Xa está dispoñible a memoria da xornada Responsabilidade Xurídica das Cooperativas

O pasado 12 de decembro celebrouse a xornada Responsabilidade Xurídica das Cooperativas - A economía social ante o reto do cumprimento normativo.

O obxectivo da xornada centralizouse na posta ao día da reforma do Código Penal Español aplicada ao ámbito da economía social e, en particular, ao mundo das cooperativas, xa que, polo seu carácter social, solidario e participativo, é posible que o mundo cooperativo estea especialmente chamado a encabezar o compromiso empresarial co cumprimento normativo de cara a evitar riscos con consecuencias penais.

Como resultado da xornada, elaborouse unha memoria na que se inclúen as presentacións orixinais enviadas polos autores, todos eles expertos da materia que mediante a súa participación quixeron facer tomar conciencia aos asistentes dos riscos e difundir as solucións e procedementos existentes ao alcance das cooperativas para a súa propia autoprotección.

Esta memoria está a vosa disposición para a súa consulta. Podedes descargarla premendo aquí.

Xoves, 15 February, 2018 - 17:30

Compartir