Novas

A Xunta destaca en Vigo o emprendemento no eido da economía social a través da mostra ‘ES-Factory Pop Up’

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu esta tarde á primeira xornada do ES-Factory Pop Up, unha mostra que reunirá deica mañá 11 iniciativas vinculadas co emprendemento e a economía social no marco do proxecto transfronteirizo ES-Factory, de cooperación Galicia–Norte de Portugal.

Un total de 11 proxectos emprendedores daranse cita xunto á Andrómena do Porto en Vigo

A zona da Andrómena do Porto de Vigo, na contorna do Náutico e da rúa Concepción Arenal, acollerá os próximos xoves 30 e venres 31 de xullo o ES-Factory Pop Up, unha mostra que reunirá a 11 proxectos vinculados co emprendemento e a economía social.

A proposta está concibida como un espazo comercial e de encontro que facilite o contacto co público. As persoas que decidan acudir a esta cita terán a oportunidade de adquirir produtos de orixe galega e participar nunha variada programación de actividades. 

A Xunta apoia con máis de 1,2 M€ a 60 entidades de economía social da provincia de Pontevedra a través do Bono Consolida

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe as instalacións de Lutería Artística Sociedade Cooperativa Galega, entidade beneficiaria do Bono Consolida, unha liña coa que a Xunta apoia este ano con máis de 1,2 M€ a 60 entidades de economía social da provincia de Pontevedra.

FUNDAMAR, a Cofraría de Pescadores de Vigo e Espazocoop convídante á III edición da Feira #ESDOMAR

FUNDAMAR, a Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas Espazocoop organizan a terceira edición da Feira de Economía Social do Mar #ESDOMAR, un proxecto que conta co financiamento da Rede Eusumo.

A Xunta pon en valor o papel da artesanía como motor de desenvolvemento económico e cultural no marco da cita ‘Corazón da Artesanía’ en Agolada

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, visitou esta tarde a segunda xornada do evento Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se está a desenvolver nos Pendellos de Agolada.

A Xunta pon en valor a contribución das cooperativas á economía galega cunha facturación anual de arredor de 3.400 M€

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe no acto do Día do Cooperativismo Galego 2026, organizado pola Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cooperativas nas Bodegas Martín Códax e no que se recoñeceron as iniciativas premiadas nos Premios á Cooperación e no Certame Cooperativismo no Ensino. Alí puxo de relevo o auxe deste modelo que en Galicia supera as 2.000 cooperativas activas cun volume anual de facturación de arredor de  3.400 M€ e destacou o apoio da Xunta neste ámbito.