Por admin_eu, 30 Xullo, 2026
Biodiversidade: O capital natural do rural

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Biodiversidade: O capital natural do rural" no marco da Rede Eusumo.

Data: 30 de xullo

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Online

A actividade está dirixida a:

  • Equipos directivos das cooperativas  agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia e persoal técnico)

Obxectivos:

  • Reforzar a comprensión do valor estratéxico da biodiversidade como activo produtivo e factor de competitividade a longo prazo para as cooperativas agroalimentarias
  • Dar a coñecer prácticas e ferramentas para a xestión e avalición sostible da biodiversidade (solos vivos, diversidade xenética, índices e indicadores) aplicables á actividade cooperativa
  • Achegar o marco normativo, as alianzas e o financiamento dispoñibles para impulsar a transición cara a modelos produtivos que preserven os recursos naturais

Programa:

  • Galicia, territorio de biodiversidade: o valor da paisaxe agraria como oportunidade estratéxica para o sector primario
  • A raíz da biodiversidade: bancos de sementes e recursos fitoxenéticos na agricultura
  • Da agricultura rexenerativa aos créditos de carbono e de natureza: medir e poñer en valor a biodiversidade, o solo e a auga como novas fontes de ingresos
  • Economía circular e biodiversidade edáfica desde a experiencia: converter subprodutos agrogandeiros en solos máis biodiversos
  • Medir para mellorar: avaliación e seguimento da biodiversidade en sistemas agrogandeiros. Índices e indicadores aplicados (TAPE-FAO, ABDI, MAS) para obxectivar resultados e orientar a mellora continua
  • Mesa de diálogo: oportunidades de negocio e diferenciación a partir da biodiversidade

Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Agaca biodiversidade

agaca biodiversidade

Data

Categoria