Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-18

O vindeiro mércores 29 de novembro de 2017, terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, na rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro, en Santiago de Compostela, a "Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-2018". Esta xornada está dirixida aos profesionais de orientación dos centros educativos e do ámbito laboral. Trataranse aspectos relacionados coa cualificación das persoas, a súa empregabilidade e as medidas de apoio dispoñibles.
 
O persoal de orientación laboral da Xunta de Galicia poderá inscribirse a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/fp/inscricion-xornada-orientacion-17-18
 
Data límite de inscrición: 26/11/2017
 
 
Xoves, 23 November, 2017 - 16:30

Compartir