramento

Asesoramento

Solicita asesoramento

Boletín informativo da Rede Eusumo

Suscríbete para recibir información das novas da economía social de Galicia

Rede Eusumo organiza a xornada en liña "Coñece as particularidades das entidades de economía social"

Datas: 25 de xuño

Horario: 12:30 a 13:45 h

Modalidade: en liña

Obxectivo: Pretendese amosar as vantaxes e particularidades da economía social e o cooperativismo para valorarlas como fórmulas de emprendemento. Perséguese:

  • Achegar a economía social ás persoas
  • Dar a coñecer as características e particularidades
  • Mostrar os recursos e ferramentas

Público obxectivo: Esta acción esta dirixida ao público en xeral que busque coñecer a economía social e as fórmulas xurídicas que a compoñen.

Programa:

  • Presentación da Rede Eusumo
  • Os valores da economía social
  • Que é a economía social?
    • As cooperativas. Características e particularidades. Clases de cooperativas
    • As sociedades limitadas laborais. Características e particularidades
  • Outras fórmulas xurídicas
  • Apoios e financiamento

As inscricións estarán abertas ata o 24 de xuño de 2026 e faranse a través da seguinte ligazón

charla online eusumo

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Sensibilización para o emprendemento cooperativo", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 19 de xuño

Horario: 09:30 - 13:30 h

Modalidade: Presencial

Lugar:  Programa Integrado de Emprego, Viveiro de Empresas, Lugar de Aldea Fafián, 29, 15960 (Ribeira, A Coruña)

Metodoloxía: A metodoloxía é activa e participativa.  Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación. Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o empredemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Programa:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en empredemento cooperativo.

O programa está dirixido: Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral.

Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 / 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

Charla espazocoop ribeira

Rede Eusumo organiza a formación en liña "LinkedIn, o escaparate clave da túa carreira profesional"

Datas: do 18 de xuño ao 02 de xullo de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Axudar ás persoas emprendedoras de economía social a usar LinkedIn de forma estratéxica para gañar visibilidade, crear rede de contactos e xerar oportunidades reais, construíndo un perfil profesional sólido e aliñado cos seus valores.

Público obxectivo: Persoas emprendedoras e profesionais que precisan dar visibilidade aos seus proxectos, ampliar a súa rede de contactos e acceder a novas oportunidades de colaboración, así como aquelas que queren protexer unha imaxe profesional sólida e coherente para mellorar as súas opcións laborais. Ademais do público en xeral.

Programa:

  • MÓDULO 1. Linkedin: A rede social profesional
  • MÓDULO 2. Crea a túa conta de LinkedIn
  • MÓDULO 3. Configura o teu perfil persoal
  • MÓDULO 4. Configura o teu perfil persoal
  • MÓDULO 5. Publicar contido en LinkedIn
  • MÓDULO 6. Plans de pago de LinkedIn
  • MÓDULO 7. A páxina de empresa
  • MÓDULO 8. Boas prácticas e erros comúns

As inscricións estarán abertas ata o 17 de xuño de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "O modelo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza no rural" no marco da Rede Eusumo.

Data: 16 de xuño

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Clun S. Coop. Galega (Agüeiros - Forelos, s/n Melide, A Coruña)

A actividade está dirixida a:

  • Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, directivas, xerencia e equipos técnicos)
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

Obxectivos:

  • Favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados servizos de asesoramento ás explotacións no proceso de implantación das novidades normativas relacionadas coa ordenación do sector.

Programa:

  • O modelo cooperativo como xerador de riqueza no rural
  • Gandería de precisión: exemplos prácticos
  • Uso de drons / Tipos de drons / Tecnoloxía e sensores utilizados
  • Planificación de voos / Software de planificación / Normativa de Axencia Estatal da Seguridade Aérea
  • Demonstracións prácticas

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Agaca riqueza rural

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "O modelo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza no rural" no marco da Rede Eusumo.

Data: 15 de xuño

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Clun S. Coop. Galega (Pontemaceira, s/n Ames, A Coruña)

A actividade está dirixida a:

  • Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, directivas, xerencia e equipos técnicos)
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

Obxectivos:

  • Favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados servizos de asesoramento ás explotacións no proceso de implantación das novidades normativas relacionadas coa ordenación do sector.

Programa:

  • O modelo cooperativo como xerador de riqueza no rural
  • Gandería de precisión: exemplos prácticos
  • Uso de drons / Tipos de drons / Tecnoloxía e sensores utilizados
  • Planificación de voos / Software de planificación / Normativa de Axencia Estatal da Seguridade Aérea
  • Demonstracións prácticas

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Riqueza rural agaca

O encontro de emprendemento celebrarase os días 11 e 12 de setembro na Praza de España de Pontevedra. As candidaturas pódense presentar ata o 3 de xullo de forma gratuíta.

A Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store abre o prazo para que emprendementos con menos de 3,5 anos poidan participar na súa 13ª edición, que terá lugar os días 11 e 12 de setembro de 2025 na Praza de España de Pontevedra.

O evento, promovido desde o Campus CREA da Universidade de Vigo e co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, conta coa colaboración de máis de 50 entidades públicas e privadas e consolídase como un dos principais espazos de referencia do ecosistema emprendedor galego.

Tres modalidades de participación gratuítas

As candidaturas poden presentarse a unha ou varias das seguintes modalidades:

  • Stand gratuíto: os emprendementos seleccionados disporán dun espazo propio durante os dous días do evento, entre máis de 30 stands dispoñibles.
  • Actividade demostrativa: posibilidade de propor unha actividade para o programa oficial, na que cada emprendemento achega os seus propios materiais.
  • Pont-Up Venture: ata 8 empresas seleccionadas terán a oportunidade de presentar o seu proxecto en 3 minutos diante dun xurado de expertos en inversións.

Quen xa participou en edicións anteriores pode presentar candidatura para modalidades distintas das que utilizou previamente.

Prazo e resolución

As candidaturas poderanse enviar ata o 3 de xullo a través da web www.pontupstore.com. A decisión do comité organizador farase pública a finais de xullo.

Pont-up store

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a 4º edición da formación "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais" no marco da Rede Eusumo.

Data: Do 8 de junio ao 19 de julio de 2026

Modalidade: Teleformación

Duración: 70 horas

Obxectivos:

  • Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características básicas e diferenciadoras.
  • Amosar dende a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade.
  • Contribuír a que se coñezan e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.
  • Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través das estratexias que redunden na calidade.

Programa:

  • UNIDADE I: Cooperativismo no sector primario (10 horas)
    • Módulo 1-. As cooperativas
    • Módulo 2-. Marco legal do cooperativismo
  • UNIDADE II: Certificacións de calidade (40 horas)
    • Módulo 3-. ISO 9001
    • Módulo 4-. Certificacións en vacún de leite.
    • Módulo 5-. Global G.A.P
    • Módulo 6-. BRC/IFS
    • Módulo 7-. ISO 22000
  • UNIDADE III: Certificacións ambientais (20 horas)
    • Módulo 8-. ISO 14000 (14063, 14067...)
    • Módulo 9-. Análise do ciclo de vida
    • Módulo 10-. Pegada de carbono
    • Módulo 11-. Pegada hídrica

Inscricións previas: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

agaca 4º edicion

O CPR Plurilingüe Abrente – Adigna S. Coop Galega, de Sanxenxo, será recoñecido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no certame Cooperativismo no ensino 2026. O centro foi galardoado cun accésit na Categoría D polo traballo “Sementando novas voces”, un proxecto que destaca pola súa contribución á promoción dos principios e valores do cooperativismo entre o alumnado.
 

A entrega de diplomas terá lugar este martes 9 de xuño, ás 9:00 horas, no Auditorio de Sanxenxo. O acto contará coa presenza de José Antonio Rodríguez Fachado, director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Pontevedra, quen fará entrega do diploma que acredita este recoñecemento.
 

Como parte da celebración, a compañía de artes escénicas Galeatro representará o espectáculo de títeres “Carabela volve aos mares”, unha adaptación do texto teatral de Paula Carballeira. A obra conta a historia de Carabela, a cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico e que, rodeada de peixes mutantes, paxaros afectados pola contaminación e residuos que non alimentan, tenta sobrevivir grazas á súa imaxinación. Para combater a soidade constrúe unha Nena de Plástico á que lle relata historias do mundo exterior. Xuntas emprenden unha aventura que pon en valor a cooperación, o coidado do medio ambiente e a capacidade de transformar as dificultades en esperanza a través do traballo compartido.
 

Promovendo o cooperativismo desde as aulas
 

O certame Cooperativismo no ensino é unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada a difundir e promover os valores do cooperativismo entre o alumnado galego de todas as etapas educativas, desde educación infantil ata formación profesional e ensinanzas de réxime especial. A través desta convocatoria búscase impulsar actividades que fomenten o traballo en equipo, a responsabilidade compartida, a participación democrática e a solidariedade.
 

A entrega destes galardóns nos diferentes centros premiados, que se desenvolve ao longo do mes de xuño, constitúe unha antesala da celebración do Día do Cooperativismo Galego, que terá lugar o vindeiro 4 de xullo nas Bodegas Martín Códax, coincidindo co Día Internacional das Cooperativas. Esta conmemoración serve para poñer en valor a contribución das cooperativas ao desenvolvemento económico e social, á creación de emprego de calidade e á construción dunha sociedade máis inclusiva, participativa e sostible.
 

cooperativismo nas escolas

A Cidade da Cultura acollerá o Encontro Medrando Xuntas, a cita anual do programa Medrando Xuntas, impulsado pola Xunta de Galicia para visibilizar e fortalecer o papel das mulleres na Economía Social galega.

A xornada celebrarase o vindeiro 19 de xuño, entre as 12:30 e as 14:00 horas, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e reunirá a socias, traballadoras, directivas e emprendedoras chegadas de diferentes puntos de Galicia. Será unha oportunidade para parar, compartir experiencias e coñecer de preto as iniciativas e traxectorias doutras mulleres que, desde o cooperativismo e outras fórmulas da Economía Social, contribúen cada día a un modelo económico máis xusto, colaborativo e sostible.

Ao longo dos últimos anos, Medrando Xuntas consolidouse como un espazo de encontro e aprendizaxe para as mulleres do sector. O acto deste 19 de xuño permitirá reforzar eses vínculos e seguir tecendo rede.

O Encontro Medrando Xuntas acollerá tamén a entrega dos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa, unha iniciativa que busca poñer en valor aqueles proxectos destacados da Economía Social galega liderados por mulleres e que teñen un impacto positivo nas súas vidas. 

As persoas interesadas en asistir xa poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario.

Evento Medrando Xuntas

Aeiga organiza o Congreso Galego de Contratación Pública Responsable, dentro do marco da Rede Eusumo. 

Fecha: 05 de xuño

Horario: 09:00 - 14:00 h

Modalidade: Mixto (presencial + streaming)

Lugar:  Auditorio 1 do Edificio CINC, Cidade  da Cultura (Santiago de Compostela)

Obxectivos: 

  • Sensibilizar e formar a persoas técnicas e responsables públicos sobre contratación reservada, social e ambiental
  • Analizar o marco normativo actual e identificar obstáculos reais na súa aplicación
  • Visibilizar experiencias inspiradoras doutras Comunidades Autónomas
  • Fomentar a colaboración entre Administracións e Economía Social
  • Presentar ferramentas e modelos práctico de implementación
  • Consolidar un evento periódico de referencia a nivel estatal

Contidos:

  • Relatorios especializados a cargo de persoas expertas en contratación pública
  • Mesas de debate e experiencias, con participación de representantes institucionais e entidades sociais
  • Espazo de encontro e pausa para café, para favorecer o contacto profesional entre axentes públicos e sociais

O encontro está dirixido a: 

  • Persoal técnico e político das Administracións Públicas
  • Empresas de Inserción e Centros Especiais de Emprego
  • Entidades de economía social
  • Universidades e centros de investigación
  • Xornalistas e medios especializados
  • Persoas interesadas na contratación pública responsable

Prazo de inscripcións aberto a través do seguinte formulario.

Programa Aeiga Congreso contratación

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Bootcamp: Emprendemento Cultural e Tecnolóxico"

Datas: do 4 ao 18 de xuño

Horario: de 16:00 h a 18:30 h de luns a xoves

Modalidade: en liña

Duración: 25 horas

Docente: Fátima García Castiñeiras

Obxectivos: Capacitar aos profesionais do patrimonio na aplicación de tecnoloxías innovadoras.

Contidos do programa:

  • Dixitalización e conservación do patrimonio
  • Tecnoloxías 3D para museo e exposicións
  • Xestión de arquivos dixitais e big data no patrimonio
  • Realidade virtual e aumentada aplicada ao turismo cultural
  • Estratexias de difusión dixital para museos e espazos patrimoniais

O formulario de inscrición está dispoñible a través da seguinte ligazón.

Cámara Santiago Compostela

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, compareceu hoxe, a petición propia, na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para dar conta do desenvolvemento da Estratexia galega de economía social durante o pasado exercicio. Na súa intervención, puxo de relevo a contribución deste modelo empresarial ao dinamismo económico de Galicia, nun ano no que se crearon preto de 250 novas entidades de economía social —entre cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción— que implicaron a incorporación de máis de 760 persoas socias promotoras, das que máis da metade son mulleres. Uns datos que, segundo salientou, evidencian a consolidación e o crecente protagonismo da economía social no tecido produtivo galego.

Para acadar estes resultados, Mariño destacou o esforzo investidor realizado pola Xunta a través dos 45,3 M€ destinados á economía social ao longo de 2025. Estes recursos, canalizados mediante programas de apoio á creación de novas entidades, á formación, á consolidación empresarial e á inserción laboral, permitiron dar resposta ás distintas necesidades do sector e apoiar máis de 500 entidades en todo o territorio galego.

A directora xeral tamén puxo en valor o papel da Rede Eusumo como ferramenta estratéxica para a promoción e fortalecemento da economía social. Na actualidade, a rede integra 115 entidades e desenvolveu durante o pasado ano máis de 160 actividades de formación, asesoramento e sensibilización, nas que participaron preto de 3.200 persoas.

Así mesmo, entre os principais fitos acadados en 2025, Mariño destacou os avances rexistrados na simplificación e modernización administrativa, que permitiron reducir o tempo medio de constitución das entidades ata os 29,3 días. Unha mellora, indicou, posibilitada grazas á asesoría virtual e á habilitación electrónica da totalidade dos procedementos de inscrición de novas cooperativas.

Do mesmo xeito, subliñou a creación de Galestat, o portal estatístico da economía social impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia. Esta iniciativa sitúa Galicia como a primeira comunidade autónoma en dispoñer dun portal estatístico específico sobre economía social desenvolvido no seu propio territorio e na súa lingua, reforzando así a capacidade de análise, coñecemento e seguimento deste ámbito de actividade.

Metas 2026

De cara ao presente exercicio, Marta Mariño remarcou que a Xunta mantén unha aposta decidida pola economía social, centrada no impulso á creación de novas entidades, na consolidación das xa existentes e na mellora da competitividade do sector. Para iso, continúa desenvolvendo programas estratéxicos como Aprol Economía Social, Bono Consolida e ES-Transforma, así como as liñas de apoio específicas dirixidas ás empresas de inserción e aos centros especiais de emprego.

Paralelamente, indicou que se sigue afondando nas iniciativas promovidas pola Rede Eusumo, entre as que destacan os novos Plans locais de economía social, orientados a achegar aos concellos as ferramentas e oportunidades que ofrece este modelo empresarial para favorecer o desenvolvemento económico e social dos territorios.

A directora xeral tamén avanzou que se continuará reforzando a colaboración transfronteiriza a través de proxectos como ES-Factory, actualmente na fase de transferencia e aproveitamento dos resultados obtidos. Entre eles, salientan o Atlas de Entidades de Economía Social de Galicia e Norte de Portugal e o Observatorio homónimo, instrumentos chamados a mellorar a visibilidade, o coñecemento e a análise do ecosistema de economía social no espazo eurorrexional. A estas actuacións súmanse iniciativas como Medrando Xuntas, programa orientado a fomentar o liderado feminino na economía social galega e a incrementar a presenza das mulleres nos espazos de decisión e emprendemento colectivo.

Finalmente, Mariño sinalou que 2026 será tamén un ano clave desde o punto de vista normativo, coa aprobación da nova Lei de Cooperativas de Galicia, coa que se actualizará o marco regulador do sector para adaptalo aos retos actuais e futuros nun contexto no que Galicia supera xa as 2.000 cooperativas activas. 

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Un total de sete centros educativos galegos foron recoñecidos nos premios Cooperativismo no ensino 2026, unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada a promover entre o alumnado os valores e principios do cooperativismo e da economía social. A resolución do certame publícaa hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os centros premiados, situados nos concellos de Moaña, Barreiros, Fene, Sanxenxo, Vigo e A Coruña, recibirán galardóns nas distintas modalidades do concurso, que abrangue desde a educación infantil e primaria ata a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial.

Esta convocatoria, que se convoca conxuntamente cos Premios á Cooperación — que recoñecen o labor, traxectoria e compromiso das cooperativas galegas e cuxa resolución se publicará proximamente—, ten como obxectivo fomentar entre a comunidade educativa valores como a colaboración, a participación, a solidariedade, a responsabilidade compartida e o emprendemento colectivo.

O concurso inclúe diferentes modalidades dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Educación Especial, así como aos estudantes de FP e de Ensinanzas de Réxime Especial. Os premios están dotados con contías que oscilan entre os 1.500 e os 4.500 euros, segundo a modalidade.

Actividades artísticas e cooperativizadas

Na modalidade de actividades artísticas, os premios das distintas categorías recaeron no CEIP Plurilingüe Domaio, de Moaña (Pontevedra). O centro resultou gañador no segundo ciclo de Educación Infantil co traballo O pobo maia. Pingas de cooperación; en primeiro e segundo de Educación Primaria con Aprendemos de Xapón. Exemplo de cooperación; en terceiro e cuarto de Primaria con Cooperación. Pequenas accións que moven o mundo; e en quinto e sexto de Primaria grazas ao proxecto NeuroRoma: conexións cooperativas.

Os áccesits recaeron en tres centros educativos. O CEIP San Miguel Reinante, de Barreiros (Lugo), obtivo este recoñecemento nas categorías de segundo ciclo de Educación Infantil, con A comunidade do xeo, e de primeiro e segundo de Primaria, con O barrio cooperativo. Pola súa banda, o CEIP Plurilingüe Os Casais, de Fene (A Coruña), foi distinguido en terceiro e cuarto de Primaria polo traballo Cooperando por un patio feliz, mentres que o CPR Plurilingüe Abrente de Sanxenxo (Pontevedra) – Adigna S. Coop. Galega recibiu o áccesit correspondente á categoría de quinto e sexto de Primaria por Sementando novas voces.

Na modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial, o proxecto gañador foi Creamos xogos na carpintería, presentado polo CEIP Plurilingüe Santa Mariña, de Vigo.

Tanto na modalidade de actividades artísticas como na de actividades cooperativizadas, os centros deberán empregar o importe dos premios para a adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, ou ben para o desenvolvemento de actividades formativas, culturais ou deportivas dirixidas ao seu alumnado.

Proxectos empresariais cooperativos

Por último, na categoría de proxectos empresariais cooperativos, destinada ao alumnado de FP e de Ensinanzas de Réxime Especial, o premio ao mellor proxecto recaeu en Biocaba, promovido polo alumnado do CPR Nebrija Torre de Hércules da Coruña. O áccesit foi para Refuxo, iniciativa do alumnado do CIFP Someso, tamén da Coruña.

Ambas propostas poderán incorporarse aos programas de emprendemento na economía social e mentorización que impulsa a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Rede Eusumo e da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Ligazón á resolución no DOG

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Foro pola Economía Social Galega (ForoESGal) celebrou o pasado 29 de maio en Santiago de Compostela o Día da Economía Social Galega, unha conmemoración que serviu como escenario para a presentación do informe “Diagnóstico da Economía Social en Galicia: retos e oportunidades”, elaborado baixo a coordinación de Elena Rivo e Mónica Villanueva (Universidade de Vigo). Este informe complementa os estudos que cada ano publica o CECOOP, da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a Economía Social galega, así como o portal estatístico GALESTAT.

Segundo os resultados do informe da Universidade de Vigo, máis dun de cada dez empregos en Galicia depende actualmente da economía social, un sector que supera as 7.000 entidades, xera preto de 25.000 postos de traballo directos e que acaba de superar por vez primeira na súa historia as 2.000 cooperativas activas, cun crecemento na creación de cooperativas do 40% nos últimos cinco anos.

As 2.000 cooperativas activas agrupan a case 80.000 persoas socias e xeran unha facturación próxima aos 3.500 millóns de euros. A maior parte das cooperativas creadas concéntranse en Pontevedra e A Coruña, que aglutinan máis do 50% das novas constitucións, e no sector servizos, que xa representa o 40% das cooperativas e o 82% das sociedades laborais.

Máis aló do cooperativismo

A economía social galega engloba tamén a centros especiais de emprego de iniciativa social, que dan traballo a 1.235 persoas, das que case o 90% teñen algún tipo de discapacidade. As empresas de inserción -que pasaron de 12 a 16 nos últimos cinco anos- manteñen un 63% de persoal feminino e operan en sectores como os servizos ambientais, a restauración ou a agricultura ecolóxica.

Identifícanse seis ámbitos que lideran os números da economía social, como son os coidados e a atención domiciliaria, a economía circular e a xestión de residuos, os servizos ambientais e agroforestais, a transformación alimentaria e as cadeas curtas de subministración, o turismo e a cultura, e a dixitalización inclusiva. Sectores que responden a necesidades reais do territorio galego, como son o envellecemento da poboación, o despoboamento rural e a transición ecolóxica, e que xeran empregos non deslocalizables.

Colaboración internacional

O informe sinala tamén o potencial da fronteira con Portugal como espazo de cooperación para servizos compartidos en pequenos municipios, citando experiencias xa consolidadas como a Eurociudad Tui-Valença ou Chaves-Verín, e enumera sete desafíos estruturais que frearon ata o de agora a expansión da economía social no ámbito local, como é a falta de visibilidade e de formación técnica nos concellos, a infrautilización da contratación pública reservada, as limitacións de escala das entidades, a excesiva dependencia duns poucos sectores tradicionais, a fragmentación entre administracións, o escaso aproveitamento da fronteira con Portugal e a necesidade de establecer alianzas estables co tecido empresarial convencional.

Para abordalos, o informe propón medidas concretas como programas de formación para o persoal municipal, pregos de modelo de contratación responsable validados por deputacións ou pola Xunta, consorcios comarcais de servizos, mesas locais de cooperación público-social-empresarial e oficinas técnicas de apoio a proxectos transfronteirizos.

O informe sitúa á economía social galega en sintonía coas tendencias máis avanzadas a nivel europeo, e lembra que en España existen xa máis de 75.000 empresas e entidades de economía social, que xeran preto de 1,3 millóns de empregos. En Europa, o sector está integrado por máis de 4,3 millóns de empresas que empregan a 13,6 millóns de persoas e representan o 6,2% do emprego total.

Así mesmo, o estudo recolle boas prácticas de Escocia, Bélxica, Polonia, Francia, Italia, Alemaña e Reino Unido, desde o programa Buy Social Scotland ata as cooperativas multiservicio francesas, como referencias replicables para o contexto galego.

As intervencións da Xornada

Xunto aos datos do novo Informe da Universidade de Vigo, o presidente de ForoESGal, Mino Martínez, valorou positivamente a Lei 1/2026 integral de impulso da economía social, publicada o pasado mes de abril no Boletín Oficial do Estado, e pediu ao Gobierno central que “siga escoitando ao sector para continuar avanzando”.

Respecto á nova Lei Galega de Cooperativas, cuxo anteproxecto leva meses en fase de informes preceptivos, Martínez apelou á Xunta para que non quede bloqueada nun trámite administrativo, que incorpore as demandas do sector e que chegue ao Parlamento canto antes cunha base de consenso que lle outorgue estabilidade.

Pola súa banda, o delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou durante a inauguración da xornada o valor das entidades de economía social para crear riqueza e emprego ao servizo do ben común, e reivindicou a nova Lei Integral de Impulso da Economía Social, “construída desde o diálogo co sector”.

Ademais, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou os valores dunha economía que sitúa ás persoas no centro e mostrou todo o apoio do Concello de Santiago a estas iniciativas.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou o acto lembrando as numerosas medidas impulsadas polo seu departamento en favor da economía social, así como a Estratexia Horizonte 2027.

Fonte: Observatorio Español de la Economía Social y del Trabajo Autónomo

Desde o 4 ata o 7 de xuño celébrase en Silleda a 29ª edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2026, onde os produtos da economía social galega volverán contar cun espazo destacado.

Salimat é un escenario xa consolidado para os profesionais do sector da alimentación. Desde pequenos produtores e artesáns ata a gran distribución, todos os axentes se unen neste certame para colaborar, impulsar o seu crecemento e resultados, e reforzar o seu posicionamento e visibilidade ante o propio sector e o público final.

Entre a ampla oferta de expositores que se dan cita no recinto de Feira Internacional Galicia Abanca, a economía social galega volverá amosar o potencial e a calidade dos seus produtos, abranguendo sectores estratéxicos que inclúen cooperativas, centros especiais de emprego e sociedades laborais:

  • Produtos lácteos e derivados
  • Produtos cárnicos
  • Produtos vitivinícolas
  • Outros produtos gastronómicos de calidade

Ademais, esta nova edición chega cargada de novidades na súa área de novos produtos e un potente programa de encontros internacionais con compradores de numerosos países, consolidando a feira como un escaparate sen fronteiras para o negocio agroalimentario.

Se estás pensando en visitar a feira porque es un profesional do sector, un amante da gastronomía ou simplemente un consumidor interesado en produtos de calidade, podes consultar o programa completo de actividades e o catálogo oficial de expositores na web da feira.

Descarga o programa

Salimat Abanca 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitou esta mañá en Oleiros as instalacións de Hornos Lamastelle, un dos centros especiais de emprego beneficiarios da orde de axudas da Xunta de Galicia correspondente ao ano 2025, dirixida ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras con discapacidade nestes centros.

Durante a visita, Belén do Campo destacou que a  Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou no 2025 a Hornos Lamastelle un total de máis de 700.000 euros a través das diferentes liñas de apoio aos centros especiais de emprego. Desta contía, máis de 646.000 euros corresponden ás axudas para o mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade, 56.246 euros ás unidades de apoio á actividade profesional e 433 euros ás axudas para a creación de emprego estable, adaptación de postos de traballo e asistencia técnica.

A representante autonómica salientou ademais que Hornos Lamastelle vén recibindo o apoio da Xunta de Galicia de maneira continuada desde o ano 1994, o que pon de manifesto a traxectoria e o importante labor social e económico que desenvolve este centro especial de emprego na comarca

Durante o percorrido polas instalacións, a representante autonómica puido coñecer de primeira man o traballo que desenvolve esta empresa galega, que leva máis de tres décadas combinando tradición, innovación e compromiso social para ofrecer produtos de alta calidade adaptados ás demandas do mercado.

A delegada destacou que Hornos Lamastelle é “un exemplo de como a excelencia empresarial pode ir da man da inclusión social, xerando oportunidades laborais para persoas con discapacidade e contribuíndo ao desenvolvemento económico de Galicia”.

Durante a visita, a dirección da empresa explicou a evolución dun proxecto que naceu a comezos dos anos noventa a partir dun curso de formación especializada en panadaría e pastelaría. Co paso do tempo, aquel pequeno obradoiro converteuse nunha empresa de referencia no sector alimentario, especializada na elaboración artesanal de empanadas galegas, Tarta de Santiago e biscoitos, mantendo sempre como sinal de identidade a calidade dos ingredientes e o coidado nos procesos de produción.

A delegada puxo en valor a capacidade de adaptación da compañía, que soubo incorporar novas tecnoloxías e sistemas de ultraconxelación para ampliar a súa presenza en mercados nacionais e internacionais sen renunciar á elaboración tradicional que caracteriza os seus produtos.

Neste senso, Belén do Campo destacou que na área da Coruña se lle concederon estas achegas, o ano pasado, a 30 centros de emprego, 23 da cidade da Coruña, 2 en Cambre, 3 en Oleiros, 2 en Arteixo. Para manter ao redor de 905 postos de traballo por un importe de máis de 2,2 millóns de euros.

Na provincia da Coruña a concesión destes apoios chegaron a 93 centros  para o mantemento de case 2.400 postos de traballo grazas a un investimento que supera os 12 millóns de euros.

A visita serviu tamén para recoñecer a contribución deste centro especial de emprego á integración laboral das persoas con discapacidade, así como o seu compromiso co medio ambiente e coa profesión artesá que continúa guiando a súa actividade desde os seus inicios.

Convocatoria 2026

A representante do Goberno galego lembrou que a Xunta pechou o 29 de maio o prazo de solicitude dunha nova convocatoria destas axudas, dotada con máis de 27 millóns de euros, destinada a apoiar os centros especiais de emprego e promover a inserción laboral das persoas con discapacidade. Neste senso, a delegada destacou que Hornos Lamastelle solicitou para esta nova convocatoria unha achega de 1 millón de euros.

Neste sentido, explicou que a principal liña da orde conta cun orzamento de máis de 24,4 millóns de euros para financiar entre o 50 % e o 65 % do salario mínimo interprofesional das persoas traballadoras con discapacidade, cun límite máximo de 2,9 millóns de euros por centro solicitante. Ademais, subliñou que as entidades poderán recibir anticipos de ata o 100 % da contía concedida, co obxectivo de facilitar a súa estabilidade financeira.

Belén do Campo puxo en valor o papel dos centros especiais de emprego como “unha ferramenta clave para avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva, xerando oportunidades laborais para as persoas con discapacidade e favorecendo a súa autonomía persoal e profesional”.

Así mesmo, reafirmou o compromiso da Xunta coa economía social e cun modelo “que crea emprego de calidade, fortalece a cohesión social e contribúe ao equilibrio territorial”.

A delegada territorial explicou tamén que a orde inclúe outros dous programas específicos de apoio aos centros especiais de emprego.

Por unha banda, unha liña dotada con preto de 1,6 millóns de euros destinada a financiar os custos salariais e de Seguridade Social da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio destes centros, profesionais que realizan tarefas de acompañamento ás persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral.

Por outra, a convocatoria incorpora unha segunda medida, cun orzamento superior ao millón de euros, destinada a impulsar a creación de emprego estable e mellorar as condicións laborais nos centros especiais de emprego.

Esta liña contempla incentivos á contratación indefinida vinculados á realización de investimentos en activo fixo —como acondicionamento de locais, adquisición de maquinaria ou equipamentos informáticos— cunha axuda base de 10.000 euros por cada posto creado a xornada completa. Esta contía poderá incrementarse ata un máximo de 25.000 euros no caso de contratación de colectivos prioritarios, como mulleres, persoas en risco de exclusión social ou emigrantes retornados, así como cando os centros estean situados no medio rural.

Ademais, inclúe apoios específicos para a adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas, cun límite de 1.800 euros por posto, así como axudas de asistencia técnica destinadas á creación, mantemento ou mellora da xestión dos centros, cun máximo de 15.000 euros por entidade.

Finalmente, Belén do Campo enmarcou esta convocatoria na Estratexia galega da economía social Horizonte 2027 e destacou que “esta orde consolida a aposta da Xunta por un emprego inclusivo, estable e de calidade, ao tempo que incorpora medidas de simplificación e axilización administrativa para facilitar a tramitación das axudas”.

A delegada tamén destacou que este centro recibiu, o ano pasado, outra achega de case 8.200 euros dentro da orde de acudas para a implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza nas empresas galegas a través do IGAPE da Consellería de Economía e Industria.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rede Eusumo organiza a formación en liña "Instagram con propósito: estratexia e resultados para emprendedores"

Datas: do 2 ao 16 de xuño de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Capacitar ás persoas emprendedoras para utilizar Instagram de forma autónoma e estratéxica, co fin de posicionar a súa marca, crear contido relevante e converter seguidores en clientes a través de ferramentas, publicidade e análise de resultados.

Público obxectivo: Persoas emprendedoras, profesionais e público en xeral que busquen obter visibilidade en Instagram e precisen saber como sacar o máximo rendemento desta rede social.

Programa:

  • MÓDULO 1. Fundamentos de Instagram e posicionamento
  • MÓDULO 2. Contido, estratexia e crecemento
  • MÓDULO 3. Conversión, publicidade e analítica

As inscricións estarán abertas ata o 1 de xuño de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Eusumo curso instagram

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o Programa de Intercooperación sobre "Encontro sectorial asesorías e consultoras", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 29 de maio

Horario: 09:30 - 12:00 h

Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino - Santiago de Compostela

Metodoloxía: Desenvolverase un método de traballo que combina a análise e reflexión estratéxica, o intercambio de opinións e experiencias que sirvan para estimular e ordenar o diálogo nun plano de igualdade e enriquecemento mutuo.

Obxectivos: Establécese como obxectivo xeral e promoción de encontros de intercooperación entre cooperativas para o fortalecemento secotrial e como obxectivos específicos:

  • Favorecer o coñecemento mutuo entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como intersectorial e xerar un espazo de coñecemento e promoción de posibles accións de cooperación entre as entidades e persoas participantes no Encontro.
  • Definir os obxectivos da sectorial de Asesorías e Consultoras dentro do plan estratéxico de EspazoCoop 2026-2029.
  • Posibilitar a transferencia de temáticas, experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de
    estratexias de cooperación.
  • Contribuír á mellora da xestión empresarial e societaria e á consolidación das entidades participantes.
  • Divulgar ferramentas e boas prácticas de intercooperación que favorezan o emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos neste eido.
  • Estimular e acompañar ao emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos de intercooperación.

Programa:

  • Benvida e presentación do Encontro e do Programa de Intercooperación
  • Que hai de novo? Coñecémonos e acollemos ás novas entidades
  • Propoñemos e aportamos a visión da sectorial para o Plan estratéxico de EspazoCoop 2026-2029
  • Presentación e propostas Plan de Acción 2026. Elaboremos xuntas as actividades da sectorial para
    este ano
  • Foro aberto: Actividade dinamizadora de intercooperación e networking

O programa está dirixido: Persoas socias de cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Asesorías e Consultoras, así como doutras entidades da economía social no eido da Consultoría principalmente.

Para máis información contacta a través do teléfono 986 866 149 ou no correo teresa@espazo.coop

Espazocoop programa intercooperación

O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Mulleres que cooperan: redes, oportunidades e economía social".

Xornada participativa dirixida a mulleres emprendedoras e persoas interesadas na economía social, orientada á creación de redes, ao intercambio de experiencias e á xeración de colaboracións entre proxectos. Un espazo para compartir retos, descubrir oportunidades e fortalecer o liderado e o emprendemento feminino a través da cooperación e o apoio mutuo.

Data: Venres, 29 de maio

Horario: 10:00 - 12:30 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Sede do Polo de Ferrol. R/ María, n158, Ferrol 

Programa do encontro:

  • Benvida e activación da xornada.
    • Desenvolvemento dunha breve dinámica de presentación: nome, proxecto ou idea e que gustaría lervarme hoxe desta xornada.
  • O que achega Medrando Xuntas
    • Intervención do persoal técnico de Medrando Xuntas da Rede Eusumo
  • Identificación de Retos e Oportunidades do emprendemento feminino
    • Retos habituais do emprendemento feminino
    • Recursos dispoñibles ou oportunidades de apoio
    • Colaboracións posibles entre as participantes
  • Pausa café
  • Mini taller "Da idea á colaboración"
    • Que fago
    • Que necesito
    • Que podo ofrecer
    • Con quen me gustaría conectar
  • Acordos para seguir medrando
    • Compromiso compartido e rede: 1 contacto, 1 idea, 1 paso
  • Conclusións e peche de xornada

Para máis información pode consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

medrando xuntas ferrol

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, interveu hoxe na clausura do Día da Economía Social Galega organizado por Foroesgal, onde puxo en valor o peso na nosa Comunidade desta fórmula solidaria pegada ao territorio, xeradora de riqueza e emprego tanto en vilas como en cidades. Así, destacou o compromiso da Xunta con este eido destinándolle este ano preto de 45 M€, dentro da Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027 que prevé crear 4.000 novos postos de traballo e impulsar a constitución de 400 novas entidades.

O conselleiro comezou poñendo en valor o Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal) que organizou a xornada de hoxe, por aglutinar máis de 370 entidades e organizacións que sosteñen preto de 10.000 postos de traballo directos, xerando un volume de ingresos de máis de 1.600 M€. Reafirmando o apoio e acompañamento da Xunta á economía social como fórmula que pon as persoas no centro, salientou o labor autonómico no marco da 2ª Estratexia que rexe este eido, apostando por consolidar o crecemento deste modelo en Galicia e xerar novas oportunidades en sectores emerxentes, como o tecnolóxico, o verde ou o industrial.

Nese contexto, o Goberno galego revalida este ano convocatorias como a dirixida a manter os postos de traballo e a reforzar a atención ás persoas con maiores dificultades de inserción nos centros especiais de emprego, a destinada ás empresas de inserción, as que buscan promover a creación e consolidación de empresas e emprego na economía social ou a formación dual para persoas con discapacidade intelectual. Tamén apoia as entidades da Rede Eusumo  e as entidades asociativas, impulsando accións de divulgación, formación e asesoramento especializado, como as que desenvolve Foroesgal.

Nese senso, cabe resaltar que —con 115 entidades adheridas desde a súa creación en 2012— a Rede Eusumo permitiu crear en Galicia 264 proxectos que xeraron máis de 540 empregos directos. A maiores, ten organizado máis de 2.000 actividades formativas e informativas ás que asistiron preto de 39.000 persoas, ademais de ter asesorado máis de 1.500 grupos promotores para o impulso de proxectos cooperativos, con máis de 3.000 persoas implicadas.

Precisamente no marco da Rede Eusumo, está en marcha a iniciativa Medrando Xuntas, pensada para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega mediante formacións, encontros e accións de visibilización. Ao seu abeiro, está aberto ata este próximo domingo 31 de maio o prazo para presentar candidaturas aos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026, en tres categorías diferentes (Maior impacto social, Innovación e creatividade e Sostibilidade e economía circular).

Compromiso lexislativo

Co afán de afianzar a economía social en Galicia, José González sinalou que se está avanzando nunha nova Lei de cooperativas, que permitirá actualizar o marco normativo, vixente desde 1998. Unha lei que busca visibilizar esta fórmula como alternativa para o emprendemento en sectores estratéxicos e coa que se quere proporcionar maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras e adaptadas á nova realidade socioeconómica.

Tamén fixo referencia á nova Lei integral de impulso á Economía Social, recentemente aprobada polo Goberno central. O titular de Emprego apuntou que recupera a obriga de contar cun Catálogo de Entidades de Economía Social Estatal e que Galicia xa fixo no seu momento un exercicio pioneiro coa creación do seu propio Catálogo de Economía Social hai xa 10 anos, que permitiu identificar, estruturar e dar visibilidade ao conxunto de entidades da economía social galega.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Café con Mulleres emprendedoras: Creando vínculos no emprendemento femenino (Medrando Xuntas)", un encontro tipo café networking para mulleres emprendedoras co obxectivo de xerar conexións, compartir experiencias e crear novas oportunidades de colaboración.

Data: Xoves, 28 de maio

Horario: 16:30 - 18:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: YÜ Lugar de Encuentro. Av. Ponteareas, 34, A Estrada, Pontevedra

Programa do encontro:

  • Introdución ao programa Medrando Xuntas – Eusumo
  • Dinámica de presentación das participantes. Rolda rápida: quen son, que fan e que buscan
  • Café networking
    • Conversas informais en pequenos grupos
    • Intercambio de contactos e experiencias
  • Espazo aberto de conclusións. Posta en común de ideas e aprendizaxes

Para máis información pode consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Medrando xuntas café networking

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na mesa redonda sobre políticas territoriais de fomento da economía social do XI Coloquio Ibérico de economía social, organizado polas seccións portuguesa e española de CIRIEC (Centro Internacional de Investigación e Información sobre a Economía Pública, Social e Cooperativa). Alí, destacou o apoio da Xunta a esta fórmula económica solidaria pegada ao territorio, cun orzamento próximo aos 45 M€ este ano. Así mesmo, aludiu á colaboración transfronteiriza a través dos proxectos Laces —de fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal mediante a execución de programas pilotos para a competitividade e impulso de empresas de economía social— e Es-Factory —unha aceleradora para impulsar novas actividades emerxentes neste eido—.

No marco da Estratexia galega da economía social: horizonte 2027, a directora xeral tamén se referiu á nova Lei de cooperativas na que se está a avanzar e á Rede Eusumo, impulsada polo Goberno galego para fomentar e visibilizar este ecosistema. Con 115 entidades adheridas desde a súa creación en 2012, a Rede permitiu crear en Galicia 264 proxectos que xeraron máis de 540 empregos directos. A maiores, ten organizado máis de 2.000 actividades formativas e informativas ás que asistiron preto de 39.000 persoas, ademais de ter asesorado máis de 1.500 grupos promotores para o impulso de proxectos cooperativos, con máis de 3.000 persoas implicadas.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Mulleres en corpo, mente e alma: saúde emocional, física e benestar integral".

Un espazo pensado para coidar o corpo, acougar a mente e fortalecer a túa autonomía. No Día Internacional da Saúde da Muller, convidámoste a compartir unha mañá de benestar, aprendizaxe e conexión con outras mulleres nun encontro creado para inspirarte e regalarche tempo de calidade.

Data: Xoves, 28 de maio

Horario: 12:00 - 14:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Casiña azul. San Xoán de Río, Ourense 

Programa do encontro:

  • Movemento é vida: o movemento orgánico e a importancia de escoitar o corpo, Darija Czibulkova.
  • Ritmos do Benestar: Unha vibrante experiencia de lecer terapéutico para transformar a calma en enerxía vital a través do ritmo, o movemento consciente e unha pílula express de alegría para replicar en casa, Angelly Helena Pérez Flores.
  • Educación financeira práctica con Elisa Fernández.
  • Presentación Programa Medrando Xuntas.
  • Networking e petiscos no Bar O Cruceiro (San Xoán de Río).

Para máis información pode consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

medrando xuntas ourense

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o Programa Consolida + sobre "Interpretar estados financeiros en cooperativas", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 27 de maio

Horario: 10:30 - 12:30 h

Modalidade: En liña

Metodoloxía: Proponse un método de traballo que combina a presentación inicial, coa discusión de casos, reflexións de grupo ou debates que serven para estimular e ordenar o intercambio entre participantes.

Entre encontros desenvólvense cunha metodoloxía activa e participativa, que facilita o interese, a atención e o intercambio entre as persoas asistentes. Utilízanse medios audiovisuais (presentación, vídeos, enlaces webs, etc.) e realízanse actividades dinámicas de reflexión e debate, promovendo a implantación dos aprendizaxes e experiencias vivenciadas na sesión.

Obxectivos: Desenvolver un encontro que poida servir para que as participantes accedan a información e metodoloxía na temática a tratar, achegada a través de persoas experimentadas. Será un encontro temático, que permitan o intercambio de dúbidas, necesidades, recursos a disposición, boas prácticas e medidas de interese xeral e píldoras formativas e informativas que permitan avanzar na consolidación das entidades participantes ao mesmo tempo que facer comunidade entre ás participantes.

Programa:

  • Benvida e presentación do encontro e do Programa Consolida +
  • Webinar especializado "Interpretación dos estados financeiros dunha cooperativa"
  • Resolución dúbidas, conclusión e debate aberto

O programa está dirixido: Cooperativas, persoas socias e responsables e persoal directivo. Grupos de emprendemento, outras entidades da economía social. Persoal técnico de servizos de xestión de empresas e fomento do emprendemento e a consolidación, públicos e privados, interesados en coñecer boas prácticas de consolidación e o propio programa.

Para máis información contacta a través do teléfono 607 698 239 ou no correo teresa@espazo.coop

Programa consolida +

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as instalacións da empresa Motomiño, no concello de Tomiño, con motivo das axudas Aprol Economía-Social.

Esta empresa foi unha das beneficiarias da convocatoria do pasado ano, recibindo unha achega de 18.000 euros pola incorporación de dúas persoas con carácter indefinido. Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a achega das persoas socias ao capital social e reforzar o emprendemento no eido da economía social, favorecendo a incorporación estable de persoas ás cooperativas e sociedades laborais.

Cabe destacar que na pasada convocatoria preto de 130 entidades da provincia de Pontevedra se beneficiaron desta iniciativa por un importe total superior aos 2 millóns de euros.

Durante a visita, o delegado territorial destacou a importancia de continuar impulsando fórmulas de economía social que contribúan á creación de emprego estable e ao fortalecemento do tecido empresarial local. “As cooperativas e sociedades laborais son un exemplo de emprendemento colectivo e compromiso co territorio que xeran oportunidades laborais de calidade e contribúen ao desenvolvemento económico dos nosos concellos”, sinalou.

A nova convocatoria está dotada cun crédito inicial de 5 millóns de euros para toda Galicia. Con esta iniciativa, a Xunta busca promover o emprego e o emprendemento nas cooperativas e sociedades laborais ao tempo que contribúe a fixar poboación no rural. Deste xeito, prevese impulsar a incorporación de máis de 340 persoas como socias nunhas 160 cooperativas e sociedades laborais en toda a comunidade.

O programa conta con dúas liñas compatibles entre si. A primeira contempla axudas directas ás cooperativas e sociedades laborais para a incorporación de novas persoas socias, prioritariamente desempregadas. A segunda diríxese ás persoas que se incorporen como socias a estas entidades tras manter un contrato indefinido ou iniciar unha actividade por conta propia.

En ambas liñas existen incrementos acumulables do 25% cando as persoas beneficiarias son mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, emigrantes retornadas ou persoas trans. Tamén se aplican incrementos ás entidades situadas en contornas rurais, ás cooperativas xuvenís e ás de nova creación con catro ou máis persoas socias. A aplicación de todos estes incentivos pode elevar a contía máxima da axuda ata os 19.500 euros por persoa.

As entidades e persoas interesadas en acceder a estas achegas poden consultar os requisitos na orde publicada no DOG. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de setembro de 2026.

Cómpre lembrar que entre os anos 2017 e 2025 a Xunta apoiou a incorporación de preto de 7.000 persoas socias a cooperativas e sociedades laborais mediante un investimento próximo aos 38 millóns de euros, contribuíndo ao fortalecemento da economía social en Galicia.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Sementes autóctonas e tradicionais en Galicia" no marco da Rede Eusumo.

Data: 27 de maio

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Online

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Produtores/as do sector agrario, persoal técnico, investigadores/as, estudantado e público interesado

Obxectivos:

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento das novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendementos

Programa:

  • Sementes autóctonas: o caso da fina de Carballo
    • Características xerais do cultivo
    • Mellora e selección da fina de Carballo
    • Características produtivas e culinarias
  • Xenetica e mellora do trigo tradicional
    • Conservación de semente e pureza varietal
    • Híbridos versus variedades locais
    • Variedades locais: un reservorio de xenes de adaptación e resilencia
    • Adaptación a distintas zonas de Galicia
  • Sementes autóctonas de horta
    • Potencial nutritivo e gastronómico
    • Principais características do cultivo
    • Producción e manexo no cultivo
  • Millo corvo: variedade ancestral de millo galego
    • Historia e recuperación do millo corvo
    • Características agronómicas
    • Manexo técnico do cultivo
    • Potencial nutricional e gastronómico
    • Transformación en fariñas e produtos elaborados
  • Avea negra: recuperación varietal, transformación e valor engadido
    • Historia e recuperación da avea negra
    • Potencial nutricional e gastronómico
    • Características agronómicas e adaptación a Galicia
    • Transformación en fariñas e produtos elaborados
  • Trigo sarraceno: alternativa para celíacos
    • Orixe e adaptación a Galicia
    • Propiedades nutricionais
    • Prácticas de cultivo
    • Principais resultados do estudo

Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na Feira da innovación cooperativa, impulsada pola Mancomunidade de Ordes e apoiada pola Xunta. Alí, puxo en valor as cooperativas escolares presentadas hoxe por máis de 80 estudantes e a oportunidade de compartir experiencias sobre o emprendemento colectivo e a economía social.

A directora xeral aproveitou o encontro —no que participaron proxectos cooperativos asentados na contorna— para destacar a iniciativa da Escola de Novos Cooperativistas, impulsada pola Mancomunidade de Ordes ao abeiro da Rede Eusumo da Xunta para achegar o cooperativismo ás aulas e fomentar entre a mocidade valores como a cooperación, a participación, a responsabilidade compartida e o compromiso co territorio. Lembrou que este ano se aprobará a nova Lei de cooperativas, que busca visibilizar esta fórmula como alternativa para o emprendemento en sectores estratéxicos e coa que se persegue proporcionar maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras e adaptadas á nova realidade socioeconómica.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rede Eusumo organiza a formación en liña "Comunicación visual con Canva para emprender con éxito"

Datas: do 26 de maio ao 9 de xuño de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Capacitar ás persoas emprendedoras para utilizar Canva de forma autónoma e estratéxica, co fin de crear contido visual coherente, profesional e alineado coa identidade da súa marca.

Público obxectivo: Persoas emprendedoras e profesionais que teñen unha marca propia (ou están a creala) e necesitan aprender a deseñar contido visual de forma autónoma con Canva así como o público en xeral.

Programa:

  • MÓDULO 1. Benvida a Canva
  • MÓDULO 2. Deseño desde cero
  • MÓDULO 3. Identidade visual
  • MÓDULO 4. Contidos para redes e comunicación
  • MÓDULO 5. Proxecto final

As inscricións estarán abertas ata o 25 de maio de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Eusumo Curso Canva

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Obradoiro compartido de produtos cárnicos en Galicia" no marco da Rede Eusumo.

Data: 21 de maio

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Online

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Produtores/as do sector agrario, persoal técnico, investigadores/as, estudantado e público interesado

Obxectivos:

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento das novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendementos

Programa:

  • Calidade e diferenciación dos produtos cárnicos. Do sistema produtivo ao mercado:
    • Sistema de produción animal e razas autóctonas de Galicia
    • Alimentación e manexo animal como determinantes da calidade da carne
    • Etiquetado obrigatorio e diferenciación do porduto
  • Transformación secundaria da materia cárnica en produtos alimenticios. Procesado e tecnoloxía:
    • Materia prima e aditivos
    • Produtos cárnicos frescos
    • Produtos cárnicos curados
    • Produtos cárnicos fermentados
    • Produtos cárnicos cocidos
    • Innovación e sustentabilidade
  • Obradoiro compartido como modelo de emprendemento
    • Que é un obradoiro compartido
    • Vantaxes: redución de investimento inicial, acceso a instalacións certificadas, fomento de cooperación
    • Modelos de xestión: cooperativismo, público-privado
    • Exemplos de éxito en Galicia
    • Claves para a súa implantación: xestión, reservas, mantemento, responsabilidades legais
  • Comercialización e mercado
    • Canles de venda: venda directa, mercados locais, tendas especializadas, en liña
    • Certificacións: ecolóxico, IXP
  • Tendencias: modelo "Slow Food" e consumo consciente:
    • Filosofía do movemento slow food
    • Perfil do consumidor actual: calidade s. cantidade, produto local e trazable
    • Storytelling: historia do produtor, territorio e tradición

Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Agaca Produtos cárnicos

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participará o vindeiro xoves 28 de maio no XI Coloquio Ibérico de Economía Social, que se celebra do 27 ao 29 de maio en Lisboa e Caldas da Rainha (Portugal).

Mariño intervirá na mesa redonda sobre políticas territoriais de fomento da economía social, que terá lugar entre as 10.30 e as 12.30 horas. A sesión estará moderada por Rafael Chaves, do Instituto Universitario de Economía Social e Cooperativa (IUDESCOOP) da Universitat de València, e reunirá a destacadas personalidades do ámbito da economía social española, portuguesa e internacional.

Na mesa, a representante da Xunta de Galicia compartirá a experiencia e os resultados da Rede Eusumo, a rede de colaboración para o fomento e o desenvolvemento da economía social de Galicia impulsada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O coloquio, organizado polas seccións portuguesa e española de CIRIEC (Centro Internacional de Investigación e Información sobre a Economía Pública, Social e Cooperativa), desenvólvese baixo o lema 'Economía Social e Cohesión Territorial – O papel do poder rexional e local'.

A Rede Eusumo

Con 115 entidades adheridas desde a súa creación en 2012, esta Rede, que serve de ferramenta de cooperación, acompañamento e dinamización do emprendemento no eido da economía social, permitiu crear en Galicia 264 proxectos que xeraron máis de 540 empregos directos.

Máis aló do emprendemento e o emprego consolidado, a Rede ten organizado máis de 2.000 actividades formativas e informativas, ás que asistiron preto de 39.000 persoas. Ademais, asesorou máis de 1.500 grupos promotores para o impulso de proxectos cooperativos, con máis de 3.000 persoas implicadas.

 

Descarga el programa completo del coloquio aquí
 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Sensibilización para o emprendemento cooperativo", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 20  de maio

Horario: 10:00 - 13:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Centro de Empresas ACCEDE Papagaio, Praza Papagaio, s/n (A Coruña)

Metodoloxía: A metodoloxía é activa e participativa.  Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación. Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o empredemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Programa:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en empredemento cooperativo.

O programa está dirixido: Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral.

Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 / 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

E ti coñeces a fórmula

Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "Sementando futuro: como formar en economía social desde a aula"

Datas: pendentes de confirmación según o número de inscritos

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Formar a docentes nos principios, valores e metodoloxías da economía social e o traballo cooperativo, brindándolles ferramentas pedagóxicas para que poidan ensinar estes conceptos de maneira efectiva ao seu alumnado, fomentando así unha educación baseada na solidaridade, a sustentabilidade e a participación democrática.

Público obxectivo: Dirixido ao persoal docente de todos os niveis educativos.

Programa:

  • MÓDULO XERAL. De maior quero ser
  • MÓDULO 1. Son unha persoa emprendedora cooperativa
  • MÓDULO 2. Teño unha idea
  • MÓDULO 3. Teño un negocio
  • MÓDULO 4. Saímos a vender
  • MÓDULO 5. Supervisón e rexistro de resultados/anécdotas. Valoracións finais.

As inscricións estarán abertas ata o 18 de maio de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou esta mañá a Asociación Aixiña, un dos 13 centros especiais de emprego ourensás beneficiarios na orde de axudas do ano 2025, dirixidas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras con discapacidade nestes centros, aos que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou preto de 1,3 M€ para o mantemento de 217 postos de traballo.

Durante a súa estancia no centro, que percibiu unha achega de máis de 700.000 euros para o mantemento do custo salarial de 105 postos de traballo, o delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo ata o vindeiro 29 de maio dunha nova orde destas axudas dotada con máis de 24,4 M€, para cubrir importes equivalentes entre o 50 % e o 65 % do salario mínimo interprofesional, cun límite máximo de 2,9 M€ por centro solicitante e coa posibilidade de recibir anticipos do 100 % da contía concedida, garantindo así unha maior estabilidade financeira para estas entidades.

Manuel Pardo puxo de relevo o papel esencial dos centros especiais de emprego como ferramenta clave para a inserción laboral das persoas con discapacidade e para a construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva. Así mesmo, destacou o compromiso da Xunta de Galicia co impulso da economía social e co apoio a un modelo que xera emprego de calidade, cohesión social e equilibrio territorial.

Programas da orde do 2026

O representante  do Goberno galego sinalou, que ademais desta liña de axudas, a orde recolle outros dous programas  de apoio específicos a estes centros. Por unha banda, unha das iniciativas, dotada con  preto de 1,6 M€, ten como obxectivo financiar os custos salariais e de Seguridade Social da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio dos centros especiais de emprego. Estes profesionais prestan acompañamento ás persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral.

A outra medida, dotada con máis de 1 M€, ten como finalidade impulsar a creación de emprego estable e reforzar as condicións laborais nos centros especiais de emprego. Para iso, abarca incentivos á contratación indefinida vinculados á realización de investimentos en activo fixo –como o acondicionamento de locais, a adquisición de maquinaria ou equipamentos informáticos— cunha contía base de 10.000 euros por cada posto creado a xornada completa, que poderá incrementarse ata un máximo de 25.000 euros cando a contratación se dirixa a colectivos prioritarios —como mulleres, persoas en risco de exclusión ou emigrantes retornados— ou cando o centro estea situado no medio rural. Ademais, inclúe apoios específicos para a adaptación de postos de traballo e a eliminación de barreiras arquitectónicas, cun límite de 1.800 euros por posto, así como axudas de asistencia técnica destinadas a apoiar a creación, o mantemento ou a mellora da xestión dos centros, cun máximo de 15.000 euros por entidade.

Manuel Pardo enmarcou esta orde na Estratexia galega da economía social Horizonte 2027, e subliñou que consolida a aposta do Goberno galego por un emprego inclusivo, estable e de calidade, ao tempo que incorpora melloras relevantes na simplificación e axilización administrativa do procedemento, orientadas a facilitar a tramitación das axudas.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Liderado rural en femenino", para inspirar, conectar e impulsar o liderado femenino no rural, compartido experiencias reais e creando novas.

Data: Xoves, 14 de maio

Horario: 16:00 - 18:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Concello da Arnoia. R/ Outeiro Cruz, 14, A Arnoia, Ourense 

Programa do encontro:

  • Presentación dos servizos dos Polos de Emprendemento.
  • Presentación do Programa Medrando Xuntas
  • Mesa redonda: casos de éxito de mulleres emprendedoras
  • Networking con petiscos

Para máis información pode consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Liderado rural en femenino

O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Impulso Local: Emprendemento e igualdade en rede". Unha xornada única pensada para persoas con inquietudes, ideas ou ganas de dar un paso máis no mundo do emprendemento. 

Data: Xoves, 14 de maio

Horario: 10:00 - 14:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Casa da Cultura de Verín. R/ Irmáns la Salle, Verín, Ourense

Programa do encontro:

  • Presentación da xornada por parte dos representantes do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín e AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín)
  • Desenvolvemento da Mesa de Casos de Emprendemento:
    • Lorena Parada - Rincón Mágico de Épona
    • José Luis Mateo - Bodega Quinta da Muradella
    • Cristina López e Guillermo Insua - UNOUNO_arquitectura de interiores
    • Jaime Vispo - Telas Julia
    • Elena Tourón - Ugli
    • Hilda Fernández - Academia A Tempo
    • Jane Liz - Coeducontando
  • Intervención de programas e entidades de igualdade e liderado feminino.
    • Medrando Xuntas
    • FEMURO
    • CDR Portas Abertas
  • Espazo micronetworking

Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio. Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.

Impulso Local MX

A CEGASAL organiza a xornada "O márketing nos sectores específicos da economía social" dentro do marco da Rede Eusumo.
 
Data: 13 de mayo
Horario: 10:00 a 12:30 h
Modalidade: En liña

Programa:

  • Introdución á contratación reservada e recursos para promover e visibilizala en empresas e administracións. Intervén: ELENA BARBA PAN, Secretaría da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Xunta de Galicia
    • A contratación reservada na LCSP
    • Modelos de cláusulas sociais para facilitar a implementación en contratos públicos e privados
    • Pasos sinxelos para incorporar a contratación reservada en licitacións e procesos internos
    • Beneficios fiscais e sociais da contratación reservada
  • Debate e exposición de dúbidas
  • Workshop práctico

    Inscricións: a través deste formulario

    cegasal marketing

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a traxectoria e o compromiso do grupo Covirán co desenvolvemento económico de Galicia. Durante unha visita á súa plataforma loxística no polígono compostelán do Tambre, o titular do Executivo autonómico puxo en valor o esforzo da cooperativa por modernizar e ampliar estas instalacións para facelas máis competitivas, o que cualificou como unha proba da súa aposta pola comunidade.

“Somos unha terra de cooperativismo”, apuntou Rueda, que estivo acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González. Así, sinalou que o feito de que un referente da economía social decida seguir progresando e medrando en Galicia é un orgullo para a Administración autonómica, que sempre dá a benvida a todas as iniciativas que xeran riqueza e emprego.

De feito, para seguir fomentando este modelo, a Xunta está a traballar nunha nova Lei de cooperativas para proporcionar maior seguridade xurídica, axilizar os trámites administrativos e dotar ao sector de ferramentas máis eficaces e adaptadas á realidade actual.

Rueda, que tamén felicitou á entidade polos seus 65 anos de historia desde a súa fundación en Granada, valorou ademais o seu modelo baseado na proximidade, que resulta fundamental nunha comunidade cunha poboación tan dispersa como a galega e evita o peche de moitos pequenos negocios familiares, ao tempo que facilita o acceso a produtos básicos en todo o territorio. “Hai concellos onde vostedes son un recurso imprescindible para moitos veciños que necesitan ter un lugar preto onde ir mercar”, indicou, ao tempo que asegurou que este factor tamén axuda a fixar poboación.

Ademais, agradeceu que a cooperativa confíe nos provedores locais, actuando como unha canle esencial para os produtos amparados polo selo ‘Galicia Calidade’, “unha marca que é unha identificación de como queremos facer aquí as cousas, non só do que producimos”.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Creación de experiencias culturais con intelixencia artificial"

Datas: do 11 ao 27 de maio de 2026

Horario: de 16:00 h a 18:30 h de luns a xoves

Modalidade: en liña

Duración: 25 horas

Docente: Óscar de Miguel Bandín

Obxectivos: Explorar o potencial da IA na creación de experiencias culturais innovadoras.

Contidos do programa:

  • IA e creatividade: exemplos e tendencias
  • Ferramentas de IA aplicadas á arte, música e patrimonio
  • Desenvolvemento de experiencias interactivas con IA
  • Ética e IA no sector cultural
  • Caso práctico: deseño dunha experiencia con IA

O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos, artistas ou emprendedores do sector das industrias culturais como sector específico da economía social.

O formulario de inscrición está dispoñible a través do seguinte enlace

IA Cámara Santiago

A CEGASAL organiza a xornada "Formación de asesorías laborais para a inclusión de colectivos vulnerables e discapacidade" dentro do marco da Rede Eusumo.
 
Data: 8 de mayo
Horario: 09:30 a 12:00h
Lugar: CEGADI - Santiago de Compostela

Programa:

  • Marco Economía social galega: empresas que contratan persoas con discapacidade
  • Cumprimento da Lei Xeral da Discapacidade
    • As medidas alternativas dispoñibles
    • O procedemento de solicitude do certificado de excepcionalidade

      Inscricións: a través deste formulario

      cegasal

Rede Eusumo organiza a formación en liña "A voz da túa marca: como falar para que os medios escoiten"

Datas: do 5 ao 19 de xuño

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Entender o papel estratéxico da comunicación nas entidades de economía social, tanto de cara á opinión pública como a nivel interno así como adoitar destrezas básicas para xestionar esa comunicación e saber como actuar nunha situación de crise.

Público obxectivo: Entidades que precisen difundir novidades sobre a súa actividade ou os seus produtos/servizos así como ás empresas que desexen mellorar a expresión do seu persoal de comunicación.

Programa:

  • MÓDULO 1. Notas de prensa, convocatorias a medios e situacións de crise (Sesión virtual: mércores 11 de junio 16:30-17:30 h)
  • MÓDULO 2. A figura da persoa portavoz e claves do discurso
  • MÓDULO 3. O valor da comunicación interna e RSE

As inscricións estarán abertas ata o 04 de junio de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Eusumo curso comunicación

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, presenta un novo curso do programa Formación e xestión FORMACOOP: "Contabilidade Cooperativa nivel PRO", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: do 5 ao 25 de maio

Formación: En liña (con 3 sesións virtuais)

Horas: 25 h

Programa:

  • MÓDULO 1 - A estrutura xeral contable
  • MÓDULO 2 - Tratamento dos fondos propios e específicos nas cooperativas de traballo
  • MÓDULO 3 - A conta de perdas e ganancias e a distribución de resultados
  • MÓDULO 4 - Fiscalidade cooperativa

Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 5, 19 e 25 de maio en horario de 13:00 a 14:00 horas.

Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 / 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

Contabilidade PRO Formacoop

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración lanza os recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026 no marco da iniciativa autonómica en marcha para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega. Así, ábrese deica o 31 de maio o prazo de presentación de candidaturas en tres categorías diferentes, a través do seguinte formulario e remitindo a memoria dos proxectos pertinentes ao correo medrandoxuntas.emprego@xunta.gal.

En concreto, os recoñecementos estrutúranse nas categorías Maior impacto social, para proxectos que contribúen á mellora da calidade de vida, á inclusión social ou ao desenvolvemento comunitario; Innovación e creatividade, para iniciativas que incorporan novos produtos, servizos ou modelos organizativos; e Sostibilidade e economía circular, para as que integran prácticas ambientais responsables e modelos económicos sostibles.

Poderán participar os proxectos constituídos baixo fórmulas de economía social que estean liderados por mulleres —cando máis do 50% do grupo promotor, das persoas traballadoras ou das persoas socias sexan mulleres— ou impacten positivamente na vida das mulleres. A resolución publicarase nos medios oficiais da Rede Eusumo e o acto de entrega de recoñecementos terá lugar o 19 de xuño, coincidindo co encontro final de Medrando Xuntas.

Medrando Xuntas

O programa formativo que arrancou o pasado mes de abril inclúe formacións, encontros e accións de visibilización que buscan poñer no centro o talento e o liderado feminino, dirixidas tanto a mulleres traballadoras como socias e directivas. Así, traballan habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomenta a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se dan a coñecer proxectos que están a transformar a economía desde a cooperación e o compromiso social.

En primeiro lugar, Medrando Xuntas conta cun programa formativo para mulleres socias e traballadoras orientado a reforzar a súa participación activa nas entidades de economía social. Consta de tres bloques, arredor da fórmula da economía social en si, sobre liderado e sobre xestión das organizacións. 

En segundo lugar, a formación para directivas está dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara a postos de liderado na economía social. Consta, neste caso, de catro bloques, sobre a economía social desde a perspectiva de xénero e os desafíos do futuro, sobre autocoñecemento para mudar a contorna, sobre estratexias para unha xestión transformadora e arredor de proxectos innovadores para a economía social.

Compromiso coa economía social

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027, ao igual que outras como o programa de mentoría especializada dirixido a entidades de economía social en fase de consolidación, é dicir, con máis de 42 meses de antigüidade; ou o Pop Ups ES-Factory, deseñado para impulsar proxectos de economía social mediante a creación de espazos comerciais que permiten coñecer de primeira man a aceptación dos servizos e produtos ante público real.

Cómpre engadir que a Xunta orzamentou este ano case 45 M€ para este eido económico, con convocatorias como o Bono Consolida, os apoios destinados aos centros especiais de emprego e empresas de inserción e outras para promover a creación de consolidación de empresas e emprego na economía social, así como para fomentar e visibilizar a economía social, entre elas as destinadas ás entidades da Rede Eusumo.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración
 

O vindeiro 21 de maio de 2026, o Auditorio de In.Cubo transformarase no "Escenario dos Soños" para acoller o evento final do proxecto Es-Factory. Baixo o lema "O Teu Futuro na Economía Social", este foro busca conectar a emprendedores innovadores con fontes de financiamento, expertos e premios en metálico.

A xornada, que se desenvolverá entre as 14:00 e as 18:00 horas, ofrece un programa dinámico que comezará cun Marketplace de Impacto, onde se expoñerán prototipos e carteis dos proxectos participantes. Unha das grandes novidades será a dinámica "Inversor por un día", na que o público asistente recibirá moedas á entrada para votar pola súa iniciativa favorita, influíndo directamente na clasificación final xunto á valoración dun xurado técnico.

Premios e networking
Os emprendedores competirán por premios económicos de 1.000€ (primeiro lugar), 750€ (segundo) e 500€ (terceiro), ademais de obter contratos de mentoría e incubación en In.Cubo para os cinco proxectos con mellor puntuación. O evento incluirá tamén sesións de Pitch Showcase e un Speed Dating de investimento para a análise crítica dos plans de negocio.

Inscricións abertas
Os emprendedores interesados en presentar os seus proxectos teñen de prazo ata o 11 de maio, mentres que o público que desexe participar como "inversor" poderá inscribirse ata o 18 de maio a través dos formularios oficiais do proxecto.

 

ES-Factory

 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Sensibilización para o emprendemento cooperativo", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 30 de abril

Horario: 17:30 - 20:30 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Estrada de Circunvalación, 32, (Sanxenxo 36960 Pontevedra)

Metodoloxía: A metodoloxía é activa e participativa.  Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación. Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o empredemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Programa:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en empredemento cooperativo.

O programa está dirixido: Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral.

Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 / 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

Sanxenxo

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre "Innovación e economía circular no sector agroalimentario de Galicia: oportunidades a partir de subprodutos" no marco da Rede Eusumo.

Data: 30 de abril

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Online

A actividade está dirixida a:

  • Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia e persoal técnico)
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

Obxectivos:

  • Fomentar a colaboración entre cooperativas, centros de coñecemento, empresas e administracións, poñendo en valor o modelo cooperativo como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade territorial.
  • Impulsar a dinamización económica e a xeración de emprego no rural, mediante a difusión de iniciativas innovadoras e novas cadeas de valor no sector agroalimentario.
  • Promover a economía circular no sector agroalimentario, fomentando a valoración de subprodutos e residuos como fonte de novas oportunidades de negocio e diversificación produtiva.

Programa:

  • Oficina de Economía Circular
    • Asesoramento personalizado
    • Formación especializada
    • Proxectos colaborativos
    • Acceso a financiamento
  • Proxecto GRAPPA: valorizafción de subprodutos agroalimentarios en Galicia
    • Uso de subprodutos do sector agroalimentario
    • Desenvolvemento de ingredientes funcionais
    • Innovación na bioeconomía alimentaria
    • Oportunidades industriais para Galicia
  • Proxecto Blood4Goods: aproveitamento de subprodutos da industria cárnica
    • Valorización de sangue de matadeiro
    • Impacto en redución de residuos
    • Novas cadeas de valor
  • Proxecto CAC: economía circular en cooperativas do sector lácteo
    • Agricultura e mitigación do cambio climático
    • Captura de carbono en chans agrícolas
    • Boas prácticas agrarias
    • Medición e certificación do carbono
    • CRF. Mercado voluntario de créditos de carbono UE
  • Compostaxe con desperdicios alimentarios
    • Xeración de valor nas explotacións
  • Proposta dun modelo circular na xestión de xurros
    • Contexto e problemática
    • Enfoque de economía circular en xurros
    • Tecnoloxías e solucións
    • Modelos de negocio circular

Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Agaca Economía circular

A Universidade de Santiago e o Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIES_GA) organizan o encontro en liña "Solucións e ferramentas para pemes da economía social" no marco da Rede Eusumo.

Data: 29 de abril

Horario: de 10:00 h a 12:00 h

Modalidade: Online

Obxectivos:

  • Sensibilizar sobre os riscos dixitais na economía social
  • Facilitar ferramentas prácticas e solucións accesibles
  • Reducir a fenda dixital, especialmente en contornos rurais
  • Apoiar unha transformación dixital segura, sostible e inclusiva

Contidos da charla:

  • Ferramentas básicas de seguridade informática adaptadas a cooperativas e pequenas empresas
  • Boas prácticas para a protección de datos e información sensible
  • Como actuar ante un incidente de ciberseguridade: primeiros pasos e protocolos de resposta
  • Recomendacións para unha transformación dixital segura e accesible, especialmente en contornos rurais e para colectivos con maior risco de exclusión dixital

Relator: A sesión será impartida por David Barros, consultor de ciberseguridade en dooingIT ciberseguridad, SL. Conta con formación superior en desenvolvemento de aplicacións, especialización en ciberseguridade polo Instituto San Clemente e certificación como hacker ético (CEH – EC-Council). Desde 2022 traballa en tarefas técnicas, de consultoría e concienciación en ciberseguridade para públicos diversos.

Prazo de inscricións aberto a través da seguinte ligazón.

Ciberseguridade LIES_GA

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego e a integración laboral nos Centros Especiais de Emprego para a anualidade 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Promover a integración laboral das persoas con discapacidade e apoiar a viabilidade dos centros a través de tres programas:

  • PROGRAMA I: Subvencionar os custos salariais e de Seguridade Social das unidades de apoio á actividade profesional, destinadas a traballadores con maiores dificultades de inserción.
  • PROGRAMA II: Incentivar a creación de postos de traballo estables, así como financiar a adaptación de postos e as asistencias técnicas necesarias para a mellora dos centros.
  • PROGRAMA III: Axudar ao financiamento do custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas nos centros de Galicia.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderanse acoller a estas subvencións os Centros Especiais de Emprego que cumpran os requisitos da orde:

  • Centros Especiais de Emprego (CEE) inscritos no Rexistro Administrativo de Galicia.
  • Contar coa autorización administrativa do centro de traballo.
  • Cumprir coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade no cadro de persoal.
  • Ter unha xestión diferenciada e contabilidade separada (no caso de non ter personalidade xurídica propia).

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 29 de abril ás 09:00h ata o 29 de maio ás 20:00h.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Descarga a infografía

Axudas CEE 2026

 

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio do "Kiwi en Galicia: Claves para emprender con éxito nun cultivo líder" no marco da Rede Eusumo.

Data: 28 de abril

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Online

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Responsables de innovación e sustentabilidade, persoal técnico agrario, estudantes, investigadores/as, público xeral

Obxectivos:

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio.
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
  • Fomentar a fixación da poboacións no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendementos.

Programa:

  • Introdución á produción do kiwi como oportunidade de negocio en Galicia
  • Aspectos técnico-agrnómicos para o cultivo do kiwi:
    • Conducións agroclimáticas óptimas
    • Selección de variedades (hayward, novas variedades, kiwi amarelo, etc.)
    • Deseño de plantación: marcos, estruturas, sistemas de condución
    • Manexo do solo e fertilización
    • Necesidades hídricas e rega
    • Calendario de labores
    • Poda, polinización e frutificación
    • Control de pragas e enfermidades
    • Produción ecolóxica vs. convencional
    • Rendementos esperados e vida útil da plantación
    • Investimento inicial (plantación, estruturas rega)
    • Custos de mantemento
    • Prazos de entrada en produción
    • Rendibilidade estimada
    • Axudas e subvencións dispoñibles (PAC, desenvolvemento rural, etc.)
  • Comercilización e valor engadido
  • Conclusións, comentario finais e peche de xornada

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Como crecer máis aló das fronteiras nacionais: claves para internacionalizarse"

Datas: do 28 abril ao 12 de maio de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Comprender e aplicar os fundamentos da internacionalización empresarial nun contexto global, analizando os procesos, as diferenzas culturais entre países, as estratexias de márketing internacional e a xestión operativa necesaria para competir eficazmente en mercados internacionais.

Público obxectivo: Dirixida a entidades interesadas no proceso de internacionalización do seu negocio ou ao público en xeral que desexe adquirir coñecementos sobre a internacionalización.

Programa:

  • MÓDULO 1. A globalización e a internacionalización
  • MÓDULO 2. O proceso de internacionalización
  • MÓDULO 3. As diferenzas culturais entre países
  • MÓDULO 4. O márketing internacional
  • MÓDULO 5. A xestión operativa internacional

As inscricións estarán abertas ata o 27 de abril de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Sensibilización para o emprendemento cooperativo", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 27 de abril

Horario: 09:40 - 12:40 h

Modalidade: Presencial

Lugar: IES Leliadoura, Rúa Frións, s/n, 15697 Ribeira (A Coruña)

Metodoloxía: A metodoloxía é activa e participativa.  Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación. Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa. 

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o empredemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Programa:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en empredemento cooperativo.

O programa está dirixido: Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral.

Para máis información contacta a través do teléfono 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

Aeiga organiza unha formación networking sobre "Optimización de procesos produtivos na Economía Social", dentro do marco da Rede Eusumo. 

Fecha: 24 de abril

Horario: 09:30 - 12:30 h

Modalidade: Online

Obxectivos: 

  • Identificar retos e oportunidades na implementación da IA nas entidades de economía social.
  • Comprender a Intelixencia Artificial Xenerativa e o seu impacto no sector.
  • Explorar aplicacións prácticas da IA en áreas como xestión de recursos humanos e optimización operativa.
  • Xerar interaccións e sinerxías que permitan establecer colaboracións futuras entre as entidades asistentes.

Contidos:

  • Automatización de informes e documentación técnica.
  • Cribado e análise comparativo de currículums mediante IA.
  • Creación de axentes básicos para análise de convocatorias públicas.

O programa está dirixido a: Equipos directivos e técnicos de entidades da Economía Social e profesionais interesados na innovación e tecnoloxía aplicada á xestión social e empresarial.

Prazo de inscripcións aberto a través do seguinte formulario.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Horta galega: Cultivos tradicionais e emerxentes" no marco da Rede Eusumo.

Data: 23 de abril

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Online

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Responsables de innovación e sustentabilidade, persoal técnico agrario, estudantes, investigadores/as, público xeral

Obxectivos:

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio.
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
  • Fomentar a fixación da poboacións no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendementos.

Programa:

  • Contexto e oportunidade de mercado
    • Situación actual do sector hortícola en Galicia
    • Tendencias de consumo: produto de proximidade ecolóxico e sostible
    • Diversificación como estratexia de resiliencia económica rural
  • Planificación produtiva da horta profesional
    • Deseño da horta con enfoque comercial
    • Calendario de rotacións e planificación anual
    • Xestión eficiente de auga
  • Cultivos tradicionais con enfoque de rendibilidade (leituga, tomate, cabaciña, pemento)
    • Prácticas agronómicas
    • Ciclo produtivo e calendarios óptimos en Galicia
    • Manexo de pragas e enfermidades
  • Fertilización do chan para horta ecolóxica
    • Características de chan saludable
    • Mellora do chan con abodos orgánicos
    • Técnicas de aplicación de adobos orgánicos
  • Cultivos emerxentes (pak choi, mostaza)
    • Características agronómicas
    • Adaptación ao clima galego
    • Ciclos curtos e rotación
    •  

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Agaca Cultivos tradicionais

O programa Medrando Xuntas celebrará o vindeiro 19 de xuño ás 12:30 horas na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o seu encontro anual, unha cita que reunirá a mulleres de toda Galicia vinculadas á Economía Social.

O Encontro Medrando Xuntas configúrase como un espazo de inspiración, recoñecemento e conexión no que socias, traballadoras, directivas e emprendedoras compartirán aprendizaxes e experiencias, poñendo en valor o seu papel na construción dun modelo económico máis xusto, colaborativo e sostible.

Ao mesmo tempo, a xornada servirá como peche do itinerario formativo 2026, ofrecendo un momento para poñer en común o vivido ao longo do programa e seguir fortalecendo a rede de mulleres que están a impulsar cambios positivos nas súas organizacións.

Reserva a data para participar da gran cita da comunidade Medrando Xuntas!

 

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "O modelo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza no rural" no marco da Rede Eusumo.

Data: 18 de abril

Horario: de 15:00 h a 20:00 h

Modalidade: Vitivinícola Arousana S. Coop. Galega (Valmador, 18, Xil - Meaño)

A actividade está dirixida a:

  • Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, directivas, xerencia e equipos técnicos)
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

Obxectivos:

  • Favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados servizos de asesoramento ás explotacións no proceso de implantación das novidades normativas relacionadas coa ordenación do sector.

Programa:

  • O modelo cooperativo como xerador de riqueza no rural.
  • Viticultura de precisión: exemplos prácticos
  • Uso de drons / Tipos de drons / Tecnoloxía e sensores utilizados
  • Planificación de voos / Software de planificación / Normativa de Axencia Estatal da Seguridade Aérea
  • Demonstracións prácticas

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Agaca Riqueza no rural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade en Galicia, cun orzamento inicial de máis de 27 M€. A medida permitirá apoiar a actividade dos 138 centros especiais de emprego (CEE) inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e contribuír ao mantemento de arredor de 6.600 postos de traballo, ademais de reforzar a atención e acompañamento ás persoas con maiores dificultades mediante a contratación de arredor de 145 profesionais que desenvolven o seu labor nas unidades de apoio.

A iniciativa, enmarcada na Estratexia galega da economía social Horizonte 2027, consolida a aposta da Xunta por un emprego inclusivo, estable e de calidade, ao tempo que incorpora melloras relevantes na simplificación e axilización administrativa do procedemento, orientadas a facilitar a tramitación das axudas. De feito, na convocatoria anterior ampliouse o crédito inicial en máis de 4,2 M€, reforzando o respaldo da Xunta a estas entidades como pezas clave na integración laboral das persoas con discapacidade, contribuíndo á súa inclusión social e á mellora da súa autonomía persoal. Para esta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes destes apoios abrirá o 29 de abril e prolongarase ata o 29 de maio de 2026

Tres programas de apoio

A orde recolle tres programas de apoio específicos e tramitarase mediante procedemento de concorrencia non competitiva, cun período subvencionable do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026. O Programa I, cun orzamento de preto de 1,6 M€, está dirixido a financiar os custos salariais e de Seguridade Social da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio dos centros especiais de emprego. Estes profesionais prestan acompañamento ás persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral. Estímase que estas axudas beneficien arredor de 145 profesionais, que atenderán preto de 900 persoas con discapacidade psíquica igual ou superior ao 33 % ou con discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65 %.

O Programa II, dotado con máis de 1 M€, ten como finalidade impulsar a creación de emprego estable e reforzar as condicións laborais nos centros especiais de emprego. Para iso, abarca incentivos á contratación indefinida vinculados á realización de investimentos en activo fixo –como o acondicionamento de locais, a adquisición de maquinaria ou equipamentos informáticos— cunha contía base de 10.000 euros por cada posto creado a xornada completa, que poderá incrementarse ata un máximo de 25.000 euros cando a contratación se dirixa a colectivos prioritarios —como mulleres, persoas en risco de exclusión ou emigrantes retornados— ou cando o centro estea situado no medio rural. Ademais, inclúe apoios específicos para a adaptación de postos de traballo e a eliminación de barreiras arquitectónicas, cun límite de 1.800 euros por posto, así como axudas de asistencia técnica destinadas a apoiar a creación, o mantemento ou a mellora da xestión dos centros, cun máximo de 15.000 euros por entidade.

Pola súa banda, o Programa III é o de maior alcance económico, cunha dotación de 24,4 M€, e está dirixido ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras con discapacidade nos centros especiais de emprego. A intensidade das axudas situarase entre o 50 % e o 65 % do salario mínimo interprofesional, cun límite máximo de 2,9 M€ por centro solicitante e coa posibilidade de recibir anticipos do 100 % da contía concedida, garantindo así unha maior estabilidade financeira para estas entidades.

Ligazón ao DOG

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Programa Consolida +", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 16 de abril

Horario: 10:30 - 12:30 h

Modalidade: En liña

Metodoloxía: Proponse un método de traballo que combina a presentación inicial, coa difusión de casos, reflexións de grupo ou debates que serven para estimular e ordenar o intercambio entre participantes.

Entre encontros desenvólvese cunha metodoloxía activa e participativa, que facilita o interese, a atención e o intercambio entre as persoas asistentes. Utilízanse medios audiovisuais (presentación, vídeos, enlaces webs, etc.) e realízanse actividades dinámicas de reflexión e debate, promovendo a implantación das aprendizaxes e experiencias vivenciadas na sesión.

Obxectivos: Desenvolver un encontro que poida servir para que as participantes accedan a información e metodoloxía na temática de tratar, achegada a través de persoas experimentadas. Será un encontro temático, que permitan o intercambio de dúbidas, necesidades, recursos a disposición, boas prácticas e medidas de interese xeral e píldoras formativas e informativas que permitan avanzar na consolidación das entidades participantes ao mesmo tempo que facer comunidade entre ás participantes.

Será un encontro para aprenden como elaborar un Regulamento de Réxime interno nas cooperativas e que permita establecer normas claras de comportamento, responsabilidades e convivencia da oganización, para evitar posibles conflitos e un funcionamento e procedementos operativos que garantan unha xestión de calidade.

Programa:

  • Presentación do Programa Consolida +
  • Webinar especializado "Como elaborar un Regulamento de Réxime Interno nunha cooperativa"
  • Resolución de dúbidas, conclusión e debate aberto

O programa está dirixido a:

  • Cooperativas, persoas socias e responsables e persoal directivo
  • Grupos de emprendemento, outras entidades de economía social
  • Persoal técnico de servizos de xestión de empresas e fomento de emprendemento e a consolidación, públicos e privados, interesados en coñecer as boas prácticas de consolidación e o propio programa.

Prazo de inscripcións aberto a través da seguinte ligazón.

A CEGASAL organiza a Congreso Nacional de CEEIS en Santiago de Compostela. Un espazo, dentro do marco da Rede Eusumo, para analizar os retos da inclusión laboral e fortalecer a colaboración público-privada cos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.
 
Data: 16 de abril
Horario: 10:00 a 14:00 horas
Lugar: Edificio Cersia Empresa (Santiago de Compostela)

No programa:

  • Relatorio marco: Presente e futuro dos CEEIS
  • Mesa Redonda: Distintas comunidades, distintas realidades
  • Micro aberto: Debate e cuestións

Inscricións: a través deste formulario

Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Cooperativismo en acción: Xestión eficaz para o éxito diario"

Datas: do 16 ao 30 de abril de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Proporcionar unha serie de coñecementos e ferramentas básicas sobre a xestión diaria dunha entidade de economía social que sirva como base para as persoas que a forman.

Público obxectivo: Dirixida a persoas que teñan unha cooperativa e precisen dunhas directrices para xestionala ou mellorar a súa organización interna, así como persoas emprendedoras, mocidade en formación ou inserción laboral, persoas interesadas no autoemprego e público en xeral.

Programa:

  • MÓDULO 1. Puntos clave sobre a economía social
    • Que é a economía social?
    • Entidades de economía social
    • Oportunidades de emprendemento
  • MÓDULO 2. O traballo en equipo
    • A constitución cooperativa
    • Compromiso coa cooperativa
    • O traballo en equipo
    • Quen fai que?
    • Reunións, asambleas
  • MÓDULO 3. O proceso de venda
    • Análise da situación actual
    • Creación de novos produtos/servizos
    • Canles de venda
    • Contacto cos intermediarios
  • MÓDULO 4. A xestión económica da entidade
    • Contabilidade
    • Administración
    • Financiamento

As inscricións estarán abertas ata o 15 de abril de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Curso Eusumo Xestión

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Sensibilización para o emprendemento cooperativo", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 15 de abril

Horario: 10:00 - 12:30 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Miraxe, S.Coop. Galega, Rúa Neira de Mosquera, 8, 15702, Santiago de Compostela

Metodoloxía: A metodoloxía é activa e participativa.  Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o empredemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Programa:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en empredemento cooperativo.

O programa está dirixido: Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral.

Para máis información contacta a través do teléfono 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, onde participou no Demoday da aceleradora de economía social Xunta Impulsa, que acolleu precisamente o Polo arousán. Trátase dunha iniciativa de formación e asesoramento que se completou con sesións de mentoría especializada dentro do proxecto transfronteirizo ES-Factory, de cooperación Galicia–Norte de Portugal e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Destacando a variedade das iniciativas participantes que hoxe presentan os seus proxectos ante un xurado, Mariño sinalou que proceden de toda Galicia e que predominan as do ámbito educativo ou cultural, así como as que dan protagonismo ao rural e á natureza no campo da produción agroalimentaria, da gastronomía, do ocio ou da cosmética. Tamén está representado o eido do deporte, o do benestar ou o sector TIC.  

Segundo a directora xeral, a aceleradora de economía social desenvolveuse tanto con sesións presenciais no Polo de emprendemento de Vilanova de Arousa como con outras telemáticas, para culminar hoxe neste acto final de posta en valor das iniciativas e dos avances acadados grazas ás sinerxías xeradas entre as distintas persoas participantes, co fin de consolidar a fórmula da economía social como xeradora de emprego e actividade económica pegados ao territorio.

Balance do Polo de Vilanova

A representante autonómica aproveitou a visita para poñer de relevo o labor do Polo vilanovés, salientando que, desde a súa posta en marcha en novembro de 2024, ten atendido uns 340 proxectos e promovido a creación de preto dunha trintena de empresas.

Así, o equipo técnico do centro vilanovés realizou máis de 870 sesións de titoría gratuítas e individualizadas co gallo de dar resposta ás persoas emprendedoras que acudiron ás instalacións (un 56 % delas, mulleres), adaptándose ás fases concretas dos seus proxectos.  

Por sectores, destacan as actividades administrativas e servizos auxiliares (18 %), seguidas dos servizos (14 %) e das actividades artísticas e de entretenemento (14 %). Canto ás actividades, o Polo de Vilanova ten organizado máis de 70, entre reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Igualdade

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Bootcamp: Emprendemento Cultural e Tecnolóxico"

Datas: do 13 ao 28 de abril

Horario: de 16:00 h a 18:30 h de luns a xoves

Modalidade: en liña

Duración: 25 horas

Docente: Nelly Rey Rey

Obxectivos: Formar emprendedores culturais no uso de tecnoloxías para a creación e sustentabilidade dos seus proxectos.

Contidos do programa:

  • Métodos áxiles para proxectos culturais
  • Ferramentas tecnolóxicas para a xestión e difusión
  • Crowfunding e modelos de financiamento dixitais
  • Branding e márketingdixital para proxectos culturais
  • Desenvolvemento dun proxecto en equipo

O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos, artistas ou emprendedores do sector das industrias culturais como sector específico da economía social.

O formulario de inscrición está dispoñible a través da seguinte ligazón.

Bootcamp Cámara Santiago

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta semana nunha nova reunión da comisión permanente do Consello Galego de Cooperativas, máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade. Durante o encontro abordáronse, xunto co sector, os avances na nova Lei de Cooperativas, que se aprobará proximamente e que ten como obxectivo facilitar a creación de novas entidades, impulsar a súa presenza en todos os sectores produtivos e favorecer a profesionalización e dixitalización das xa existentes.

Así mesmo, analizáronse as accións previstas con motivo do Día do Cooperativismo 2026, que se celebrará o vindeiro 4 de xullo, e as distintas ordes de axudas dirixidas ao sector que impulsa o Goberno galego. Entre elas, salientouse medidas con prazo aberto como o programa Aprol Economía Social —que pode solicitarse ata o 16 de setembro— e animouse a participar nos Premios á Cooperación e nos Premios ao Cooperativismo no Ensino, que pechan candidaturas o día 30 deste mes. Pablo Fernández destacou que todas estas medidas se enmarcan no compromiso da Xunta coa economía social, á que se destinan este ano 45 M€ no contexto da Estratexia Galega de Economía Social, unha planificación con horizonte no ano 2027.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa Medrando Xuntas, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pon en marcha unha nova edición da súa oferta formativa gratuíta para as mulleres da Economía Social galega.


O programa parte dunha realidade clara: aínda que a presenza feminina na Economía Social é significativa, persisten barreiras que dificultan o acceso aos espazos de decisión e liderado. Esta nova edición responde a ese desafío cunha oferta formativa práctica, participativa e orientada á acción con dous itinerarios adaptados ás diferentes realidades:

Formación para socias e traballadoras (20 horas)

Orientado a reforzar a participación activa das mulleres nas súas entidades. Estrutúrase en tres bloques:

  • Bloque 1. A Economía Social en Galicia
  • Bloque 2. Fortalecer o liderado
  • Bloque 3. Xestión das organizacións

Formación para directivas e futuras líderes (60 horas)

Dirixido a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara a postos de liderado. Componse de catro bloques:

  • Bloque 1. A Economía Social desde a perspectiva de xénero e os desafíos do futuro
  • Bloque 2. Coñézome eu para mudar o que me rodea
  • Bloque 3. Estratexias para unha xestión transformadora
  • Bloque 4. Proxectos innovadores para a Economía Social

Ambos itinerarios impartiranse en modalidade mixta, con encontros presenciais e en liña, celebrándose a primeira sesión o vindeiro 11 de abril.

Consulta o programa e o calendario das formacións na seguinte ligazón.

O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro 1 de abril a través do seguinte formulario.

Para máis información, poden enviar un correo electrónico a medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou chamar o 696 55 96 42.

Descarga o cartel

Cartel Medrando Xuntas 2026

Aeiga organiza unha formación networking sobre "Ferramentas innovadoras aplicadas á xestión de entidades de Economía Social", dentro do marco da Rede Eusumo. 

Fecha: 10 de abril

Horario: 09:30 - 12:30 h

Modalidade: Online

Obxectivos: 

  • Identificar retos e oportunidades na implementación da IA nas entidades de economía social.
  • Comprender a Intelixencia Artificial Xenerativa e o seu impacto no sector.
  • Explorar aplicacións prácticas da IA en áreas como xestión de recursos humanos e optimización operativa.
  • Xerar interaccións e sinerxías que permitan establecer colaboracións futuras entre as entidades asistentes.

Contidos:

  • Comparativa funcional de ferramentas de IA Xenerativa.
  • Deseño de plans de comunicación e calendarios de redes sociais.
  • Creación automatizada dos textos, copies e contidos divulgativos.
  • Xeración de presentacións con ferramentas como Canva/Gamma.
  • Optimización de procesos creativos e administrativos.
  • Casos prácticos vinculados a proxectos do terceiro sector.

O programa está dirixido a: Equipos directivos e técnicos de entidades da Economía Social e profesionais interesados na innovación e tecnoloxía aplicada á xestión social e empresarial.

Prazo de inscripcións aberto a través do seguinte formulario.

Ferramentas IA Aeiga

 

Este venres, 10 de abril, entrou en vigor a nova Lei de Economía Social tras a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE/BOE). A normativa, que recibiu o respaldo definitivo do Congreso dos Deputados o pasado 26 de marzo, busca modernizar o ecosistema lexislativo dun sector que, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social, dá emprego a máis de 2,5 millóns de persoas en España.

A lei nace co obxectivo de "democratizar" e "humanizar" a economía, segundo palabras da vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Durante o debate parlamentario, Díaz defendeu que con esta norma "damos unha lección á cidadanía, dicindo que podemos seguir traballando polo ben común".

Un impulso ao ben común
A nova Lei Integral de Impulso da Economía Social (LIIES) modifica catro textos legais clave: a Lei de Cooperativas, a de Empresas de Inserción, a de Economía Social e a de Réxime Fiscal das Cooperativas.

A vicepresidenta celebrou o consenso alcanzado tras un ano e medio de tramitación: “Hoxe demostramos que, a pesar das diferenzas políticas, somos capaces de poñernos de acordo en tres normas cunha lei integral”. Con todo, o texto final non incorporou a maioría das 40 emendas propostas polo PP no Senado, as cales foron rexeitadas na súa última votación no Congreso.

Transformación das cooperativas
Un dos piares da reforma é a actualización da Lei de Cooperativas para adaptala ao século XXI, permitindo, entre outras cousas, a celebración de asembleas por medios telemáticos. Ademais, refórzase a igualdade de xénero mediante a creación de Comisións de Igualdade e o fomento dunha presenza equilibrada nos órganos sociais.

A lei tamén introduce medidas para combater o intrusismo, endurecendo as causas de descualificación administrativa para aquelas entidades que operen baixo aparencia cooperativa pero vulneren os seus principios. Como novidade, esíxese ás cooperativas de máis de 500 socios dispoñer dunha páxina web corporativa, aínda que para este punto outorgouse unha marxe dun ano para a súa entrada en vigor.

Apoio a colectivos vulnerables
No que respecta ás empresas de inserción, a norma axusta a súa definición para garantir a súa competitividade e evitar a estigmatización dos colectivos vulnerables. Segundo o texto legal, estas empresas operan "coa singularidade de atender a unha función social esencial para loitar contra as desigualdades".

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) valorou positivamente que a lei estableza que só os centros especiais de emprego de iniciativa social e carácter non lucrativo sexan considerados entidades de economía social. Así mesmo, recoñécese o papel "singular" da ONCE como axente do Terceiro Sector e da economía social.

Reaccións do sector
Desde a Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), o seu presidente Juan Antonio Pedreño cualificou a aprobación como un "gran avance" e un "salto cualitativo" para o sector. CEPES destaca especialmente a simplificación administrativa e a clarificación do catálogo de entidades.

Con todo, non todas as valoracións foron unánimes. O presidente da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), Luís Miguel Jurado, lamentou que a norma sexa unha "oportunidade perdida" para o cooperativismo de traballo, ao considerar que o seu modelo específico "quedou diluído nun marco excesivamente amplo".

Fonte: RTVE noticias

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo hoxe en valor o labor dos centros especiais de emprego de iniciativa social durante o acto de inauguración do Garden Botánico do Lago Castiñeiras, un proxecto impulsado pola Fundación Juan XXIII. Mariño salientou a importancia desta iniciativa pola súa vocación de visibilizar e potenciar as capacidades das persoas con discapacidade intelectual a través de actividades laborais, formativas e sociais abertas ao conxunto da cidadanía. Louvou as diferentes liñas de actividade do proxecto, entre as que destacan un espazo de venda de plantas e produtos de xardinería, xardíns temáticos con finalidade didáctica e un viveiro especializado na produción de especies forestais autóctonas, que contribuirán á xeración de emprego.

A directora xeral tamén subliñou o apoio da Xunta ao importante labor que este centro especial de emprego desenvolve desde o ano 1988, ao tempo que avanzou que o Goberno galego lanzará proximamente unha nova orde de axudas destinada a estas entidades, dotada con 27 millóns de euros. Esta medida permitirá reforzar o traballo dos 138 centros especiais de emprego existentes en Galicia e avanzar na inserción laboral de arredor de 6.600 persoas con discapacidade.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, presenta un novo curso do programa Muller, a cooperativa é para ti: "Desenvolvendo a idea cooperativa", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: do 8 ao 28 de abril

Formación: En liña (con 2 sesións virtuais)

Horas: 25 h

Obxectivos: 

  • Coñecer que debemos analizar para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
  • Elaborar o prototipo do noso proxecto.
  • Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor.

Programa:

  • Identifica o teu proxecto cooperativo.
  • Analiza as áreas comercial e de mercado.
  • Estudia a viabilidade económica-financeira.
  • Planifica a área organizativa e os trámites de constitución.

O programa está dirixido: Mulleres interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como en activo.

Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 / 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

A CEGASAL organiza a xornada "Empresa con impacto: Inclusión que xera valor", dentro do marco da Rede Eusumo.
 
Data: 8 de abril
Horario: 10:30 a 13:00 horas
Lugar: Auditorio do Nordés Club Empresarial (A Coruña)

Programa

  • Relatorio. Medidas alternativas para o cumprimento da LGD
    • Raquel Alvite - Xerente do CEEIS Combina Social e experta en materia
  • Mesa Redonda. Conversa inspiradora: Empresa e impacto
    • Conchi Bravo - Directora técnica en deseño gráfico do CEEIS Trébore
    • Felipe Ovalle - Xerente do CEEIS Emprego Social
    • Víctor Silva - Directora xeral do CEEIS Galega de Economía Social
    • Eva Fariñas - Responsable de Arte Floral Calo
    • José Antonio Rodríguez - Xerente de Fincas Coruña
  • Micro aberto para o público: conexión, dúbidas e networking

Inscricións: a través deste formulario

Xornada Cegasal Nordés

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organizan unha formación sobre "Xestión Económico-Financeira da Cooperativa de Traballo Asociado".

Fecha: 7 de abril ao 29 de maio

Horas: 30 horas

Modalidade: Teleformación

Preinscripción aberta: ata o 25 de marzo

No curso trabállanse as seguintes competencias, coñecementos e capacidades:

  • Empresa social
  • Xestión e administración. Xestión Financeira
    • Ensinar principios económicos
    • Xestionar recursos empresariais
  • Dereito. Lexislación Fiscal
    • Desenvolver plans de xestión
  • Tomar decisións empresariais estratéxicas

A microcredencial estrutúrase a partir dunha metodoloxía de carácter aplicado e orientado á práctica, que combina sesións de docencia expositiva, traballo práctico guiado e acompañamento titorial, co obxectivo de facilitar a adquisición de coñecementos e competencias directamente transferibles á realidade profesional das persoas participantes.

Obxectivos: 

  • Comprender a xestión económica dunha cooperativa de traballo asociado
  • aplicar ferramentas de plaificación e análise
  • Identificar as obrigas fiscais das cooperativas de traballo asociado
  • Elaborar un plan de mellora a cooperativa

As datas e horarios da formación son as seguintes:

  • Abril | 9, 14, 16, 21 e 23 de abril 2026 – de 17:00 a 19:00hs | 28 e 30 de abril – de 16:30 a 19:30hs
  • Maio | 5, 7, 19 e 21 de maio 2026 – de 17:00 a 19:00hs | 12 e 14 de maio de 16:30 a 19:30hs

Podes consultar o procedemento de admisión na seguinte ligazón.

Para realizar a solicitude de admisión acceda á seguinte ligazón da secretaría virtual da USC.

O prazo de prescripción remata o 25 de marzo de 2026. O prazo de matriculación será do 24 ao 31 de marzo, e o precio será de 71,00€.

Para máis información consulta a web de de espazo.coop

Descarga o programa

usc

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza unha formación para  cadros directivos de cooperativas, dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: do 7 ao 26 de abril

Formación: En liña (con 2 sesións virtuais)

Horas: 25 h

Obxectivos: 

  • Desenvolver unha axeitada función directiva. Amosar dende a práctica as condicións necesarias para a xestión cooperativa.
  • Poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas.
  • Coñecer recursos e ferramentas útiles.
  • Crear redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades directivas e xerencias.

Programa:

  • Formación cooperativas básica.
  • As habilidades sociais e organización societaria en cooperativas.
  • A área comercial e de mercado. A área económico-financeira.
  • A planificación estratéxica e ferramentas para o plan de mellora.

O programa está dirixido: Persoas socias e asalariadas de cadros directivos de cooperativas ou que estean interesadas en desenvolver as súas capacidades para desempeñar estas funcións.

Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 ou no correo patane@espazo.coop

EspazoCoop Cadro Directivos

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a 3º edición da formación "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais" no marco da Rede Eusumo.

Data: Do 6 de abril ao 17 de maio de 2026

Modalidade: Teleformación

Duración: 70 horas

Obxectivos:

  • Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características básicas e diferenciadoras.
  • Amosar dende a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade.
  • Contribuír a que se coñezan e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.
  • Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través das estratexias que redunden na calidade.

Programa:

  • UNIDADE I: Cooperativismo no sector primario (10 horas)
    • Módulo 1-. As cooperativas
    • Módulo 2-. Marco legal do cooperativismo
  • UNIDADE II: Certificacións de calidade (40 horas)
    • Módulo 3-. ISO 9001
    • Módulo 4-. Certificacións en vacún de leite.
    • Módulo 5-. Global G.A.P
    • Módulo 6-. BRC/IFS
    • Módulo 7-. ISO 22000
  • UNIDADE III: Certificacións ambientais (20 horas)
    • Módulo 8-. ISO 14000 (14063, 14067...)
    • Módulo 9-. Análise do ciclo de vida
    • Módulo 10-. Pegada de carbono
    • Módulo 11-. Pegada hídrica

Inscricións previas: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

agaca

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía ata este próximo mércores 1 de abril o prazo para adherirse —a través da Rede Eusumo— á iniciativa Medrando Xuntas, pensada para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega. O programa inclúe formacións, encontros e accións de visibilización que buscan poñer no centro o talento e o liderado feminino e que arrancarán o próximo 11 de abril, dirixidas tanto a mulleres traballadoras como socias e directivas. Así, traballarán habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomenta a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se dan a coñecer proxectos que están a transformar a economía desde a cooperación e o compromiso social.

En primeiro lugar, Medrando Xuntas conta cun programa formativo para mulleres socias e traballadoras orientado a reforzar a súa participación activa nas entidades de economía social. Consta de tres bloques, arredor da fórmula da economía social en si, sobre liderado e sobre xestión das organizacións.

En segundo lugar, a formación para directivas está dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara a postos de liderado na economía social. Consta, neste caso, de catro bloques, sobre a economía social desde a perspectiva de xénero e os desafíos do futuro, sobre autocoñecemento para mudar a contorna, sobre estratexias para unha xestión transformadora e arredor de proxectos innovadores para a economía social.

Para máis información sobre o programa Medrando Xuntas ou inscricións, todas as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 696 55 96 42.

Compromiso coa economía social

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027, ao igual que outras como o programa de mentoría especializada dirixido a entidades de economía social en fase de consolidación, é dicir, con máis de 42 meses de antigüidade; ou o Pop Ups ES-Factory, deseñado para impulsar proxectos de economía social mediante a creación de espazos comerciais que permiten coñecer de primeira man a aceptación dos servizos e produtos ante público real.

Cómpre engadir que a Xunta orzamentou este ano case 45 M€ para este eido económico, con convocatorias como o Bono Consolida —2,73 M€ e con prazo de solicitudes aberto ata o 10 de abril—, os apoios destinados aos centros especiais de emprego e empresas de inserción e outras para promover a creación de consolidación de empresas e emprego na economía social, así como para fomentar e visibilizar a economía social, entre elas as destinadas ás entidades da Rede Eusumo. A maiores, está aberto ata o 30 de abril o prazo de participación no certame de Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Igualdade

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Santiago no encontro Facendo máis Rede 2026, unha xornada dirixida ás entidades socias da Rede Eusumo para reforzar o traballo en rede, compartir iniciativas e avanzar na cooperación entre os distintos axentes vinculados á economía social. Con 115 entidades adheridas desde a súa creación en 2012, destacou que esta Rede que serve de ferramenta de cooperación, acompañamento e dinamización do emprendemento no eido da economía social permitiu crear en Galicia 264 proxectos que xeraron máis de 540 empregos directos.

Cómpre recordar que poden sumarse á Rede Eusumo as entidades locais, asociacións de entidades de economía social, asociacións empresariais, universidades, fundacións ou cámaras de comercio. Máis aló do emprendemento e emprego consolidado, a Rede ten organizado máis de 2.000 actividades formativas e informativas, ás que asistiron preto de 39.000 persoas. Ademais, asesorou máis de 1.500 grupos promotores para o impulso de proxectos cooperativos, con máis de 3.000 persoas implicadas.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Igualdade

A Rede Eusumo organiza o encontro de entidades socias da Rede Eusumo "Facendo máis Rede 2026"

Datas: 27 de marzo de 2026

Horario: 11:30 - 13:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: Sala 9 Edificio Fontan, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Obxectivo: A Dirección de Traballo Autónomo e Economía Socialo convida ás entidades socias da Rede Eusumo a participar nun encontro orientado a informar sobre aspectos de interese para estas entidades a coñecer as actividades que impulsan no marco da economís social e o emprego.

Público obxectivo:

  • Entidades socias da Rede Eusumo
  • Entidades que se atopan no proceso de adhesión á Rede Eusumo
  • Entidades que poden formar parte da Rede Eusumo, como:
    • As administracións públicas
    • As asociacións de entidades de economía social
    • As sociedades cooperativas galegas
    • As fundacións e asociacións
    • As universidades
    • As cámaras de comercio, organizaciósn rpofesionais, empresariais e sindicais
    • Outras entidaes sen ánimo de lucro

Programa:

  • Presentación das entidades socias da Rede Eusumo e as súas actividades
  • Rede Eusumo. Cordinación:
    • Apoio ás entidades socias da Rede Eusumo
    • Comunicación e canais: Web e Manual de información e comunicación
    • Información de interese para as entidades socias
  • Programa promovidos pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
    • Medrando Xuntas
    • Mentorías e Consolidación
    • Pop ups ES-Factory


Prazo de inscricións abertas a través da seguinte ligazón.

Encontro Eusumo

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Xinzo de Limia para, acompañado do alcalde, Amador Díaz, visitar a empresa Mailu Cociñas S.L., unha das trece entidades ourensás beneficiarias na última resolución do Bono consolida economía social ás que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou máis de 240.000 euros, co fin de reforzar a presenza das empresas de economía social no tecido económico da provincia. No caso concreto desta entidade, percibiu unha achega de máis de 10.000 euros para a adquisición de equipamento e mobiliario.

Durante a súa estancia nas súas instalacións, o delegado territorial aproveitou para lembrar que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria deste programa cun orzamento de 2,73 millóns de euros ata o próximo 10 de abril, dirixida a sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que estean rexistrados e acrediten unha antigüidade mínima de 42 meses.

Manuel Pardo subliñou que esta convocatoria enmárcase no compromiso do Goberno autonómico a prol da transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética destas entidades que impulsan empregos inclusivos e de calidade. Nesta liña detallou que, entre outros, os conceptos subvencionables poden ser a adquisición de equipamento informático e mobiliario; a reforma do centro de traballo; o desenvolvemento de software e páxinas web; ou a obtención de certificacións de calidade.

O representante do Goberno galego destacou que, como novidade desta orde, a Xunta priorizará os gastos de investimento fronte aos correntes co fin de acadar unha efectiva consolidación das entidades da economía social. Dáse así resposta á demanda real detectada na pasada orde, ao tempo que se prima un tipo de gasto que logra xerar un maior retorno no medio e longo prazo. A maiores, elévase de dous a tres anos a obriga de mantemento da forma xurídica das entidades beneficiarias, así como da súa actividade empresarial, co gallo de asegurar a súa permanencia no tecido produtivo.

A intensidade das axudas

Tamén concretou que as achegas serán de ata 30.000 euros por entidade e a intensidade da axuda do 80% do custo subvencionable. Entre outras actuacións, fináncianse investimentos realizados entre o 1 de novembro de 2025 e o 30 de outubro de 2026 en equipamento informático, software, márketing, eficiencia enerxética, elementos de transporte, formación para os socios afiliados ao réxime de traballo autónomo (Reta) ou reformas que se realicen en calquera instalación do centro de traballo.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Produción e comercialización de cogomelos en Galicia" no marco da Rede Eusumo.

Data: 27 de marzo

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Reponsables de innovación e sustentabilidade, persoal técnico agrario, estudantes, investigadores/as, público xeral

Obxectivos:

  • Explicar as vantaxas e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandera entre as persoas e as súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas como de novos emprendementos

Programa:

  • Técnicas de cultivo de cogomelos en substratos: materiais e instalacións necesarios
  • Técnicas de cultivo de shiitake en troncos
  • Primeiros pasos no negocio dos cogomelos
  • Produción de cogomelos no marco dun proxecto integral
  • Experiencia de produción de shiitake en ecolóxico

Inscricións previas: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

cogomelos

O Congreso aprobou este xoves a Lei Integral de Impulso da Economía Social, unha norma que moderniza e mellora o ecosistema lexislativo do sector co consenso e o apoio das organizacións que o integran. O Ministerio de Traballo e Economía Social puido solicitar o apoio da Cámara para seguir ampliando e consolidando os dereitos sociais e laborais das persoas traballadoras en España.

A vicepresidenta segunda do Gobierno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, agradeceu no Congreso aos grupos parlamentarios que "entenderon a importancia da Economía Social" axudando a sacar adiante a norma: "Hoxe aprobamos unha lei importante, que quizais non fai tanto ruído como outras, pero que di moito sobre o país que queremos construír".

A vicepresidenta recoñeceu á súa vez o labor do Ministerio de Traballo e Economía Social, "que leva moito tempo traballando, con discreción e con diálogo para que esta lei saia adiante. Unha lei construída escoitando á Economía Social, que hoxe nos acompaña e á que estendo os meus agradecementos", dixo na súa intervención.

A vicepresidenta tamén destacou que a nova norma fíxose realidade "escoitando ás cooperativas, ás empresas de inserción,  aos centros especiais de emprego de iniciativa social  e a tantas entidades que levan anos demostrando que outra forma de facer economía non só é posible, senón necesaria".

A Economía Social “non é un recuncho menor do noso sistema produtivo, senón unha parte decisiva da economía española; un modelo que pon no centro ás persoas, ao traballo digno, ao arraigamento territorial e ao interese xeral", defendeu a Ministra de Traballo.

Esta lei recoñece as necesidades dun tecido económico centrado nas persoas. Como sector socialmente estratéxico da nosa actividade, a Economía Social representa un modelo económico alternativo que prioriza as persoas por encima dos beneficios, promovendo formas empresariais máis xustas, resistentes, horizontais e democráticas, e que permiten cohesionar o territorio combatendo o despoboamento rural e fomentando o arraigamento.

A norma é resultado dun enfoque integral, enraizado nos principios e valores propios da Economía Social e dirixido a fortalecer un sector imprescindible no actual contexto internacional de disputa do modelo social e económico. A súa aprobación supón o reflexo dunha forma de lexislar baseada no diálogo das organizacións máis representativas do tecido produtivo, o Ministerio e os distintos grupos parlamentarios.

Principais novidades

Constituída como unha motor clave de crecemento sostible, traballo digno, democracia económica e xustiza social, a Economía Social foi gañando terreo no tecido produtivo nacional e precisaba da actualización normativa que representa esta lei, que conta coa incorporación de diferentes achegas do sector.

A Lei Integral de Impulso da Economía Social (LIIES) consta de catro artigos que modifican as leis que integran o ecosistema normativo do sector: a Lei de Cooperativas, a de Lei para a Regulación do Réxime das Empresas de Inserción, a Lei da Economía Social e a Lei de Réxime Fiscal das Cooperativas.

A lei potencia e impulsa fórmulas innovadoras da Economía Social como a vivenda cooperativa en réxime de cesión de uso, as comunidades enerxéticas ou o comercio xusto. En materia de vivenda en réxime de cesión de uso, a lei modifica a Lei de Réxime Fiscal das Cooperativas para recoñecer por primeira vez como especialmente protexidas a determinadas cooperativas de vivenda, en concreto as de cesión de uso, sempre que manteñan a propiedade das vivendas, non repartan retornos e cumpran requisitos específicos.

A nova normativa tamén adecúa e actualiza a Lei 27/1999, do 16 de xullo, de Cooperativas. Dixitaliza e adapta ao século XXI o funcionamento interno das cooperativas, a fórmula empresarial da Economía Social que ten maior arraigamento, ás novas formas de comunicación e participación baseadas nas novas tecnoloxías e amplía os dereitos dixitais dos cooperativistas.

O principio cooperativo de igualdade reflectirase de forma máis efectiva coa elaboración de plans de igualdade cooperativos. A lei contempla a Comisión de Igualdade, impulsa a conciliación e establece o principio de presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos sociais.

Outro dos avances máis relevantes da nova norma é o reforzo das causas de descualificación administrativa, para actuar fronte a entidades que operan baixo aparencia cooperativa, pero que vulneran os seus principios e valores. Isto permite protexer a identidade cooperativa fronte a usos instrumentais ou fraudulentos, así o texto permite combater o intrusismo nas cooperativas ao clarificar que empresas forman parte da Economía Social e cales non.

Empresas de inserción

A norma, no seu artigo segundo, modifica a Lei 44/2007 para a regulación do Réxime das Empresas de Inserción, as entidades que facilitan a participación no mercado laboral de persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.  Co consenso pleno do sector refórzase a definición de colectivos ou persoas expostas a situacións de vulnerabilidade e/ou exclusión social, evitando a súa estigmatización.

O texto inclúe unha definición de empresa de inserción máis adecuada e coherente cos seus fins, de forma que os novos axustes introducidos no funcionamento interno destas empresas permitirán garantir a súa competitividade coa contratación indefinida en empresas ordinarias como meta laboral. Así, a lei ordena mellor os itinerarios de inserción e adáptaos á lóxica da contratación indefinida tras a reforma laboral.

No terceiro artigo modifícase a Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social clarificando as tipoloxías e o catálogo de entidades que integran o sector. Ademais, se reformulan os obxectivos que deben internalizar as políticas públicas na actividade de promoción do sector. A lei eleva a contratación pública reservada, aumentando a porcentaxe de contratos do sector público reservados para empresas de inserción e centros especiais de emprego de iniciativa social.

A Economía Social en España

As cooperativas, empresas de inserción, centros especiais de emprego de iniciativa social, confrarías, mutualidades, fundacións sen ánimo de lucro e outras entidades que conforman o ecosistema da Economía Social en España xeraron unha cifra de negocios do 11,1% do PIB en cada un dos anos do período 2019-2023.

O tecido produtivo da Economía Social española está constituído por un total de 127.532 empresas e entidades, das que dependen 2.250.389 empregos directos e indirectos, e que deixan un total de 169.691 millóns de euros de facturación, segundo os últimos datos do sector achegados polo Instituto Nacional de Estatística.

Fonte: Ministerio de Traballo e Economía Social

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración presenta os Plans Locais de Economía Social de Galicia no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa para impulsar a economía social desde o ámbito local.

Data: 26 de marzo
Horario: de 12:30 h a 13:30 h
Lugar: Expomunicipal de Silleda — Pavillón 2, Stand Consellería de Presidencia
 

Obxectivos:

  • Impulsar o emprendemento colectivo e a xeración de emprego de calidade no ámbito local
  • Fortalecer o tecido económico e social do territorio
  • Promover modelos económicos máis sostibles, participativos e inclusivos
  • Estender a metodoloxía dos Plans Locais a concellos de toda Galicia, adaptándoa ás diferentes realidades territoriais

Para máis información consulta o programa do encontro

silleda

Aeiga organiza un evento networking sobre "A Intelixencia Artificial e a Economía Social", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 26 de marzo

Horario: 09:30 - 12:30 h

Modalidade: Telemático

Obxectivos: 

  • Clarificar que é a Intelixencia Artificial e os seus diferentes tipos
  • Identificar retos e oportunidades na implementación da IA nas entidades de economía social
  • Comprender a Intelixencia Artificial Xenerativa e o seu impacto no sector
  • Explorar aplicacións prácticas da IA en áreas como xestión de recursos humanos e optimización operativa
  • Xerar interacións e sinerxías que permitan establecer colaboracións futuras entre as entidades asistentes

Contidos:

  • Contextualización e evolución da IA
  • Conceptos clave da IA xenerativas e aprendizaxe automático
  • Uso seguro de ferramentas profesionais e protección da información
  • Introdución ao entrenamento da IA mediante proxectos e xestión do coñecemento
  • Análise básico de documentos e informes con IA
  • Espacio participativo para detectar necesidades reais do grupo

O programa está dirixido a: Equipos directivos e técnicos de entidades da Economía Social e profesionais interesados na innovación e tecnoloxía aplicada á xestión social e empresarial.

Prazo de inscripcións aberto a través do seguinte formulario.

IA

Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Da análise á estratexia: como transformar datos en vantaxes competitivas con POWER BI"

Datas: do 25 de marzo ao 8 de abril de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Aprender a analizar e converter datos en obxectivos visuais atractivos para facilitar a toma de decisións e a elaboración de documentación máis competitiva e dinámica.

Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer o uso de POWER BI así como as vantaxes que ofrece para a operativa diaria dunha entidade de economía social.

Programa:

  • MÓDULO 1. Introdución a Power BI
  • MÓDULO 2. Deseño Dashboard
  • MÓDULO 3. Linguaxe DAX

As inscricións estarán abertas ata o 24 de marzo de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

power bi

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, avogou por seguir reforzando as alianzas coa Universidade e o Terceiro Sector para aumentar a eficacia das actuacións públicas dirixidas ás persoas e fogares en situación ou risco de exclusión. Díxoo na inauguración do II Foro Galego Universidade–Terceiro Sector, que está organizado pola Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo e que reúne á comunidade universitaria, Organizacións Non Gobernamentais e empresas de economía social.

Arturo Parrado puxo como exemplos desta colaboración coas universidades os estudos en materia de senfogarismo ou migración, que permitiron mellorar plans e programas de servizos sociais. Tamén destacou o papel relevante que ten a formación e a mellora das capacidades dos profesionais que traballan no ámbito dos servizos sociais na calidade da atención.

Así mesmo, o director xeral destacou a importancia do traballo en rede coas entidades do Terceiro Sector polo nivel de proximidade que teñen coa poboación, o que lles permite coñecer ben a realidade social e crear redes que fortalecen a comunidade. Neste sentido, avanzou que a Xunta está a impulsar a Lei do Terceiro Sector de acción social de Galicia, que será un instrumento para reforzar ás entidades e asegurar a súa participación e actuación.

Centro de día da Fundación Juan Soñador

Por outra parte, Arturo Parrado visitou o centro de día de inclusión social Teranga-Ourense, que xestiona a Fundación Juan Soñador. Alí estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e coñeceu os programas que se desenvolven co apoio económico da Administración autonómica.

Así, o Goberno galego destina preto de 770.000 euros este ano a financiar os programas de inclusión socio-laboral e residencial que leva a cabo esta entidade, así como actuacións de formación adaptada, o servizo de asesoramento xurídico, o funcionamento dos seus centros, e investimentos de mellora e modernización do seu centro de acollida. Estes fondos proceden das últimas convocatorias de axudas dirixidas a entidades para desenvolver programas de inclusión social, unha delas está financiada con cargo ao 0,7% do IRPF e a outra conta con cofinanciamento do FSE+.

Fonte: C. de Política Social e Igualdade

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Programa Consolida +", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 23 de marzo

Horario: 09:30 - 12:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Escola Superior de Conservación e Restauración de bens culturais de Galicia | Rúa Xeneral Martitegui, 1, Pontevedra 

Metodoloxía: A metodoloxía é activa e participativa.  Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación. Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa. 

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o empredemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Programa:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en empredemento cooperativo.

O programa está dirixido: Ao alumnado das disciplinas de Xestión Profesional da Escola Superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia, na que se abordan as formas xurídicas, e a de Proxectos, específica de proxectos de Conservación Restauración.

Para máis información contacta a través do teléfono 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Elementos clave para crear un plan de comunicación efectivo"

Datas: do 18 de marzo ao 1 de abril de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Adquirir coñecementos para situar a entidade no sector, fidelizar clientes, lograr os obxectivos estratéxicos predeterminados, así como garantir que a mensaxe sexa claro, coherente e chegue á audiencia adecuada no momento oportuno.

Público obxectivo: Dirixido a todas as persoas interesadas en elaborar un plan de Comunicación para as súa entidade de economía social.

Programa:

  • MÓDULO 1. O ecosistema dixital o plan de márketing
  • MÓDULO 2. Creación do proxecto web. Consideracións e tendencias
  • MÓDULO 3. Redes sociais, márketing de contidos e monitorización en liña
  • MÓDULO 4. Display e social ADS. Unha nova forma de publicitarse
  • MÓDULO 5. Posicionamento SEO
  • MÓDULO 6. Email márketing & mobile márketing
  • MÓDULO 7. Analítica web

As inscricións estarán abertas ata o 17 de marzo de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o cartel

Curso Plan de Comunicación Efectivo

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na praza de abastos de Santiago na inauguración da actividade Espazos efémeros de emprendemento e tamén visitou os postos das 9 cooperativas participantes nesta iniciativa. Trátase dunha actividade impulsada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) enmarcada no proxecto transfronteirizo ES-Factory, de cooperación Galicia–Norte de Portugal e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (Poctep) 2021-2027.

Alí puxo de relevo esta acción orientada a promover a innovación comercial e a fortalecer proxectos empresariais do ámbito do cooperativismo e que permite ás entidades participantes expoñer e promocionar os seus produtos agroalimentarios nun espazo de grande visibilidade, de maneira totalmente gratuíta. Ademais de hoxe e mañá, esta actividade terá continuidade os días 8, 9, 22, 23, 29 e 30 de maio. Dentro deste proxecto tamén se enmarca a aceleradora de economía social Xunta Impulsa, que acolle o polo de emprendemento de Vilanova de Arousa e que se desenvolverá ata o mes de abril. Trátase dunha iniciativa de formación e asesoramento que se completa con sesións de mentoría especializada.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aeiga organiza un encontro de "Conversatorios Universidade Economía Social: Emprender con impacto", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 13 de marzo

Horario: 09:30 - 11:30 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Facultade de Turismo-Economía da Empresa (Universidade da Coruña)

Obxectivos: 

  • Promover o coñecemento e a creación de novas Empresas de Inserción (EI) no ámbito universitario, fomentando o emprendemento social como unha ferramenta clave para a inclusión sociolaboral e o desenvolvemento sostible.
  • Complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais.

Contidos:

  • Economía Social e Empresas de Inserción
  • Creación e funcionamento das Empresas de Inserción
  • Boas prácticas en emprendemento e cambio sostible

O programa está dirixido a: persoas menores de 30 anos, alumnados do Grao en psicoloxía da Universidade da Coruña

Prazo de inscripcións aberto a través do seguinte correo aeigagalicia@aeiga.org

Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Conecta, crea e impacta: O poder do hemisferio dereito na economía social"

Datas: do 12 ao 26 de marzo de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Adquirir ferramentas para desenvolver a creatividade e atopar ideas innovadoras e solucións creativas ás diferentes problemáticas que se presenten.

Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer as novas formas de resolución de problemas complexos desde unha óptica innovadora

Programa:

  • MÓDULO 1. Innovación
  • MÓDULO 2. Innovación na economía social
  • MÓDULO 3. Boas prácticas en innovación en economía social
  • MÓDULO 4. Que é o design thinking?
  • MÓDULO 5. Empatía (Identificación do problema)
  • MÓDULO 6. Definición (Identificación do reto)
  • MÓDULO 7. Ideación
  • MÓDULO 8. Prototipado
  • MÓDULO 9. Validación

As inscricións estarán abertas ata o 11 de marzo de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

Conecta, crea e impacta: O poder do hemisferio dereito na economía social

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Programa Consolida +", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 12 de marzo

Horario: 16:30 - 18:30 h

Modalidade: En liña

Metodoloxía: Proponse un método de traballo que combina a presentación inicial, coa difusión de casos, reflexións de grupo ou debates que serven para estimular e ordenar o intercambio entre participantes.

Entre encontros desenvólvese cunha metodoloxía activa e participativa, que facilita o interese, a atención e o intercambio entre as persoas asistentes. Utilízanse medios audiovisuais (presentación, vídeos, enlaces webs, etc.) e realízanse actividades dinámicas de reflexión e debate, promovendo a implantación das aprendizaxes e experiencias vivenciadas na sesión.

Obxectivos: Desenvolver un encontro que poida servir para que as participantes accedan a información e metodoloxía na temática de tratar, achegada a través de persoas experimentadas. Será un encontro temático, que permitan o intercambio de dúbidas, necesidades, recursos a disposición, boas prácticas e medidas de interese xeral e píldoras formativas e informativas que permitan avanzar na consolidación das entidades participantes ao mesmo tempo que facer comunidade entre ás participantes.

Será un encontro para aprenden como implantar un Plan de Mellora empresarial nas cooperativas e lograr analizar e diagnosticar situacións e necesidades para tomar as decisións adecuadas, sortear dificultades e lograr resultados óptimos nas entidades. E presentar programa de acompañamento sectorial para elaboración de Plans de Mellora para ás Cooperativas de ensino.

Programa:

  • Presentación do Programa Consolida +
  • Webinar especializado "Como implantar un Plan de Mellora na túa cooperativa"
  • Presentación programa de acompañamento sectorial Plans de Mellora para Cooperativas de ensino
  • Resolución de dúbidas, conclusión e debate aberto

O programa está dirixido a:

  • Cooperativas, persoas socias e responsables e persoal directivo
  • Grupos de emprendemento, outras entidades de economía social
  • Persoal técnico de servizos de xestión de empresas e fomento de emprendemento e a consolidación, públicos e privados, interesados en coñecer as boas prácticas de consolidación e o propio programa.

Prazo de inscripcións aberto a través da seguinte ligazón.

Descarga o cartel

Webinar Programa Consolida+

 

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá xunto á directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, a Cooperativa de Lago-Valdoviño, beneficiaria o ano pasado das axudas do Bono Consolida Economía Social. A delegada recordou que a nova convocatoria deste programa está aberta ata o 10 de abril ou ata esgotamento de crédito.

Durante a visita, guiada por Concepción Martínez, xerente xeral da cooperativa, Aneiros e Mariño puideron comprobar as melloras realizadas no supermercado da entidade grazas á achega de preto de 20.000 euros do Bono Consolida. As actuacións centráronse na renovación do equipamento de frío comercial, substituíndo equipos antigos por outros de alta eficiencia enerxética e baixo impacto ambiental, que neste caso foron catro conxeladores expositores e un fabricador de xeo. Con este cambio, conseguiron, entre outros resultados, diminuír as incidencias relacionadas con flutuacións de temperatura ou avarías e reducir o consumo eléctrico mensual, cun aforro de entre un 30% e un 40%. A delegada destacou que “esta é unha mellora non só para a cooperativa e o seus consumidores, senón para todos”, facendo alusión aos impactos positivos destes cambios para o medio ambiente.

Aneiros recordou que este programa non está só dirixido a sociedades cooperativas, apuntando que tamén poden beneficiarse da convocatoria sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego, cunha achega máxima de ata 30.000 euros por beneficiario.

A convocatoria, que o ano pasado deixou máis de 42.000 euros de axudas na comarca de Ferrolterra, busca apoiar  a consolidación das entidades da economía social, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética. Este ano conta cun orzamento de 2,7 M de euros para a subvención de equipamento informático, elementos de transporte, mellora na eficiencia enerxética, márketing, comunicación ou relanzamento comercial, reforma do centro de traballo e formación para socios RETA, entre outros gastos executados entre o 1 de novembro de 2025 e o 30 de outubro de 2026.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as instalacións da empresa Terra Adestramento e Saúde, no concello de Cambados, beneficiaria do programa de axudas Aprol Economía Social que ten como obxectivo facilitar a achega das persoas socias ao capital social e reforzar o emprendemento no eido da economía social, sempre que estivesen previamente desempregadas, fosen socias a proba nas entidades ás que se incorporan, estivesen asalariadas nelas ou noutras empresas que logo se transforman en cooperativa ou sociedade laboral. Tamén poden ser beneficiarias as persoas que, sendo desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como socias en réxime de exclusividade.  

Cabe destacar que na pasada convocatoria preto de 130 entidades da provincia de Pontevedra se beneficiaron desta iniciativa o ano pasado por un importe total de máis de 2 millóns de euros.

O delegado territorial aproveitou a visita para destacar a importancia de “seguir apoiando aos emprendedores que arriscan o seu patrimonio para ofrecer servizos á veciñanza e xerar emprego”.

A nova convocatoria está dotada cun crédito inicial de 5 millóns de euros para toda Galicia. Con esta iniciativa, a Xunta busca promover o emprego e o emprendemento nas cooperativas e sociedades laborais ao tempo que contribúe a fixar poboación no rural. Deste xeito, coa convocatoria deste ano prevé, cunha estimación inicial,  impulsar a incorporación de máis de 340 persoas como socias nunhas 160 cooperativas e sociedades laborais.

O programa conta con dúas liñas compatibles entre si. A primeira con axudas directas a cooperativas e sociedades laborais para que incorporen como socias, dun xeito prioritario, persoas desempregadas; e a segunda está dirixida ás persoas que entren como socias a unha destas entidades cun contrato indefinido ou tras iniciar a súa actividade por conta propia. Neste último caso, os apoios son compatibles co resto de liñas de impulso ao emprendemento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

En ambas liñas, haberá incrementos da axuda acumulables entre si do 25% se as beneficiarias finais son mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, emigrantes retornadas ou trans. Tamén se as entidades teñen a sede en contornas rurais, se son cooperativas xuvenís ou de nova creación que conten con catro ou máis socios. Neste sentido, de aplicarse todos estes incentivos en ambos casos, a axuda máxima por persoa podería chegar aos 19.500 euros.

As entidades e persoas interesadas en acceder a estas achegas poderán consultar os requisitos na orde publicada no DOG e o prazo de presentación de solicitudes prolongarase ata o 16 de setembro de 2026.

Cómpre engadir que entre os anos 2017 e 2025, a Xunta apoiou a incorporación de preto de 7.000 persoas socias a cooperativas e sociedades laborais cun investimento de preto de 38 M€ contribuíndo ao reforzo da economía social.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Mentoría para a profesionalización e consolidación da Economía Social

Este programa ofrece un servizo estratéxico de mentoría especializada dirixido a entidades de economía social en fase de consolidación (máis de 42 meses de antigüidade ou en etapa de profesionalización avanzada).

O noso obxectivo é axudar ás entidades a dar un salto de escala na súa competitividade, con especial atención ao ámbito rural e a sectores estratéxicos como a economía verde, dixital, tecnolóxica e dos coidados.

Que ofrecemos?

  • Detección de necesidades e diagnóstico individualizado.
  • Acompañamento por unha Rede Galega de Persoas Mentoras con ampla experiencia.
  • Plan personalizado de mellora e consolidación empresarial.

Ligazóns aos formularios:

1. Queres ser mentor/a?

Inscríbete na nosa rede de expertos (mínimo 2 anos de experiencia en economía social).

Formulario Persoas Mentoras 

2. Necesitas mentoría para a túa entidade?

Solicita o servizo para profesionalizar o teu proxecto.

Formulario Entidades 

Datos de contacto:

Teléfono: 617 238 259

Nesta infografía atoparás todo o que precisas saber sobre as aportacións de capital nas cooperativas.

Queres crear unha cooperativa? Nesta infografía recóllense os 13 pasos fundamentais para poder poñela en marcha.

Nesta infografía atoparás todo o que precisas saber sobre as aportacións de capital nas cooperativas.

Se queres coñecer información sobre o reembolso das achegas ao capital social en caso de baixa da persoa socia da cooperativa, acceda á seguinte infografía.

Tedes interese en coñecer os beneficios fiscais das entidades de economía social?

Nesta infografía atoparedes, dunha forma resumida, os beneficios fiscais das sociedades cooperativas

Se queres coñecer cómo se integran as cooperativas mediante o proceso de fusión, mira esta infografía.

Se queres coñecer os pasos que deben dar as entidades para transformarse en cooperativas podes descargar a seguinte infografía.

Consulta nesta infografía os beneficios fiscais dos centros especiais de emprego.

Que requisitos ten que cumprir unha sociedade para que poida ser cualificada como laboral? A que está obrigada despois de ser cualificada como laboral? Que consecuencias ten incumprir estas obrigas?

Nesta infografía atoparás todas as respostas.

Para coñecer a composición do capital social e a forma de transmitir voluntariamente accións e participacións nas sociedades laborais, visualiza esta infografía.

Se queres coñecer que son os centros especiais de emprego e as súas vantaxes, mira esta infografía.

Consulta nesta infografía os beneficios fiscais das sociedades laborais e das persoas socias deste tipo de entidades.

Se queres coñecer como funciona unha empresa de inserción, cales son os principais axentes implicados, a finalidade dos mesmos, ademais de que é o que lles proporciona a empresa de inserción ás persoas en risco ou exclusión social, mira a seguinte infografía.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe as instalacións da cooperativa Bidafarma no Polígono industrial de Pocomaco, na Coruña. Alí puxo de relevo a actividade desta entidade líder no sector da distribución farmacéutica en España e a súa capacidade dinamizadora do territorio e deu conta do apoio do Goberno galego a esta familia da economía social.

Neste sentido, Bidafarma serve a máis do 95 % das farmacias rexistradas na comunidade, incluíndo as de zonas rurais desprazadas. Ademais, o conselleiro salientou a súa participación no Programa autonómico Outonos Cooperativos, que organiza o Goberno galego xunto co Consello Galego de Cooperativas para visibilizar con experiencias reais a fórmula cooperativa e os seus valores e agradeceu o seu labor a prol do progreso da comunidade.

Na visita de hoxe, na que tamén estiveron distintos membros de Bidafarma en Galicia, e a presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira, José González fixo fincapé no peso do cooperativismo e lembrou que no 2025 por primeira vez Galicia superou as 2.000 cooperativas activas, o que supón unha suba de arredor do 40% en relación a hai cinco anos. Ademais, este sector ten un volume global de facturación superior aos 3.000 M€ anuais e emprega a unhas 78.000 persoas, entre socios e traballadores por conta allea.

Aposta da Xunta polo cooperativismo

Para potenciar este pulo do cooperativismo, explicou José González, o Executivo autonómico traballa para dotalo das ferramentas necesarias para potencialo. Neste eido destaca a nova Lei de Cooperativas de Galicia, que Galicia aprobará proximamente para visibilizar esta fórmula como alternativa para o emprendemento en sectores estratéxicos e para proporcionarlles maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras e adaptadas á nova realidade socioeconómica.

No ámbito do emprego feminino neste eido, a Xunta impulsa a iniciativa Medrando Xuntas, da que lanzará mañá unha nova edición coincidindo coa semana do 8M e que está pensada para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega, na que se encadra o cooperativismo. Este programa inclúe formacións, encontros e accións de visibilización que buscan poñer no centro o talento e o liderado feminino. Entre outros aspectos, daranse a coñecer proxectos que están a transformar a economía desde a cooperación e o compromiso social. A interesadas poderán inscribirse a través da Rede Eusumo.

A isto súmanse, engadiu, os apoios como os do programa Aprol Economía Social para promover o emprego e o emprendemento nas cooperativas e sociedades laborais, dos que está aberta ata o 16 de setembro a convocatoria deste ano, dotada cun crédito inicial de 5 M€. Segundo estimacións iniciais, con esta convocatoria prevese incorporar máis de 340 persoas como socias nunhas 160 cooperativas e sociedades laborais. Ademais, entre os anos 2017 e 2025, con esta orde, a Xunta apoiou con case 38 M€ a incorporación de preto de 7.000 persoas socias a cooperativas e sociedades laborais.

Outras axudas na economía social

Todo isto, explicou o titular de Emprego, enmárcase no apoio da Xunta á economía social no marco da Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027. Para este eido, o Executivo galego orzamentou este ano case 45 M€. Neste eido, impúlsanse outras convocatorias como o Bono Consolida —2,73M€ e con prazo de solicitudes aberto ata o 10 de abril—, os apoios destinados aos centros especiais de emprego e empresas de inserción e outras para promover a creación de consolidación de empresas e emprego na economía social, así como para fomentar e visibilizar a economía social, entre elas as destinadas ás entidades da Rede Eusumo. A maiores, está aberto ata o 30 de abril o prazo de participación no certame de Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Nesta infografía podes consultar o proceso que tes que seguir para ser unha entidade adherida á Rede Eusumo.

Medrando Xuntas é un programa que impulsa o liderado feminino na Economía Social galega. Nace para acompañar, conectar e fortalecer ás mulleres que crean, cooperan e transforman o territorio a través de proxectos con impacto social.

O programa constrúese desde a convicción de que medrar en colectivo multiplica as oportunidades: cando as mulleres se forman, se conectan e se acompañan, fortalécese tamén a Economía Social e o desenvolvemento sostible de Galicia.

Para manterte ao día das actividades, convocatorias e recursos do programa, subscríbete ao boletín e súmate á canle de WhatsApp de Medrando Xuntas.

Fins e obxectivos:

  • Reforzar o liderado e a participación das mulleres na Economía Social.
  • Facilitar formación práctica e accesible para mellorar competencias profesionais e estratéxicas.
  • Crear redes de apoio e intercooperación entre mulleres de distintos sectores e territorios.
  • Visibilizar proxectos liderados por mulleres con impacto social, innovación e arraigo territorial.

Que facemos?

Formación

Espazos de aprendizaxe pensados para mulleres socias, traballadoras e directivas da Economía Social. A formación combina contidos prácticos, metodoloxías participativas e enfoque de xénero, co obxectivo de fortalecer o liderado, a xestión e a toma de decisións dentro das entidades.

Rede

Unha comunidade viva de mulleres da Economía Social galega. A Rede Medrando Xuntas promove o encontro, o intercambio de experiencias e a creación de alianzas, facilitando o acceso á información, aos recursos e ás oportunidades que ofrece o ecosistema da Economía Social.

Impulsa

Unha liña orientada a dar visibilidade e recoñecemento aos proxectos liderados por mulleres. A través de encontros e dun evento anual, ponse en valor o emprendemento feminino con impacto social, innovación, creatividade e compromiso co territorio.

Encontro Medrando Xuntas 2026

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollerá o Encontro Medrando Xuntas o vindeiro venres, 19 de xuño, de 12:30 a 14:00 horas. As persoas interesadas en asistir, xa poden reservar a súa praza a través do seguinte formulario.

A xornada anual de referencia do programa Medrando Xuntas reunirá a mulleres de toda Galicia vinculadas á Economía Social e acollerá a entrega dos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa.

O Encontro Medrando Xuntas configúrase como un espazo de inspiración, recoñecemento e conexión no que socias, traballadoras, directivas e emprendedoras compartirán aprendizaxes e experiencias, poñendo en valor o seu papel na construción dun modelo económico máis xusto, colaborativo e sostible.

Medrando Xuntas Impulsa 2026

Os recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa buscan visibilizar o talento feminino na Economía Social galega.

Estrutúranse en tres categorías:

Maior impacto social

Para proxectos que contribúen á mellora da calidade de vida, á inclusión social ou ao desenvolvemento comunitario.

Innovación e creatividade

Para iniciativas que incorporan novos produtos, servizos ou modelos organizativos.

Sostibilidade e economía circular

Para as que integran prácticas ambientais responsables e modelos económicos sostibles.

Están dirixidos a proxectos constituídos baixo fórmulas de Economía Social que cumpran, polo menos, unha das seguintes condicións:

Estar liderados por mulleres (máis do 50% do grupo promotor, das persoas traballadoras ou das persoas socias).

Ter un impacto positivo na vida das mulleres.

 

Consulte as bases dos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa.

Actualmente, as candidaturas aos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026 están a ser avaliadas. A resolución publicarase nos medios oficiais da Rede Eusumo e o acto de entrega dos recoñecementos terá lugar o 19 de xuño na Cidade da Cultura, no marco do Encontro Medrando Xuntas.

Programa de formación 2026

O programa parte dunha realidade clara: aínda que a presenza feminina na Economía Social é significativa, persisten barreiras que dificultan o acceso aos espazos de decisión e liderado. Esta nova edición responde a ese desafío cunha oferta formativa práctica, participativa e orientada á acción con dous itinerarios adaptados ás diferentes realidades:

Formación para socias e traballadoras (20 horas)

Orientado a reforzar a participación activa das mulleres nas súas entidades. Estrutúrase en tres bloques:

  • Bloque 1. A Economía Social en Galicia
  • Bloque 2. Fortalecer o liderado
  • Bloque 3. Xestión das organizacións

Formación para directivas e futuras líderes (60 horas)

Dirixido a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara a postos de liderado. Componse de catro bloques:

  • Bloque 1. A Economía Social desde a perspectiva de xénero e os desafíos do futuro
  • Bloque 2. Coñézome eu para mudar o que me rodea
  • Bloque 3. Estratexias para unha xestión transformadora
  • Bloque 4. Proxectos innovadores para a Economía Social

Algunha dúbida?

Para máis información, pode enviar un correo electrónico a medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou chamar ao 696 55 96 42.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Produción de aguacate" no marco da Rede Eusumo.

Data: 5 de marzo

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Mulleres, homes e mocidade vinculada á economía social
  • Profesionais da produción agraria, persoal técnico, de investigación, estudantado e público en xeral

Obxectivos:

  • Explicar as vantaxas e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandera entre as persoas e as súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas como de novos emprendementos

Programa:

  • Manexo agronómico do cultivo de aguacate: nutrición, poda e control do crecemento en condicións atlánticas
  • Rega eficiente e xestión da auga: estratexias avanzadas de rega de aguacate en Galicia
  • Sanidade vexetal: pragas e enfermidades, diagnóstico temperán e estratexias preventivas
  • Colleita, postcolleita e calidade orientada ao mercado: criterios de colleita e manexo postcolleita
  • Rendibilidade, cooperación e estratexia empresarial: modelos de comercialización e estratexia cooperativa

Inscricións previas: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) para a anualidade 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas:

PROGRAMA I: Fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

PROGRAMA II: Fomento do acceso:

  • Á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais.
  • De persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos e as condicións xerais recollidas na orde:

PROGRAMA I:

  • Cooperativas
  • Sociedades laborais

PROGRAMA II:

  • Persoas desempregadas
  • Persoas socias ou traballadoras de cooperativas
  • Persoas socias ou traballadoras de sociedades laborais
  • Persoas socias ou traballadoras doutras empresas que se transformen en cooperativas ou sociedades laborais

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 2 de marzo ás 09:00h ata o 16 de setembro ás 20:00h.

  • TR802G - Programa I: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • TR802J - Programa II: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Descarga a infografía

Presentámosvos un recurso no que se resume de forma concreta "A capitalización da prestación por desemprego para crear ou participar nunha cooperativa ou sociedade laboral". Podedes revisar o contido desta información na imaxe que se atopa facendo clic na seguinte imaxe:

A capitalización da prestación por desemprego para crear ou participar nunha cooperativa ou sociedade laboral

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a empresa Feito Pontevedra para informar sobre o Bono Consolida Economía Social.

Trátase dunha iniciativa que beneficiou 16 entidades da área territorial de Pontevedra por un importe de preto de 270.000 euros na última convocatoria e que ten como obxectivo apoiar a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a competitividade de cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego

En concreto, no caso de Feito Pontevedra, a axuda de máis de 12.000 euros permitiu contribuír á adquisición dun novo furgón e dun arrancador de batería portátil.

O delegado territorial aproveitou a visita para destacar “o compromiso da Xunta con todas as empresas galegas e moi especialmente, coas que teñen un fin social”, como é o caso da visita esta mañá en Pontevedra.

Cabe destacar que o prazo de solicitude da nova convocatoria deste Bono Consolida Economía Social está aberto ata o día 10 de abril. Estímase que estas axudas permitirán favorecer preto de 250 entidades de economía social en toda Galicia. Neste sentido, poden ser beneficiarias destes apoios sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que estean rexistrados e acrediten unha antigüidade mínima de 42 meses.

Como novidade, a Xunta priorizará os gastos de investimento fronte aos correntes co fin de acadar unha efectiva consolidación das entidades da economía social. Dáse así resposta á demanda real detectada na pasada orde, ao tempo que se prima un tipo de gasto que logra xerar un maior retorno no medio e longo prazo. A maiores, elévase de dous a tres anos a obriga de mantemento da forma xurídica das entidades beneficiarias, así como da súa actividade empresarial, co gallo de asegurar a súa permanencia no tecido produtivo.

As achegas serán de ata 30.000 euros por entidade e a intensidade da axuda do 80% do custo subvencionable. Entre outras actuacións con elas fináncianse, investimentos realizados entre o 1 de novembro de 2025 e o 30 de outubro de 2026 en equipamento informático, software, márketing, eficiencia enerxética, elementos de transporte, formación para os socios afiliados ao réxime de traballo autónomo (Reta) ou reformas que se realicen en calquera instalación do centro de traballo.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na xornada celebrada en Ribadavia no marco do proxecto piloto impulsado pola Xunta para a elaboración de plans locais de economía social en distintos concellos galegos.

Despois da recente xornada desenvolvida en Baiona (Pontevedra), Ribadavia colle agora a testemuña neste proceso promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co obxectivo de acompañar aos concellos na definición de estratexias locais adaptadas ás súas características sociais, económicas e produtivas.

Tal e como sinalou Marta Mariño, a finalidade é dotar ás entidades locais de ferramentas e asesoramento especializado para converter a economía social nun eixe estratéxico de desenvolvemento, favorecendo o emprendemento colectivo, a creación de emprego estable, a contratación responsable e o fortalecemento do tecido produtivo.

No caso de Ribadavia, o traballo participativo —dirixido a entidades sociais, cooperativas, asociacións, empresas locais, persoas emprendedoras e demais axentes clave do territorio— pon o foco especialmente nos ámbitos agrario, vitivinícola, cultural e turístico, sectores cun forte peso histórico e identitario no municipio. As achegas recollidas na xornada permitirán avanzar na elaboración do futuro Plan Local de Economía Social, nun proceso aliñado coa Estratexia galega de economía social horizonte 2027 e coa Estratexia de emprendemento ligado ao territorio de Galicia.

Con esta iniciativa, a Xunta reafirma o seu compromiso coa economía social como motor de cohesión social, innovación e emprego estable, impulsando un modelo de desenvolvemento que nace do ámbito local e fortalece o conxunto de Galicia.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Cultura dixital e novos modelos de xestión cultural"

Datas: do 2 ao 17 de marzo de 2026

Horario: de 16:00 h a 18:30 h de luns a xoves

Modalidade: en liña

Duración: 25 horas

Docente: Luis Rico López

Obxectivos: Introducir aos profesionais do sector cultural nas novcas tecnoloxías apliacdas á xestión e difusión de proxectos culturais

Contidos do programa:

  • Introdución á cultura dixital e novos paradigmas
  • Xestión de proxectos culturais con ferramentas dixitais
  • Plataformas e ferramentas para a difusión en liña
  • Experiencias inmersivas (realidade virtual e aumentada)
  • Monetización e modelos de negocio na cultura dixital

O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos, artistas ou emprendedores do sector das industrias culturais como sector específico da economía social.

O formulario de inscrición está dispoñible a través do seguinte enlace

Descarga o cartel

Queres saber xestionar un equipo dentro dunha entidade de economía social? Presta atención a estes 7 consellos que che proporcionamos para a súa correcta xestión e organización.

Se queres coñecer cómo se integran as cooperativas mediante o proceso de fusión, mira esta infografía.

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza o programa de Intercooperación "Encontro Sectorial no Ensino", dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: 28 de febreiro

Horario: 10:00h - 14:30h

Modalidade: presencial

Lugar: Colexio Eduardo Pondal - Darbo, 31 36949 Cangas do Morrazo

Metodoloxía: Desenvolverase un método de traballo que combina a análise e reflexión estratéxica o intercambio de opinións e experiencias que sirvan para estimular e ordenar o diálogo nun plano de igualdade e enriquecemento mutuo.

Obxectivos:

  • Dar a coñecer o Programa de Intercooperación da Unión, así como as distintas liñas de promoción de cooperativismo e a economía social para o ano 2026 por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Rede Eusumo
  • Dar a coñecer as negociacións con provedores de servizos das cooperativas de ensino de cara á sinatura de convenios de colaboración
  • Definir os obxectivos da sectorial do ensino dentro do plan estratéxicos de EspazoCoop 2026-2029
  • Coñecer o modelo de traballo que se está a seguir en Eduardo Pondal S. Coop. Galega, de cara a posibilidade de transferencia de coñecementos, técnicas e metodoloxías de xestión dende esta entidade caro ao colectivo e do resto de participantes entre si
  • Xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación entre as entidades e persoas participantes da Rede Eusumo

Programa:

  • Convenios de colaboración con provedores de servizos
  • A sectorial do ensino na planificación estratéxica da Unión para o período 2026-2029. Definición de obxectivos, medios e candelarización de fitos
  • Visita ás instalacións de Eduardo Pondal S. Coop. Galega
  • Conclusións, resolución de dúbidas e recollida de propostas

O programa está dirixido a persoas socias de cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Ensino, así como doutras entidades da economía social no eido do ensino.

Prazo de inscripcións aberto a través da seguinte ligazón.

Descarga o programa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá os establecementos Bali Belleza e Ohana Escola Infantil, ambos no concello de Tui, con motivo das axudas Aprol Economía Social.

Estas foron dúas das empresas que se beneficiaron da convocatoria pasada destas axudas, que teñen como obxectivo facilitar a achega das persoas socias ao capital social e reforzar o emprendemento no eido da economía social, sempre que estivesen previamente desempregadas, fosen socias a proba nas entidades ás que se incorporan, estivesen asalariadas nelas ou noutras empresas que logo se transforman en cooperativa ou sociedade laboral. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas que, sendo desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como socias en réxime de exclusividade.  

Cabe destacar que na pasada convocatoria preto de 130 entidades da provincia de Pontevedra se beneficiaron desta iniciativa o ano pasado por un importe total de máis de 2 millóns de euros.

A nova convocatoria está dotada cun crédito inicial de 5 millóns de euros para toda Galicia. Con esta iniciativa, a Xunta busca promover o emprego e o emprendemento nas cooperativas e sociedades laborais ao tempo que contribúe a fixar poboación no rural. Deste xeito, coa convocatoria deste ano prevé, cunha estimación inicial,  impulsar a incorporación de máis de 340 persoas como socias nunhas 160 cooperativas e sociedades laborais.

O programa conta con dúas liñas compatibles entre si. A primeira con axudas directas a cooperativas e sociedades laborais para que incorporen como socias, dun xeito prioritario, persoas desempregadas; e a segunda está dirixida ás persoas que entren como socias a unha destas entidades cun contrato indefinido ou tras iniciar a súa actividade por conta propia. Neste último caso, os apoios son compatibles co resto de liñas de impulso ao emprendemento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

En ambas liñas, haberá incrementos da axuda acumulables entre si do 25% se as beneficiarias finais son mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, emigrantes retornadas ou trans. Tamén se as entidades teñen a sede en contornas rurais, se son cooperativas xuvenís ou de nova creación que conten con catro ou máis socios. Neste sentido, de aplicarse todos estes incentivos en ambos casos, a axuda máxima por persoa podería chegar aos 19.500 euros.

As entidades e persoas interesadas en acceder a estas achegas, poderán consultar os requisitos na orde publicada no DOG e o prazo de presentación de solicitudes abrirá o 2 de marzo e prolongarase ata o 16 de setembro de 2026.

Cómpre engadir que entre os anos 2017 e 2025, a Xunta apoiou a incorporación de preto de 7.000 persoas socias a cooperativas e sociedades laborais cun investimento de preto de 38 M€ contribuíndo ao reforzo da economía social.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostebilidade para o agro galego" no marco da Rede Eusumo. Contarase con profesionais do sector, tanto de investigación como de comercialización destas substancias.

Data: 26 de febreiro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Profesionais da produción agraria, técnicos, investigadores e público en xeral

Obxectivos:

  • Explicar as vantxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e ganderias en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agrarias e/ou ganderia entre as persoas e asi súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendementos

Programa:

  • Como son e como actúan os biofertilizantes e bioestimulantes no agro
  • Por que funcionan os bioestimulantes e biofertilizantes
  • Aplicacións prácticas en sistemas produtivos galegos
  • Biofertilizantes e bioestimulantes como oportunidade de negocio
  • Bioinsumos, economía circular e sostibilidade

Inscricións previas: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto central organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do seu Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (Cecoop), con motivo da celebración da Semana Universitaria da Economía Social. Durante a xornada —na que se presentou tamén o Informe da Economía Social en Galicia 2023— Mariño destacou o papel das universidades como espazos clave para achegar a economía social á mocidade e fomentar o emprendemento colectivo como alternativa real de inserción laboral. Subliñou que este modelo ofrece oportunidades profesionais baseadas na innovación, a cooperación e a responsabilidade social, contribuíndo á retención do talento novo.

Así mesmo, remarcou o compromiso da Xunta coa economía social, ámbito ao que destinará este ano preto de 45 M€ no marco da Estratexia galega da economía social: horizonte 2027, co obxectivo de impulsar emprego de calidade e fortalecer un modelo empresarial sustentable e asentado no territorio. Ademais, lembrou a colaboración coa USC no desenvolvemento de Galestat, o portal estatístico da Economía Social en Galicia, que ofrece información actualizada para apoiar a toma de decisións públicas, a investigación académica e a visibilización do sector.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron este martes na inauguración do Foro Tecnolóxico de Emprego que organiza o alumnado da Universidade de Vigo no campus de Marcosende.

“Nestes dous días, miles de estudantes  atopádesvos cara a cara con empresas líderes que veñen aquí a buscar o que máis necesitan: a vosa innovación, a vosa enerxía e a vosa capacidade de transformar o futuro”, destacou Ortiz durante a súa intervención antes de apuntar que o vento se consolida como o punto de encontro crave para o recrutamento da excelencia técnica no noroeste peninsular.

O Foro Tecnolóxico conta co apoio da Xunta de Galicia e está organizado integramente por asociacións de estudantes das escolas de Enxeñería de Telecomunicación, Minas e Enerxía, e Industriais, que pretenden transformar o campus nun centro de negocios de alta intensidade. Durante dúas xornadas, o ecosistema industrial da cidade e as novas fornadas de enxeñeiros confluirán nun espazo deseñado para o intercambio de currículos e a captación de talento.

A programación deste ano non se limita á mera exposición de stands empresariais. O evento inclúe talleres formativos de corte técnico e sesións de orientación laboral enfocadas a mellorar a empregabilidade, desde a redacción do currículo ata a simulación de entrevistas. Unha das actividades máis dinámicas será o speed recruiting, un formato de entrevistas rápidas no que os alumnos poden contactar con múltiples compañías en menos de media hora, facilitando sinerxias que adoitan derivar en contratos de prácticas ou empregos directos.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Dixitalización nas cooperativas gandeiras" no marco da Rede Eusumo.

Data: 24 de febreiro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Mulleres, homes e mocidade vinculada á economía social
  • Profesionais da produción agraria, persoal técnico, de investigación, estudantado e público en xeral

Obxectivos:

  • Coñecer as tecnoloxías para o sector gandeiro: descrición, utilidade e beneficios que aportan
  • Presentar casos de éxito de implantacións reais. Expoñer algunhas ferramentas comerciais existentes
  • Presentar unha lista de servizos que poden recibir as persoas asistentes en relación coa dixitalización e implementación de tecnoloxías avanzadas a través dos DIHs

Programa:

  • Introdución á dixitalización e as tecnoloxías no sector gandeiro. De que falamos? Por que? Para que?
  • Inmersión nas tecnoloxías avanzadas claves no sector gandeiro e tipo: automatización e robótica, sensores e Internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e observación satelital, Sistemas de Información Xeográfica, ciberseguridade e blockchain, realiudade extendida e integración e aproveitamento da información
  • Estado de situación e tendencias en canto á implementación de tecnoloxías avanzadas clave
  • Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas e taller práctico en tecnoloxías comerciais:
    • BENIU
    • SC ROBOTICS
    • INNOGANDO
    • CUADERNO DE CAMPO C3
    • TRIPLE ALPHA, BOALVET
  • Servizos de apoio EDIH DATAlife

Inscricións previas: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

FUNDAMAR, a Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas Galegas-Espazo Coop unen forzas no proxecto A Mar de Rico, unha iniciativa financiada pola Rede Eusumo da Xunta de Galicia que busca poñer en valor os produtos da pesca artesanal de proximidade e promover hábitos de consumo máis responsables e sustentables.

O proxecto aposta por un modelo de alimentación baseado no produto local e de tempada, apoiando ao mesmo tempo a economía social e os sectores pesqueiros tradicionais de Galicia. Para iso, conta cunha proposta innovadora: a participación de alumnado de Formación Profesional dos ciclos de Actividades Comerciais e Márketing, que está a desenvolver propostas de emprendemento orientadas a promocionar o consumo de peixe e marisco como opción de alimentación saudable, sostible e de apoio á economía local.

Deste xeito, A Mar de Rico convértese tamén nunha oportunidade de aprendizaxe real para os e as estudantes, que aplican os seus coñecementos nun proxecto con impacto directo na comunidade.

No marco desta iniciativa, o alumnado está a realizar unha enquisa dirixida á mocidade de entre 12 e 25 anos para coñecer os seus hábitos de consumo de produtos do mar. A participación é voluntaria e anónima. Se queres colaborar, podes facelo a través das canles do teu centro educativo.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou este luns as instalacións de Orballo Automoción, unha das empresas beneficiarias do Bono Consolida Economía Social. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que beneficiou a 38 entidades da área territorial de Vigo por un importe de 710.000 euros na anterior convocatoria e que ten como obxectivo apoiar a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a competitividade de cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

As representantes autonómicas e os responsables de Orballo Automoción sinalaron que a axuda concedida, cun importe de máis de 24.000 euros, permitiu investir na compra dun vehículo híbrido de apoio e de equipamento informático para o desenvolvemento de tarefas administrativas. 

Tras a publicación da nova convocatoria o pasado 11 de febreriro, o prazo de solicitude deste Bono Consolida está aberto ata o día 10 de abril. Estímase que estas axudas permitirán favorecer a preto de 250 entidades de economía social en toda Galicia. Neste sentido, poden ser beneficiarias destes apoios sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que estean rexistrados e acrediten unha antigüidade mínima de 42 meses.

Como novidade, a Xunta priorizará os gastos de investimento fronte aos correntes co fin de acadar unha efectiva consolidación das entidades da economía social. Dáse así resposta á demanda real detectada na pasada orde, ao tempo que se prima un tipo de gasto que logra xerar un maior retorno no medio e longo prazo. A maiores, elévase de dous a tres anos a obriga de mantemento da forma xurídica das entidades beneficiarias, así como da súa actividade empresarial, co gallo de asegurar a súa permanencia no tecido produtivo.

As achegas serán de ata 30.000 euros por entidade e a intensidade da axuda do 80% do custo subvencionable. Entre outras actuacións con elas fináncianse, investimentos realizados entre o 1 de novembro de 2025 e o 30 de outubro de 2026 en equipamento informático, software, márketing, eficiencia enerxética, elementos de transporte, formación para os socios afiliados ao réxime de traballo autónomo (Reta) ou reformas que se realicen en calquera instalación do centro de traballo.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Dixitalización nas cooperativas gandeiras" no marco da Rede Eusumo.

Data: 23 de febreiro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a:

  • Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, directivas, xerencia e equipos técnicos)
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas

Obxectivos:

  • Favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados servizos de asesoramento ás explotacións de bovino no proceso de implantación das novidades normativas relacionadas coa ordenación do sector

Programa:

  • A comunicación nas cooperativas: interna e externa. Aspectos a ter en consideración
  • Estratexias para a mellora do traballo en equipos nas cooperativas
  • Dinámicas de grupo para a mellora do traballo en equipo e a comunicación

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o hotel Olivo de Reis, no concello de Caldas de Reis para informar sobre o Bono Consolida Economía Social. 

Trátase dunha iniciativa que beneficiou 16 entidades da área territorial de Pontevedra por un importe de preto de 270.000 euros na última convocatoria e que ten como obxectivo apoiar a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a competitividade de cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego 

En concreto, no caso do Olivo de Reis, a axuda de máis de 14.000 euros permitiu a instalación dunha cuberta desmontable que mellorará a eficiencia enerxética da zona de restauración. 

O delegado territorial aproveitou a visita para destacar a importancia de "seguir apoiando ás empresas galegas para manter a competitividade e excelencia que as identifica e que ten un impacto tan positivo no conxunto da sociedade galega”. 

Cabe destacar que o prazo de solicitude da nova convocatoria deste Bono Consolida Economía Social está aberto ata o día 10 de abril. Estímase que estas axudas permitirán favorecer preto de 250 entidades de economía social en toda Galicia. Neste sentido, poden ser beneficiarias destes apoios sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que estean rexistrados e acrediten unha antigüidade mínima de 42 meses. 

Como novidade, a Xunta priorizará os gastos de investimento fronte aos correntes co fin de acadar unha efectiva consolidación das entidades da economía social. Dáse así resposta á demanda real detectada na pasada orde, ao tempo que se prima un tipo de gasto que logra xerar un maior retorno no medio e longo prazo. A maiores, elévase de dous a tres anos a obriga de mantemento da forma xurídica das entidades beneficiarias, así como da súa actividade empresarial, co gallo de asegurar a súa permanencia no tecido produtivo.

As achegas serán de ata 30.000 euros por entidade e a intensidade da axuda do 80% do custo subvencionable. Entre outras actuacións con elas fináncianse, investimentos realizados entre o 1 de novembro de 2025 e o 30 de outubro de 2026 en equipamento informático, software, márketing, eficiencia enerxética, elementos de transporte, formación para os socios afiliados ao réxime de traballo autónomo (Reta) ou reformas que se realicen en calquera instalación do centro de traballo.

Fonte: C. de Economía e Industria

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Apoio ao emprendemento cooperativo" no marco da Rede Eusumo.

Data: 20 de febreiro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a:

  • Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, persoal técnico)
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 años e maiores de 18, socios de cooperativas

Obxectivos:

  • Dar a coñecer o sistema de axudas de acceso ao financiamento público. Tendencias na lexislación de promoción rural, do cooperativismo e da economía social, e novas oportunidades de apoios financeiros públicos neste ámbito.
  • Favorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns axeitados equilibrios e niveis de estrutura financeira, básico para abordar os retos empresariais e sociais que teñen por diante
  • Aclarar as dúbidas relacionadas coa posta en marcha da normativa gandeira

Programa:

  • Introdución ao emprendemento cooperativo en Galicia e os seus apoios
  • Medidas e ordes de axuda da secretaría xeral de emprego 2026:
    • Bono Consolida 2026
    • Axuda Aprol e ES-Transforma
    • Autónomos: Bono autónomos, Remuda, Nova Oportunidade e outras
    • Axudas ao emprendemento e outras
  • Resolución 30.12.2025: Axudas para a execución de operacións de apoio de terceiras persoas (intervención Leader)
  • Axudas do IGAPE a autónomos e pemes:
    • IA 360
    • Programa Re-Acciona
    • Galicia Exporta Empresas
    • Préstamos Directos / acceso a crédito
    • Préstamos parcialmente reembolsables

Inscricións previas: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Subvencionar  a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000);  EMAS,  ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001;  SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, asi mesmo selo horarios racionais (SHR), certificación en benestar laboral.

Quen pode solicitar estas axudas?

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

As entidades sen ánimo de lucro poderán presentar solicitude para a liña I, para a subliña 1 e a subliña 2 da liña II e para a liña III.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2. Para a liña I, as empresas beneficiarias non poderán superar o número de 49 persoas traballadoras durante todo o período establecido no artigo 2.

O disposto nesta orde respecto do persoal traballador enténdese aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado sempre que estean no réxime xeral da Seguridade Social.

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e na data da súa xustificación. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

​O prazo de presentación de solicitudes será dende o 19 de febreiro ao 18 de marzo.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

  • Incentivar a adopción de acordos laborais de teletraballo.
  • Incentivar a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
  • Subvencionar  a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Quen pode solicitar estas axudas?

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2.

O disposto nesta orde respecto do persoal traballador enténdese aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado, sempre que estean no réxime xeral da Seguridade Social.

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

​O prazo de presentación de solicitudes será dende o 19 de febreiro ao 18 de marzo.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Subvencionar a aquelas empresas de menos de 50 persoas traballadoras que, de forma voluntaria elaboren e emplanten un plan de igualdade

Quen pode solicitar estas axudas?

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

No caso da liña I, as empresas deberán contar, como mínimo, con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2. Para a liña I as empresas beneficiarias non poderán superar o número de 49 persoas traballadoras durante todo o período establecido no artigo 2.

O disposto nesta orde respecto do persoal traballador enténdese aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado, sempre que estean no réxime xeral da Seguridade Social.

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

​O prazo de presentación de solicitudes será dende o 19 de febreiro ao 18 de marzo.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "Sementando futuro: como formar en economía social desde a aula"

Datas: do 17 de febreiro ao 3 de marzo de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Formar a docentes nos principios, valores e metodoloxías da economía social e o traballo cooperativo, brindándolles ferramentas pedagóxicas para que poidan ensinar estes conceptos de maneira efectiva ao seu alumnado, fomentando así unha educación baseada na solidaridade, a sustentabilidade e a participación democrática.

Público obxectivo: Dirixido ao persoal docente de todos os niveis educativos.

Programa:

  • MÓDULO XERAL. De maior quero ser
  • MÓDULO 1. Son unha persoa emprendedora cooperativa
  • MÓDULO 2. Teño unha idea
  • MÓDULO 3. Teño un negocio
  • MÓDULO 4. Saímos a vender
  • MÓDULO 5. Supervisón e rexistro de resultados/anécdotas. Valoracións finais.

As inscricións estarán abertas ata o 16 de febreiro de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe en Santiago de Compostela o establecemento O Pan do Barrio, que resultou beneficiario o ano pasado dunha axuda do programa de promoción do emprego autónomo para impulsar o inicio e mantemento da súa actividade de venda de pan e produtos de panadería. Alí estivo acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e puxo de relevo o papel da Xunta como Administración facilitadora e dentro del o apoio ao labor integral dos autónomos.

Neste sentido, expuxo que o programa do que foi beneficiario O Pan do Barrio é un dos cinco que desde o ano pasado se unificaron nunha mesma orde para avanzar na súa tramitación e lembrou que esta semana o Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de 2026 destes apoios (40,7 M€), xunto coas ordes de achegas dirixidas a apoiar a contratación indefinida de persoas desempregadas por parte dos autónomos (1,3 M€) e ás asociacións deste colectivo (350.000€). O investimento global destinado a estes apoios é de máis de 42 M€ para beneficiar 8.700 persoas autónomas no caso da orde única e a unhas 160 persoas desempregadas cos apoios á contratación por parte deste colectivo.

En relación coa orde única, o conselleiro puxo de relevo que inclúe novidades no programa de promoción de emprego autónomo, ampliando a dous anos a cobertura da cota cero aos autónomos que inicien a súa actividade asociada á agricultura, gandaría e silvicultura. Ademais, refórzase o orzamento do Bono Remuda cunha suba do 20% no orzamento, que pasa a ser de 1,5 M€, debido ao auxe desta liña para facilitar a transmisión de negocios e que inclúe tanto axudas para quen asume o relevo como para quen traspasa por xubilación.

Expuxo ademais que as outras liñas que forman parte deste paquete único son o Bono Nova Oportunidade —para retornar ao autoemprego—, o Bono Autónomo —axudas a investimentos e melloras en negocios con máis de 42 meses activos e á conciliación familiar, co fin de facilitar a actividade deste colectivo. Tamén explicou que o prazo de presentación de solicitudes desta orde única —cofinanciada parcialmente pola UE a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027— así como das axudas á contratación por parte de autónomos abrirá o vindeiro mércores 11 de febreiro e prolongarase ata o 30 de setembro e no caso das axudas ás asociacións do colectivo xa está aberto e remata o 4 de marzo.

Apoios á contratación indefinida e ás asociacións de autónomos

En canto ás axudas á contratación e á formación de persoas desempregadas por parte dos autónomos en Galicia, apoiarán en concreto a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador e inclúe dous tipos de axudas compatibles: os bonos de contratación e de formación para impulsar a cualificación das persoas empregadas. No caso dos destinados ao funcionamento das asociacións de autónomos, a finalidade é apoiar o movemento asociativo do colectivo.

Estes apoios, engadiu José González, compleméntanse con outros do Goberno galego como os destinados a novos proxectos emprendedores (6,7 M€), dos que está aberta a convocatoria de 2026, e os que son para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas (1 M€), para os que abrirá o prazo de solicitudes o vindeiro luns.

Colectivo clave

No relativo ao labor deste colectivo, o conselleiro salientou que os autónomos como Pilar Reboredo, propietaria de O Pan do Barrio, son unha figura clave na economía galega. De feito, pecharon o ano pasado representando máis do 19% dos afiliados á Seguridade Social . Ademais, segundo a EPA, no cuarto trimestre de 2025 Galicia rexistrou 8.100 traballadores independentes máis que hai un ano.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A CEGASAL organiza a xornada "Márketing para a era de Chat GPT e Gemini: como lograr que te recomenden" sobre as claves para adaptar a túa estratexia de márketing á búsqueda conversacional e mellorar as túas opcións de aparecer e ser recomendado por Chat GPT e Gemini.
 
Data: 12 de febreiro
Horario: 12:30 a 14:30h
Modalidade: en liña

Imparte a sesión Victoria Barreiro Gago de MK Formación - Teconsite
 
Inscricións: a través deste formulario

 

 

Descarga o programa

Márketing para a era de Chat GPT e Gemini: Como lograr que te recomenden

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia "Bono consolida economía social" para a anualidade 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Apoio á consolidación das entidades da economía social e reforzo da súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. Sociedades cooperativas
  2. Sociedades laborais
  3. Empresas de inserción
  4. Centros especiais de emprego

Cales son os conceptos subvencionables?

  1. Equipamento informático
  2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web
  3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial
  4. Mellora na eficiencia enerxética
  5. Adquisición de equipamento
  6. Reforma do local de negocio
  7. Mobiliario
  8. Obtención de certificacións de calidade
  9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade
  10. Plan de Protección de datos
  11. Elementos de transporte
  12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dados de alta no RETA

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 10 de febreiro ás 09:00h ata o 10 de abril ás 20:00h.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Descarga a infografía

Rede Eusumo ofrece unha segunda edición do curso en liña "Economía social 2.0: Conectando coa tua audiencia en redes sociais"

Datas: do 12 ao 26 de febreiro 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Darlle a coñecer ao alumnado as ferramentas e as tendencias actuais que lles permitirán desenvolver a súa propia estratexia en redes sociais e mellorar a súa presenza nun contorno dixital altamente competitivo.

Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas desempregadas, persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia e público en xeral.

Programa:

  • MÓDULO 1. Introducción ás redes sociais
  • MÓDULO 2. Planificación estratéxica en redes sociais
  • MÓDULO 3. Creación de contido atractivo
  • MÓDULO 4. Xerar comunidade nas redes sociais
  • MÓDULO 5. Xestión e programación de contidos

As inscricións estarán abertas ata o 9 de febreiro de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

Edición II: Economía Social 2.0. Conectando coa túa audiencia en redes sociais


 

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza o curso "Contabilidade cooperativa nivel 0" dentro do seu programa de formación en xestión Formacoop, dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: do 10 de febreiro ao 2 marzo

Modalidade: En liña (a través da web de EspazoCoop)

Número de horas: 25h (2 sesións virtuais)

Destinatarias:

  • Persoas interesadas no emprendemento cooperativo
  • Socias/os e persoal de cooperativas
  • Outros profesionais e persoal técnico

Obxectivos:

  • Mostrar dende a práctica que é e para que serve a contabilidade nunha cooperativa
  • Coñecer o proceso contable nunha empresa cooperativa para a toma de decisións
  • Capacitar a emprendedoras no uso de ferramentas contables e na interpretación de estados financeiros

Programa:

  • MÓDULO 1. - A función contable: Que é e que conleva?
  • MÓDULO 2. - Contabilidade administrativa: A contabilidade do día a día
  • MÓDULO 3. - Contabilidade financiera: Libros e obrigas contables
  • MÓDULO 4.- Contabilidade financiera: O ciclo contable
  • MÓDULO 5. - Casos prácticos

Prazo de inscripcións aberto a través da seguinte ligazón

Descarga o programa

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na xornada participativa celebrada en Baiona no marco do proxecto piloto impulsado pola Xunta para a elaboración de plans locais de economía social en distintos concellos galegos. O encontro reuniu axentes sociais, económicos e comunitarios do municipio co obxectivo de coñecer a súa visión sobre a economía social e avanzar en conxunto na definición do futuro Plan Local de Economía Social de Baiona.

Esta iniciativa autonómica busca achegar a economía social ao territorio e apoiar as entidades locais no deseño de estratexias propias, adaptadas ás súas características sociais, económicas e produtivas. Tal e como sinalou Marta Mariño, a finalidade é dotar aos concellos de ferramentas e acompañamento que lles permitan converter a economía social nun eixe estratéxico de desenvolvemento, aproveitando as oportunidades que ofrece en ámbitos como o emprendemento colectivo, a creación de emprego, a contratación responsable e o fortalecemento do tecido produtivo. Ademais, puxo en valor que no marco deste piloto —que tamén se iniciará en Ribadavia e con vontade de continuidade noutros concellos— ofrécese asesoramento especializado aliñado tanto coa Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 27 como coa Estratexia de emprendemento ligado ao territorio de Galicia.

Con este proxecto, a Xunta reafirma o seu compromiso coa economía social como motor de cohesión social, innovación e creación de emprego estable, consolidando un modelo de desenvolvemento que nace do ámbito local e contribúe ao fortalecemento do conxunto de Galicia.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "Economía social 2.0: Conectando coa tua audiencia en redes sociais"

Datas: do 10 ao 24 de febreiro 2025

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do 
Campus Eusumo

Obxectivo: Darlle a coñecer ao alumnado as ferramentas e as tendencias actuais que lles permitirán desenvolver a súa propia estratexia en redes sociais e mellorar a súa presenza nun contorno dixital altamente competitivo.

Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas desempregadas, persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia e público en xeral.

Programa:

  • MÓDULO 1. Introducción ás redes sociais
  • MÓDULO 2. Planificación estratéxica en redes sociais
  • MÓDULO 3. Creación de contido atractivo
  • MÓDULO 4. Xerar comunidade nas redes sociais
  • MÓDULO 5. Xestión e programación de contidos

As inscricións estarán abertas ata o 9 de febreiro de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

A Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "IA e Economía Social: Do algoritmo ao impacto social"

Datas: do 5 ao 19 de febreiro 2025

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Coñecer os novos recursos tecnolóxicos existentes para mellorar a produtividade e ser máis competitivos no marco actual.

Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas interesadas e coñecer as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial e en incorporalas ao seu traballo diario.

Programa:

MÓDULO 1. IAs xenerativas

MÓDULO 2. Chat GPT

MÓDULO 3. O uso da IA para a optimización da túa entidade de economía social

As inscricións estarán abertas ata o 2 de febreiro de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

Edicion II IA

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexirán la concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, e roceder a su convocatoria en 2026.

  • Programa I: Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborales (Código de procedemento TR802H)
  • Programa II: Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción (Código de procedemento TR358D)

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscrita sno Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen princi`palmente entidades inscritas no Rexistro Sociedades Laborais de Galicia.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

​O prazo de presentación de solicitudes será dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2026.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (TR802H e TR358D), dispoñibles na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

 

Cal é a finalidade destas axudas?

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexirán a concesión de subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso del cooperativismo y la economía social (código de procedimiento TR811A)

 

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  1. As asociacións de entidades de economía social
  2. Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas,as mancomunidades de municipios e os consorcios locais
  3. As cámaras de comercio
  4. As fundacións e as asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais
  5.  

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

​O prazo de presentación de solicitudes será dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2026.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

 

Descarga a infografía

Image removed.

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e procédese á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR880A).

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 e as sociedades cooperativas e laborais, que cumpran os dous requisitos seguintes:

a) Que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, desde o 1 de xaneiro de 2024, de conformidade co establecido no artigo 1.

b) Que iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024, de conformidade co establecido no artigo 1.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

​O prazo de presentación de solicitudes será dende o 31 de xaneiro ao 2 de marzo .

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Ao amparo deste programa de axudas, as empresas de inserción (EI) poderán acceder ás seguintes liñas de axuda:

a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.

b) Inicio e posta en marcha da actividade.

c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.

d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.

e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.

f) Formación para as persoas en proceso de inserción.

g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.

Asemade, as entidades promotoras de empresas de inserción poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e). Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non a poderán solicitar a empresa ou as empresas de inserción que promovan.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. As entidades promotoras de empresas de inserción
  2. As empresas de insercións inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2026.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

 

Martes, 3 February, 2026 - 08:00 to Mércores, 30 September, 2026 - 20:00

A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Esta axuda está destinada a financiar parcialmente ás empresasde inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social.                         

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. As entidades promotoras de empresas de inserción
  2. As empresas de insercións inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2026.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

Martes, 3 February, 2026 - 09:00 to Mércores, 30 September, 2026 - 20:00

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza o curso "Muller, lánzate a emprender en cooperativa" dentro do seu programa "Itinerario Muller: A cooperativa é para ti" (O programa consta de 3 cursos, podendo realizar un, dous ou os tres cursos. A recomendación é realizar todos para completar o itinerario formativo do programa). 

Fecha: do 3 ao 23 de febreiro

Modalidade: En liña (a través da web de EspazoCoop)

Número de horas: 25h (2 sesións virtuais)

Destinatarias: Mulleres interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como en activo.

Obxectivos:

  • Presentar o modelo cooperativo ás mulleres, en especial ás mulleres desempregadas.
  • Mostrar as condicións e pasos a dar para formar unha cooperativa.
  • Informar de recursos e medidas de apoio para o autoemprego colectivo das mulleres.
  • Coñecer experiencias reais de cooperativas de mulleres.

Programa:

  • MÓDULO 1. - O emprendemento. A situación das mulleres no emprego. Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • MÓDULO 2. - O cooperativismo de traballo, alternativa de emprego.
  • MÓDULO 3. - Organización e financiamento, apoios para o emprendemento femenino.
  • MÓDULO 4.- Experiencia cooperativa. Boas prácticas de cooperativas promovidas por mulleres.

Prazo de inscripcións aberto a través da seguinte ligazón

Descarga o programa

A Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "Fontes de financiamento para entidades de economía social"

Datas: do 3 ao 17 de febreiro 2025

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Dar a coñecer os diferentes tipos de financiamento aos que podan optar as entidades de economía social.

Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas interesadas en obter financiamento para poñer en marcha ou consolidar un proxecto de economía social.

Programa:

MÓDULO 1. Que é a economía social?

MÓDULO 2. As entidades de economía social

MÓDULO 3. Tipos de financiamento e outros cursos para entidades de economía social

MÓDULO 4. A financiación ética e alternativa

MÓDULO 5. Comparativa da banca tradicional e a banca ética

As inscricións estarán abertas ata o 2 de febreiro de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza o curso "Formación Comercial: coopera, comunica e vende" dentro do seu programa de formación en xestión Formacoop, dentro do marco da Rede Eusumo.

Fecha: do 3 ao 22 de marzo

Modalidade: En liña (a través da web de EspazoCoop)

Número de horas: 25h (2 sesións virtuais)

Destinatarias:

  • Persoas interesadas en emprender en cooperativa
  • Socias/os e persoal de cooperativas
  • Público interesado en xeral

Obxectivos:

  • Atender necesidades formativas no ámbito comercial das cooperativas
  • Coñecer a situación dos procesos e sistemas de comercialización
  • Divulgar recursos comerciais e de comunicación
  • Potenciar o intercambio

Programa:

  • MÓDULO 1. - Presentación de EspazoCoop e a Rede Eusumo
  • MÓDULO 2. - Diagnose e concreción de melloras nos procedementos e sistemas de comercialización das cooperativas
  • MÓDULO 3. - A proposta de valor: preguntas clave
  • MÓDULO 4.- Deseño de estratexias comerciais de alto impacto perante os novos consumidores
  • MÓDULO 5. - Divulgación e posta en práctica de habilidades e ferramentas operativas para a mellora dos procesos e estratexias de comercialización das cooperativas
  • MÓDULO 6.- Habilidades e estratexias de comunicación chave. Técnicas e procesos de negociación.

Prazo de inscripcións aberto a través da seguinte ligazón

Descarga o programa

A Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "IA e Economía Social: Do algoritmo ao impacto social"

Datas: do 3 ao 17 de febreiro 2025

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Coñecer os novos recursos tecnolóxicos existentes para mellorar a produtividade e ser máis competitivos no marco actual.

Público obxectivo: Dirixida a todas as persoas interesadas e coñecer as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial e en incorporalas ao seu traballo diario.

Programa:

MÓDULO 1. IAs xenerativas

MÓDULO 2. Chat GPT

MÓDULO 3. O uso da IA para a optimización da túa entidade de economía social

As inscricións estarán abertas ata o 2 de febreiro de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

Edicion ! IA e Economía Social

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, organiza un curso sobre "Blockchain e NFTs no sector cultural"

Datas: do 2 ao 19 de febreiro de 2026

Horario: de 16:00 h a 18:30 h de luns a xoves

Modalidade: en liña

Duración: 25 horas

Obxectivos: Comprender o impacto do blockchain e os NFTs na industria cultural e artística.

Contidos do programa:

  • Introdución ao blockchain e o seu impacto na cultura
  • NFTs e propiedade intelectual no mundo da arte
  • Modelos de negocio baseados en NFTs
  • Retos e oportunidades para artistas e xestores culturais
  • Estudos de caso e boas prácticas

O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos, artistas ou emprendedores do sector das industrias culturais como sector específico da economía social.

O formulario de inscrición está dispoñible a través do seguinte enlace

Descarga o cartel

A Conselleria do Mar establece as bases reguladoras das axudas autonómicas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestructuras dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancadoiros.

Cal é a finalidade destas axudas?

A concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedenteas da pesca e da seguridade das infraesturas fronte a eventos metereolóxicos provocados polo cambio climático.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. As entidades beneficiarias de subvencións as confrarías de pescadores
  2. As agrupacións de interese económico do sector pesqueiro
  3. As organizacións de produtores
  4. As cooperativas
  5. As asociacións de profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras
  6. Asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables

*As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nela.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 2 de marzo de 2026.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

A Rede Cegasal organiza unha xornada sobre "As sinerxias nos sectores específicos da economía social" no marco da Rede Eusumo. Un espazo networking para os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social asociados a Cegasal.
 
Data: 30 de xaneiro
Horario: 10:00 a 12:30h
Modalidade: presencial
Lugar: Edificio CEGADI (Queixume dos Pinos, 2 - 15705 Santiago de Compostela)
 
Inscricións: a través deste formulario

 

 

Descarga o cartel


O Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia (LIES_GA) organiza a charla en liña “Ciberseguridade na economía social: protexendo o futuro dixital – Ciberriscos: a que nos enfrontamos”, que terá lugar o 29 de xaneiro, de 10:00 a 12:00 horas.
 
A actividade está orientada a identificar e comprender os principais riscos dixitais aos que se enfrontan as entidades da economía social, así como a ofrecer ferramentas prácticas para a súa prevención. Ao longo da sesión trataranse cuestións como o concepto de ciberrisco, as ameazas máis frecuentes, os factores de risco específicos, a análise de casos reais e os tipos de incidentes de seguridade máis habituais, xunto con boas prácticas para actuar ante eles.
 
A charla será impartida por David Barros, consultor de ciberseguridade en dooingIT ciberseguridad, SL, con formación superior en desenvolvemento de aplicacións, especialización en ciberseguridade polo Instituto San Clemente de Santiago de Compostela e certificación como hacker ético (CEH – EC-Council). Desde 2022 desenvolve tarefas de consultoría, apoio técnico e concienciación en ciberseguridade para distintos públicos.
 
A sesión está dirixida a cooperativas, empresas de economía social e entidades con impacto, con especial atención ás organizacións situadas no rural e aos colectivos con maior risco de fenda dixital, co obxectivo de contribuír a unha transformación dixital segura, sostible e inclusiva.
 
Esta actividade forma parte do programa de actuación 2025–2026 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, e conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria unificada correspondente ao ano 2026 do certame Cooperativismo no Ensino e dos Premios á Cooperación, ambas iniciativas destinadas a reforzar a divulgación dos valores cooperativos entre o alumnado dos centros educativos galegos e a poñer en valor o traballo que desenvolven as cooperativas na consolidación deste modelo empresarial.

A convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o 26 de xaneiro ata o 30 de abril de 2026, conta cun orzamento total de 43.000 euros por parte do Goberno galego. Desta contía, 28.000 euros destínanse ao certame Cooperativismo no Ensino 2026 e 15.000 euros aos Premios á Cooperación. A medida inscríbese no compromiso global da Administración autonómica coa economía social, un ámbito ao que a Xunta dedicará este ano preto de 45 millóns de euros. En concreto, esta convocatoria contribúe a visibilizar o papel do cooperativismo como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio contribuíndo a xerar actividade e a fixar poboación no rural.

Certame de Cooperativismo no ensino

No que respecta ao certame Cooperativismo no Ensino, poderán participar centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, tal e como ocorreu na última edición, na que tomaron parte 24 centros educativos.

O alumnado poderá presentar propostas en tres modalidades. A primeira, dedicada a actividades artísticas, está dirixida a educación infantil, primaria e educación especial. Outorgaranse catro premios e catro accésits, dotados con 2.500 e 1.500 euros respectivamente. A segunda modalidade abrangue actividades cooperativizadas para estudantes de educación secundaria obrigatoria e educación especial, e inclúe dous premios e dous accésits, tamén de 2.500 e 1.500 euros. A terceira modalidade corresponde a proxectos empresariais cooperativos, orientada a centros de formación profesional e ensinanzas de réxime especial. Nesta categoría concederase un premio de 4.500 euros e un accésit ao proxecto finalista por importe de 3.500 euros.

Premios á Cooperación

Pola súa parte, aos Premios á Cooperación poderán concorrer todas as cooperativas galegas que destaquen pola súa traxectoria ou iniciativas, que estean ao día das súas obrigas e que non fosen recoñecidas en edicións anteriores. Igual que en anos previos —como o último, no que participaron 15 cooperativas—, establécense tres modalidades: valores cooperativos, mellor proxecto cooperativo novo e traxectoria cooperativa. Cada categoría está dotada con 5.000 euros.

O premio aos valores cooperativos distinguirá á entidade que máis sobresaia na promoción dos principios cooperativos, como a adhesión voluntaria e aberta, a xestión democrática, a equidade, a solidariedade, a transparencia, a formación ou o compromiso coa comunidade. Na modalidade de mellor cooperativa nova, recoñecerase unha entidade cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses, que destaque polas súas achegas sociais, económicas, culturais ou ambientais. O premio á traxectoria cooperativa diríxese a entidades con máis de 42 meses de actividade e valorará aspectos como a solidez dos resultados económicos, a creación de emprego, as accións de intercooperación ou a expansión territorial.

Ligazón á convocatoria no DOG

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración celebra o Certame de Cooperativismo no Ensino 2026.

Cal é a finalidade do certame?

Como cada ano, esta iniciativa ten como obxectivo difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, a través do impulso de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Que modalidades ten o certame?

MODALIDADE 1: Actividades artísticas

Calquera produción artística en modalidade gráfica ou audiovisual, tal como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías, vídeos ou calquera tipo de creación dixital, realizados de forma colectiva, en que se reflicta a posta en práctica dos valores e principios cooperativos.

4 categorías:

  • Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil
  • Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria
  • Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria
  • Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria

MODALIDADE 2: Actividades cooperativizadas

Memorias de actividades realizadas cooperativamente por grupos de alumnos ou alumnas. As actividades poderán consistir, entre outras, na creación de cooperativas escolares, organización de eventos ou festivais, obras de teatro, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou actividades de voluntariado.

  • Categoría única: alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e de educación especial

MODALIDADE 3: Proxectos empresariais cooperativos

Proxectos empresariais elaborados polo alumnado, baixo a modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

  • Categoría única: alumnado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e ensinanzas de réxime especial

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de abril de 2026.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I para o procedemento TR802O) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Descarga o cartel

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración establece as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2026.

Cal é a finalidade destes premios?

Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.

Que entidades poden participar?

Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Cales son as categorías dos premios?

  • Premio aos valores cooperativos
    • Outorgarase á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.
  • Premio ao mellor proxecto cooperativo novo
    • Outorgarase á cooperativa galega que, na data de publicación da convocatoria, teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
  • Premio á traxectoria cooperativa
    • Outorgarase á cooperativa galega que, na data de publicación da convocatoria, teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses, e que destacase pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de abril de 2026.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV para o procedemento TR802Q) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Descarga o cartel

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio da "Produción e Comercialización de Mel en Galicia" no marco da Rede Eusumo. Unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxías avanzadas aplicables ao sector.

Data: 23 de xaneiro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Profesionais da produción agraria, técnicos, investigadores e público en xeral

Obxectivos:

  • Explicar as vantxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e ganderias en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agrarias e/ou ganderia entre as persoas e asi súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores

Programa:

  • Introdución ao sector apícola en Galicia. A importancia de polinización e a súa repercusión na biodiversidade.
  • Fundamentos técnicos da produción apícola
  • Manexo técnico na produción de mel: calendario, alimentación, sanidade e produción apícola
  • Procesamento do mel e seguridade alimentaria: tipos de mel, fases de proceso, trazabilidade
  • Marketing e comercialización: garantía de calidade, valorización do produto e estratexias de comercialización
  • Modernización do sector agroalimentario como modelo cooperativo. Retos ambientais e sostibilidade

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coa que se promoverá —cun importe de 1,5 M€— a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social mediante incentivos ás empresas de inserción laboral (EI) e ás súas entidades promotoras que teñan centros en Galicia. 

O programa ten como finalidade a mellora da empregabilidade e o establecemento de medidas para a inserción normalizada no mercado de traballo, en liña cos obxectivos da Estratexia galega da economía social: horizonte 2027, que prioriza —por  unha banda— o reforzo dos programas de creación de emprego, con especial atención á integración de colectivos con especiais dificultades como as persoas que están en situación ou risco de exclusión —e por outra— as entidades que traballan para a integración laboral destes colectivos.

Estímase que poderán beneficiarse destas axudas arredor dunha vintena de empresas de inserción laboral inscritas no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción de Galicia, para que dean emprego a unhas 170 persoas en risco ou en situación  de exclusión social e contratar unhas 12 persoas de nivel técnico ou de dirección. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 3 de febreiro ata o 30 de setembro de 2026.

Detalles da convocatoria

O programa de axudas, dotado cun financiamento total de 1,5 millóns de euros, ten como obxectivo apoiar a inserción sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social a través das empresas de inserción de Galicia. Estrutúrase en dous programas diferenciados. O Programa I céntrase no mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en proceso de inserción, subvencionando o 100 % do salario mínimo interprofesional mensual e en proporción á xornada realizada. Pola súa banda, o Programa II busca compensar os custos adicionais derivados do emprego destas persoas.

Concretamente, o Programa II articúlase en sete liñas de axuda que abranguen desde a asistencia técnica para a creación, mellora ou diversificación das empresas de inserción, ata o inicio e posta en marcha da actividade, a creación e ampliación de novos postos de traballo, a contratación de persoal xerente, técnico de produción e de orientación laboral, a formación das persoas en inserción e a mediación para a súa incorporación ao mercado laboral ordinario. As axudas poden acadar, con carácter xeral, ata o 80 % dos gastos subvencionables, con contías máximas que chegan, por exemplo, aos 12.000 euros por posto de traballo creado, podendo incrementarse ata 21.000 euros no caso de mulleres, persoas maiores de 45 anos ou centros situados en concellos rurais.

Ademais, prevense incentivos específicos para favorecer a inserción definitiva no mercado laboral, con axudas de ata 6.000 euros pola contratación indefinida en empresas ordinarias, pola transformación en indefinido ou polo inicio dunha actividade por conta propia ou incorporación a cooperativas. As entidades beneficiarias son as promotoras e empresas de inserción inscritas no Rexistro Administrativo de Galicia, establecéndose a posibilidade de anticipos de ata o 90 % da subvención concedida, co fin de facilitar a execución das actuacións e reforzar o impacto social e laboral destas iniciativas.

Ligazón á orde no DOG

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitaron hoxe o Centro Especial de Emprego da Fundación Hospitalarias Betanzos, que ofrece emprego a arredor dunha vintena de persoas con discapacidade e está especializado nos servizos de lavandería para o sector sociosanitario en Galicia.

Durante a súa visita, Pablo Fernández destacou o valor do proxecto, cuxo obxectivo é favorecer a plena integración laboral das persoas residentes na Fundación Hospitalarias Betanzos, así como doutras persoas con discapacidade procedentes de localidades próximas. Subliñou tamén que se trata dun exemplo de como, desde os principios da economía social,se contribúe de xeito efectivo á integración laboral de persoas con discapacidade ao prestar servizos a empresas e entidades da contorna, xerando impacto positivo, tanto comunitario como económico. Pola súa banda, Marta Mariño reafirmou o compromiso do Goberno galego de seguir promovendo o emprego inclusivo e de fortalecer o labor dos centros especiais de emprego. Lembrou que estes centros, xunto coas empresas de inserción, contaron en 2025 cun apoio autonómico de 33,7 millóns de euros, unha mostra do impulso decidido da Xunta ao emprego con valor social e inclusivo.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Tras o éxito das primeiras edicións, coa participación de 40 universidades e máis de 5.000 persoas en 150 actividades na última delas, a Rede ENUIES, de CIRIEC-España, volve convocar aos Centros, Institutos, Cátedras e demais estruturas universitarias de investigación en Economía Social á celebración da 7ª Semana Universitaria da Economía Social, que este ano terá lugar do 23 de febreiro ao 4 de marzo, ambos os incluídos. Serán por tanto 10 días, o que permitirá distribuír e espazar mellor as actividades.

Desde CIRIEC convídase ás distintas estruturas de investigación de España e Iberoamérica a organizar unha ou varias actividades vinculadas á Economía Social e as súas familias, en formato presencial ou en liña, cada unha desde o seu propio centro, facultade ou universidade, nalgún dos días propostos, e así completar conxuntamente unha ampla axenda de actos que visibilice a Economía Social desde o ámbito universitario.

Cada entidade universitaria pode organizar varias actividades en función dos seus obxectivos, recursos e dispoñibilidades. Pódense programar conferencias, mesas redondas, exposicións, presentacións de libros ou de resultados de proxectos de investigación, talleres ou formacións específicas, entre outras. En definitiva, trátase de traer a Economía Social á Universidade e viceversa, mostrar o que se está facendo na Universidade pola Economía Social. Un ano máis tamén, a Rede ENUIES quere facer partícipe da #SemanaUniversitariaES a todos os axentes da economía social.

Todas as persoas participantes na Semana Universitaria recibirán un certificado de participación. Por iso rógase aos organizadores que enchan adecuadamente o formulario das actividades programadas en cada centro.

Anímase a todas as estruturas de investigación a enviar a súa axenda de actividades ata o próximo 13 de febreiro, a través do seguinte formulario. Anímase tamén ás entidades representativas do sector a que colaboren na Semana Universitaria, participando nas distintas actividades e difundíndoas a través dos seus socios, redes e medios de información.

Desde a organización rógase tamén aos participantes que utilicen este modelo para anunciar de forma homoxénea cada actividade. 

A Rede ENUIES, de CIRIEC-España, agradece de antemán a participación e dispoñibilidade de todas as persoas implicadas en cada un dos actos, que fan da #SemanaUniversitariaES unha expresión colaborativa e multitudinaria para visibilizar en común a conexión entre Academia e Economía Social.

Fonte: Observatorio Español de la Economía Social y del Trabajo Autónomo

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas ha adoptado a Resolución A/RES/80/182, na que recoñece o papel vital das cooperativas na promoción dun desenvolvemento económico e social inclusivo en todo o mundo. Tras o éxito dos Anos Internacionais das Cooperativas de 2012 e 2025, a resolución “solicita a proclamación dun Ano Internacional das Cooperativas cada 10 anos… para fomentar o aproveitamento efectivo do modelo empresarial cooperativo co fin de impulsar o desenvolvemento social e económico”. A resolución foi adoptada o 15 de decembro de 2025.

A Resolución A/RES/80/182 sobre as cooperativas no desenvolvemento social xa está dispoñible en todos os idiomas oficiais da ONU.

As cooperativas, nas súas diversas formas, “promoven a participación máis plena posible no desenvolvemento económico e social das comunidades locais e de todas as persoas”, sinala a resolución, e contribúen directamente á erradicación da pobreza e a fame, a inclusión social, a igualdade de xénero e a adaptación e mitigación do cambio climático.

O texto destaca as contribucións específicas das cooperativas aos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), en particular á mellora das condicións sociais e económicas dos Pobos Indíxenas, as comunidades rurais e as poboacións vulnerables, á vez que promoven a inclusión financeira e o desenvolvemento económico local.

Tras o éxito do Ano Internacional das Cooperativas 2025 (AIC), a resolución da ONU insta os gobernos a reforzar o apoio ás cooperativas mediante:

  • A mellora dos marcos xurídicos e normativos
  • Un maior acceso ao capital e unha fiscalidade xusta
  • O apoio ás cooperativas agrícolas e financeiras
  • A ampliación do acceso dixital
  • O fortalecemento da investigación, a recompilación de datos e a sensibilización pública
  • A promoción da igualdade de xénero na participación e o liderado

A resolución tamén exhorta aos Gobernos, ás organizacións internacionais pertinentes, aos organismos especializados e ás organizacións cooperativas locais, nacionais e internacionais a seguir celebrando anualmente o Día Internacional das Cooperativas (CoopsDay), o primeiro sábado de xullo, tal como foi proclamado pola Asemblea Xeral na súa resolución 47/90. En 2026, o CoopsDay celebrarase o 4 de xullo, e o tema anunciarase proximamente.

O Dr. Ariel Guarco, presidente da Alianza Cooperativa Internacional, declarou: “En tempos de crise ambiental, desigualdade e desconfianza global, as cooperativas demostran que é posible producir e distribuír riqueza sen exclusión, coidar o medio ambiente e fortalecer os lazos sociais. Esta resolución da ONU para declarar un Ano Internacional das Cooperativas cada década achega un renovado optimismo ao noso movemento”.

Jeroen Douglas, director xeral da Alianza Cooperativa Internacional, afirmou: “Que tanto 2012 como 2025 fosen declarados Anos Internacionais das Cooperativas é algo excepcional, xa que a ONU non adoita repetir os temas dos anos designados. Por iso, este ciclo decenal representa un enorme recoñecemento mundial ás contribucións duradeiras das cooperativas cara a un mundo máis xusto e equitativo. O lema de ambos os AIC —‘As cooperativas constrúen un mundo mellor’— reflicte o corazón da misión do noso movemento. Agradecemos ao Goberno de Mongolia por ser a forza impulsora tanto dos Anos Internacionais das Cooperativas como desta nova proclamación”.

A ONU recoñeceu desde hai tempo ao movemento cooperativo como un socio crave para fortalecer o desenvolvemento social, e ao modelo cooperativo como adecuado para alcanzar os ODS. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas vén adoptando resolucións relativas ás cooperativas no desenvolvemento social desde a década de 1950, e de maneira sistemática cada dous anos desde 1992.

Ademais, en abril de 2023, a ONU aprobou a primeira resolución da historia sobre a promoción da economía social e solidaria para o desenvolvemento sostible.

Fonte: Alianza Cooperativa Internacional

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, onde destacou que este mes de xaneiro se comezarán a titorizar os 15 proxectos seleccionados no  marco da aceleradora de economía social Xunta Impulsa, que acollerá precisamente o Polo arousán. Trátase dunha iniciativa de formación e asesoramento que se completará con sesións de mentoría especializada e que está enmarcada no proxecto transfronteirizo ES-Factory, de cooperación Galicia–Norte de Portugal e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Destacando a variedade das iniciativas elixidas, Mariño sinalou que proceden de toda Galicia e que predominan as do ámbito educativo ou cultural, así como as que dan protagonismo ao rural e á natureza no campo da produción agroalimentaria, da gastronomía, do ocio ou da cosmética. Tamén está representado o eido do deporte, o do benestar ou o sector TIC.

Segundo apuntou a directora xeral, a aceleradora de economía social desenvolverase deica o mes de abril, tanto con sesións presenciais no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa como con outras telemáticas, para culminar nun acto final de posta en valor dos proxectos e dos avances acadados grazas ás sinerxías xeradas entre as distintas persoas participantes.

Balance do Polo de Vilanova

A representante autonómica aproveitou a visita —na que tamén estivo o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán— para poñer de relevo o labor do Polo vilanovés, salientando que, desde a súa posta en marcha en novembro de 2024, ten atendido uns 270 proxectos e promovido a creación de preto dunha vintena de empresas. Todo no marco das máis de 5.300 iniciativas asesoradas no conxunto dos 15 Polos repartidos por toda Galicia.

Así, o equipo técnico do centro vilanovés realizou unhas 650 sesións de titoría gratuítas e individualizadas co gallo de dar resposta ás persoas emprendedoras que acudiron ás instalacións (un 55 % delas, mulleres), adaptándose ás fases concretas dos seus proxectos. Nese senso, cómpre destacar que máis dun terzo se encontraba na fase de definición do modelo de negocio.

Por sectores, destacan as actividades administrativas e servizos auxiliares (20 %), seguidas das actividades artísticas e de entretenemento (13 %), da hostalaría (12 %) e doutros servizos (12 %). Canto ás actividades, o Polo de Vilanova ten organizado máis de medio cento, entre reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, destacou hoxe que se están a valorar as iniciativas recibidas para acceder á aceleradora de economía social Xunta Impulsa, que se desenvolverá no Polo de emprendemento de Vilanova de Arousa e que está dirixida á formación e asesoramento de dez proxectos de economía social, participantes nun programa formativo complementado con sesións de mentoría especializada. Unha aceleradora enmarcada no proxecto transfronteirizo ES-Factory, de cooperación Galicia–Norte de Portugal e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Así o dixo a directora xeral na clausura do Encontro do Observatorio ES-Factory para a cooperación Galicia–Portugal: gobernanza, igualdade e territorio en clave transfronteriza. Un encontro que avaliou propostas para retos compartidos polas dúas rexións no eido da economía social, arredor de tres grupos de traballo diferentes que versaron sobre igualdade de xénero, sobre as posibilidades que ofrecen as zonas rurais de baixa densidade e sobre a gobernanza e cooperación transfronteriza.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa de "Dixitalización nas cooperativas hortícolas" no marco da Rede Eusumo. Unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxías avanzadas aplicables ao sector.

Data: 16 de decembro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a profesionais e entidades que buscan avanzar en modernización, optimización e competitividade.

Programa:

  • Introdución á dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector hortícola: de que falamos, por que e para que
  • Inmersión nas tecnoloxías avanzadas clave no sector hortícola: automatización e robótica, sensores e internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridad e blockchain, realidade estendida e integración e aproveitamento da información
  • Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxías avanzadas clave
  • Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas
  • Taller práctico en tecnoloxías comerciais
  • Servizos de apoio EDIH DATAlife

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

A Asociación para o Desarollo Educativo e Cultural (ADEC) organiza unha xornada sobre "El futuro del trabajo autónomo" no marco da Rede Eusumo. Programa estatal para fortalecer as capacidades das persoas traballadoras autónomas a través da formación, a dixitalización e a innovación.

Data: 12 de decembro

Horario: de 10:00 h a 12:30 h

Modalidade: presencial + streaming en directo

Lugar: Casa das Campás (Rúa Don Filiberto 9-11, Pontevedra)

Dirixido a persoas autónomas, emprendedoras, entidades sociais, persoal técnico, estudantes e público xeneral.

Programa:

  • BLOQUE 1 - Márketing dixital e intelixencia artificial para autónomos: Transformar o teu negocio con creatividade e tecnoloxía (Impartido por Íria Álvarez Regueria)
  • BLOQUE 2 - Cómo planificar e financiar o teu proxecto autónomo (Impartido por Daniel Vigo Blanco)
  • BLOQUE 3 - Fomentar o traballo no rural: Inclusión, relevo xeneracional e oportunidades sostibles (Impartido por Víctor Blanco Naveira)
  • BLOQUE 4 - Do marisqueo ao turismo marinero: sostenibilidade e futuro dende a ría de Arousa (Impartido por Rita Vidal Mouriño)
  • BLOQUE 5 - Liderazgo e futuro do traballo autónomo con perspectiva de igualdade (Impartido por Cristina Caramés Espada)

Inscricións: a través deste formulario

Descarga o programa

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe de relevo o auxe do cooperativismo galego que, por primeira vez este ano, superou as 2.000 cooperativas activas, o que supón unha suba de arredor do 40% en relación a hai cinco anos. Ademais, destacou que este sector ten un volume global de facturación superior aos 3.000 millóns de euros anuais e que emprega a unhas 78.000 persoas, entre socios e traballadores por conta allea.

Así o puxo de relevo no acto de clausura do Ano internacional das cooperativas, celebrado hoxe en Santiago de Compostela e onde estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño. Alí, José González, tamén salientou a aposta da Xunta a prol do pulo a este sector con medidas como Anteproxecto da nova Lei de Cooperativas de Galicia que está a tramitar e sobre o que está previsto contar cun texto definitivo no primeiro trimestre de 2026. 

Neste sentido, o conselleiro lembrou que esta nova lei contribuirá á creación e consolidación de cooperativas, poñendo especial atención ao desenvolvemento do cooperativismo en ámbitos estratéxicos como os coidados, a enerxía e a vivenda. Tamén contribuirá, entre outros aspectos, a impulsar o Rexistro Autonómico neste eido e a adaptar o marco regulador ás novas necesidades da economía social. 

Folla de ruta para impulsar a economía social

Ademais, puxo en valor a capacidade tractora deste sector no rural e nas distintas comarcas e o seu papel estratéxico no desenvolvemento económico, a cohesión social e a fixación de poboación no territorio. Un potencial, engadiu, ao que o Goberno galego tamén brinda outras ferramentas como a Estratexia da economía social, na que, entre outras familias, se encadra o cooperativismo. Con esta folla de ruta, que ten horizonte 2027, o Goberno galego aspira a crear 4.000 empregos e 400 novas entidades, posicionando esta fórmula de negocio nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. José González engadiu que o Goberno galego seguirá afianzando no 2026 este compromiso coa economía social cun orzamento de preto de 45 M€. Nel enmárcanse, entre outras medidas, os distintos programas de apoios para reforzar o ecosistema da economía social como motor de emprego no territorio, entre eles os destinados a fortalecer a Rede Eusumo.

A maiores, insistiu en que, para seguir avanzando é clave a implicación do Goberno central. Por exemplo, en cuestións como a necesaria actualización da Lei de réxime fiscal das cooperativas —vixente desde hai máis de 30 anos— para adaptala á nova realidade, blindando e modernizando o réxime fiscal estatal de protección das cooperativas e, ademais, que se lles outorgue automaticamente calquera beneficio fiscal aplicable a outros modelos empresariais.

Acto de peche do Ano internacional de cooperativas

O conselleiro tamén aproveitou a ocasión para agradecer o traballo do Consello Galego de Cooperativas, da Unión de Cooperativas Espazocoop e de todas as cooperativas participantes no acto de hoxe a prol do sector. Ademais, destacou este evento como exemplo de colaboración público-privada e do potencial do cooperativismo, pois na súa organización participaron varias cooperativas. Nel tratáronse de xeito ameno e didáctico distintas cuestións e experiencias do cooperativismo nos ámbitos do sector primario, as finanzas, o relacionado co estilo de vida e tamén coa cultura. Ademais, estreouse o Himno Cooperativista Galego, cun videoclip gravado pola Banda Sinfónica de Galicia e a Federación Coral Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a cooperativa de teatro Feroz interpretou a peza teatral que creou especificamente para a ocasión.

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde a catro novas convocatorias da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no eido da economía social, que incorporan novidades co gallo de afianzar a aposta desta fórmula empresarial pola xeración de emprego de calidade e sustentable pegado ao territorio. En concreto, aprobáronse o Bono Consolida Economía Social (2,73 M€), os incentivos ás empresas de inserción (1,5 M€), os apoios á realización de actividades de promoción da economía social por parte das entidades colaboradoras da Rede Eusumo (690.000 euros) e os destinados a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción (335.000 euros). Todas estas ordes enmárcanse na Estratexia Galega da Economía Social: Horizonte 2027 e no orzamento próximo aos 45 M€ que a Xunta destinará o ano que vén a este ecosistema. En 2026 tamén verá a luz a nova Lei de cooperativas, co obxectivo de alentar a creación de novas iniciativas en sectores clave para o territorio —como os servizos sociais, a enerxía ou a vivenda— e coa incorporación de medidas de simplificación administrativa e de reforzo da dixitalización e profesionalización para facilitar tanto a creación e posta en marcha de novas entidades como a xestión e consolidación das xa existentes.

Bono Consolida e incentivos ás empresas de inserción

O Bono Consolida Economía Social 2026 aprobado hoxe polo Consello da Xunta, cun orzamento de 2,73 M€, persegue apoiar a consolidación das entidades da economía social, con especial incidencia na transformación dixital e na eficiencia enerxética. Estímase que se beneficiarán destas axudas unhas 250 cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción ou centros especiais de emprego, cunha antigüidade mínima de 42 meses. Ao abeiro desta próxima convocatoria, a Xunta priorizará os gastos de investimento fronte aos correntes co fin de acadar unha efectiva consolidación das entidades da economía social. Dáse así resposta á demanda real detectada na orde deste ano, ao tempo que se prima un tipo de gasto que logra xerar un maior retorno no medio e longo prazo. A maiores, elévase de dous a tres anos a obriga de mantemento da forma xurídica das entidades beneficiarias, así como da súa actividade empresarial, co gallo de asegurar a súa permanencia no tecido produtivo. Canto aos incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades colaboradoras, cun orzamento de 1,5 M€, teñen como obxecto mellorar a empregabilidade e establecer medidas para a inserción normalizada no mercado de traballo, a través de dous programas: para a cobertura do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social e para a compensación dos custos adicionais do emprego destas persoas. Estímase que poderán beneficiarse destas achegas 17 empresas de inserción laboral, para que dean emprego a unhas 170 persoas en risco ou situación de exclusión social e para contratar unhas 12 persoas de nivel técnico ou de dirección das empresas de inserción.

Achegas á Rede Eusumo e ao asociacionismo da economía social

A Xunta eleva os límites de subvención nas axudas para a realización de actividades de promoción da economía social por parte de entidades colaboradoras da Rede Eusumo nas anualidade 2026 e 2027 (690.000 euros), co gallo de reforzar o seu compromiso coa constitución de novas entidades que creen postos de traballo de calidade no territorio. O aumento dos límites —dunha media de 500 €— afecta os puntos de accións formativas e divulgativas, de celebración de encontros e networking e de asesoramento. Estímase que se poderán beneficiar destas achegas unhas 40 entidades, para a realización de máis de 200 actividades nas que participarán máis de 4.000 persoas. Incorpórase tamén como novidade a posibilidade de impulsar accións sobre colectivos vulnerables e discapacidade no eido da economía dos coidados, dentro dos sectores específicos que tamén engloban o agroalimentario, a economía circular e xestión de residuos, as enerxías renovables e transición enerxética, as novas tecnoloxías e intelixencia artificial, o sector industrial, as industrias culturais ou o transporte e mobilidade. Uns sectores que se busca potenciar con esta orde como os novos eidos emerxentes que permitirán afianzar a competitividade da economía social.

Por último, deuse luz verde á convocatoria de 2026 que —cun orzamento de 335.000 euros— está orientada a sufragar os gastos de funcionamento das organizacións representativas da economía social, para procurar un axeitado desenvolvemento destas estruturas e favorecer a súa consolidación. Neste caso, e dando resposta á demanda que se vén detectando, a Xunta eleva o capítulo relativo ás asociacións que representan centros especiais de emprego e empresas de inserción co gallo de garantir o seu papel crucial na integración sociolaboral das persoas con discapacidade e en situación ou risco de exclusión.

A Universidade de Santiago de Compostela e a plataforma S.Coop presentan un programa sobre "Cooperativa de plataformas dixitais" no marco do proxecto europeo Es-Factory.

Data de inscrición: Ata o 05 de decembro

Dirixido a: calquera persoa residente en Galicia ou no Norte de Portugal

Modalidade: online

Fases do programa

  1. Selección de ideas
  2. Definición do proxecto plataforma dixital (modelo de negocio) (10 horas)
  3. Capacitación do equipo da plataforma (10 horas)
  4. Desenvolvemento da plataforma
  5. Plan de captación de usuarios e de comercialización da plataforma

Que ofrecen?

  • Un equipo de mentores profesionais para axudarche a transformar a túa idea nunha plataforma dixital propia, moderna e cooperativa dende cero.
  • Un programa de capacitación para que ti e o teu equipo poida xestionar e dinamizar  a plataforma dixital de xeito eficiente.
  • Deseñamos e activamos un plan de captación e selección de persoas que poidan participar na plataforma dixital.
  • Definimos o teu plan comercial para que a túa plataforma dixital estea operativa desde o primeiro intre.

Inscricións: Ata o 05 de decembro de 2025

  1. Entra en ES-Factory Cooperativas
  2. Completa o formulario
  3. Recibirás a confirmación e os primeiros pasos a seguir por correo

Para calquera dúbida ou consulta, pódese contactar a través de usc@es-factory.eu

Descarga o programa

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no segundo faladoiro do evento Outonos Cooperativos, impulsado polo Consello Galego de Cooperativas en colaboración coa Xunta. Este segundo encontro contou tamén con Carmen Rodríguez, presidenta da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) e vicepresidenta de Clun, así como co presidente desta cooperativa leiteira, José Ángel Blanco. Así mesmo, participou José Manuel Couto, socio da gandaría Casal Vilar na que se celebrou o faladoiro.

O secretario xeral destacou o potencial do eido agroalimentario dentro da fórmula do cooperativismo, recordando que o Goberno galego aprobará en 2026 a nova Lei de cooperativas que busca alentar a creación de novas iniciativas en sectores clave para o territorio coma este, pero tamén no dos servizos sociais, da enerxía ou da vivenda. Engadiu que se avanzará na simplificación administrativa e no reforzo da dixitalización e profesionalización para facilitar tanto a creación e posta en marcha de novas entidades como a xestión e consolidación das xa existentes.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Chega unha nova entrega de Outonos Cooperativos da man do Consello Galego de Cooperativas, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Os ‘Outonos Cooperativos’ son encontros inspiradores para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no territorio galego.

  • Datas: 4 e 5 de decembro
  • Modalidade: presencial
  • Lugar: 4 de decembro - Polígono Industrial de Pocomaco, nave 4A (A Coruña)
    • 5 de decembro - Lugar de A Portela s/n, Vilar (Touro)

Programa: Faladoiros sobre experiencias cooperativistas coa participación de AGACA e EspazoCoop.

  • 4 de decembro | BIDAFARMA (11:30h) - Cooperativa de loxística farmacéutica
  • 5 de decembro | CLUN (11:30h) - Cooperativa leiteira. Gandeiría Casal Vilar

Público participante: Serán persoas asesoradas polos profesionais que forman parte de cooperativas, Polos de empredemento e apoio ao emprego, estudantes universitarios e público xeral.

Requerirase inscrición previa a través do seguinte formulario. Aforo máximo de 50 persoas.

Descarga o programa

 


 

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na presentación do primeiro faladoiro do programa Outonos Cooperativos, unha iniciativa do Consello Galego de Cooperativas en colaboración coa Xunta de Galicia co obxectivo de visibilizar a fórmula cooperativa e os seus valores mediante experiencias reais de entidades asentadas no territorio galego.

O primeiro encontro, no que tamén participou Espazo Coop, celebrouse nas instalacións da cooperativa de loxística farmacéutica Bidafarma onde Mariño puxo en valor este proxecto como exemplo da contribución social desta fórmula empresarial e destacou que o cooperativismo demostra que é posible xerar riqueza e servizo ao mesmo tempo, impulsando o desenvolvemento no territorio. A directora animou a considerar o cooperativismo como unha vía sólida para emprender, subliñando a súa crecente capacidade de diversificación e resiliencia, especialmente no ámbito rural e comarcal. Neste sentido, salientou o papel das cooperativas á hora de facer fronte a retos como o despoboamento e o envellecemento demográfico. Mariño lembrou tamén que a Xunta está a reforzar a visibilización e o diálogo permanente co sector mediante a tramitación do Anteproxecto da nova Lei de Cooperativas de Galicia, coa previsión de dispoñer dun texto definitivo no primeiro trimestre de 2026.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Este é o lema escollido este ano para a celebración do Día do Cooperativismo Galego o sábado 5 de xullo ás 12.00h nas instalacións de Rabadense de Transportes (Rábade, Lugo)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración celebra o Día do Cooperativismo Galego cunha gala na que se fará entrega dos Premios á Cooperación convocados anualmente. Nesta ocasión o proxecto Illa Bufarda recibirá o Premio ao mellor proxecto cooperativo novo;  Rexenerando recollerá o Premio aos valores cooperativos e o Premio á traxectoria cooperativa.

Durante o acto tamén se fará entrega dos premios a Proxectos Empresariais Cooperativos do Certame Cooperativismo no ensino 2025 na modalidade para alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia e que neste ano recoñeceu co primeiro premio ao proxecto “ Milgranda, Sociedade Cooperativa Galega” presentadodo IES Rosalía Mera e co accésit a “Maruxíada” presentado polo alumnado da  Sociedade Cooperativa Galega Mendiño, de Vigo.

Consulta o programa e máis información a través da web www.cooperativismogalego.com

Consulte o documento completo a través da seguinte ligazón.

Consulte o documento completo a través da seguinte ligazón.

Consulte o documento completo a través da seguinte ligazón.

Consulte o documento completo a través da seguinte ligazón.

Consulta o documento completo a través da seguinte ligazón.

Consulte o documento completo a través da seguinte ligazón.

Consulte o documento completo a través da seguiente ligazón.