Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
A Xunta celebra o Día do Cooperativismo Galego 2026 na sede da cooperativa Martín Códax, en Cambados
O sábado 4 de xullo celébrase unha nova edición do Día do Cooperativismo Galego, o principal acto institucional do cooperativismo na comunidade, que reunirá na sede da cooperativa Martín Códax (Cambados) a representantes do sector cooperativo, da economía social e das principais institucións galegas.
Premios á Cooperación 2026
Durante a gala entregaranse os galardóns desta edición e os premios do Certame Cooperativismo no Ensino:
Premio aos Valores Cooperativos
Algalia
Vigo
Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo Novo
Larega
Pontedeume
Premio á Traxectoria Cooperativa
Xallas-Santa Comba
Principais novidades
Como principal novidade, presentarase oficialmente o Himno do Cooperativismo Galego, coa letra de Claudio Rodríguez Fer e Cristina Fiaño e a interpretación da Banda Sinfónica Galega e o Coro Gaos.
Día Internacional das Cooperativas
A celebración coincide co Día Internacional das Cooperativas, baixo o lema «Cooperativas por un mundo en paz».


