Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Emprender en Feminino: Compartindo Experiencias e Xerando Oportunidades
Este encontro é un encontro, organizada polo Polo de Friol, pensado para reunir mulleres emprendedoras, compartir experiencias reais e crear novas conexións que poidan converterse en colaboracións e oportunidades.
Data: mércores, 16 de setembro
Horario: 16:00 - 19:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Maruxía Pastelería. R/ Angelo Colocci, n 29, Lugo
Programa do encontro:
- Presentación do Polo de Emprendemento de Friol: recursos e oportunidades para emprender.
- Presentación do programa Medrando Xuntas
- Mesa redonda: "Emprender en Feminino: experiencias que inspiran".
- Participación de mulleres emprendedoras de diferentes sectores que compartirán a súa traxectoria, os retos afrontados e as claves do desenvolvemento dos seus proxectos.
- Diálogo aberto e intercambio de experiencias.
- Preguntas e respostas.
Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Anímate a participar! Investe unhas horas en coñecer información útil, resolver dúbidas, conectar con outras mulleres emprendedoras e dar un paso máis cara ao teu futuro profesional.

