Xa é posible constituír unha cooperativa con dúas persoas socias!

O xoves 26 de outubro entrou en vigor a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia que, entre outros aspctos, modifica algúns artigos da Lei de cooperativas de Galicia.

Entre as principais novidades da lei, destacan as seguintes:

  • Xa é posible constituír unha cooperativa con só dúas persoas socias; non computando as persoas socias colaboradoras, nin excedentes ou a proba. 
  • Nestas cooperativas, o capital social deberá ser achegado ao 50% por cada unha das persoas socias.  
  • Non hai un límite temporal para esta situación, pero aquela cooperativa que permaneza máis de cinco anos con só dúas persoas socias estará obrigada, a partir do seguinte exercicio, a realizar unha dotación adicional á reserva obrigatoria do dous e medio por mil da súa cifra de negocios anual.
  • No tocante ás cooperativas xuvenís, engádese a posibilidade de que a extinción se acorde en documento privado, igual que os outros trámites para os que xa estaba así recollido.
  • Suprímense certas referencias legais á distribución de competencias entre os rexistros de cooperativas, de forma que os aspectos organizativos destes quedan regulados integramente mediante norma regulamentaria.  

Se quere consultar a lei completa, prema aquí

 

Luns, 30 October, 2017 - 10:30

Compartir