Xornada divulgativa sobre emprendemento cooperativo no ámbito da discapacidade

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, acompañada da directora de Emprendimiento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou este pasado venres 10 de xuño na xornada divulgativa sobre emprendemento cooperativo no ámbito da discapacidade organizada por In-REDE e EspazoCoop en Santiago de Compostela. A xornada estivo dirixida principalmente o persoal técnico e aos aprendices dos centros especiais de emprego que participan nesta iniciativa financiada pola Xunta.

Covadonga Toca, destacaba nesta xornada a aposta da Xunta pola economía social no ámbito da discapacidade, sinalando que o modelo cooperativo favorece o emprego das persoas con discapacidade ao ser unha fórmula solidaria comprometida co emprego estable e a igualdade, e indicando que a Xunta investirá este ano 35 millóns de euros no ámbito do cooperativismo e que contan co Programa Emprega Discapacidade-Exclusión Social dotado de 40 millóns de euros.

Esta iniciativa inclúe sete programas entre os que Covadonda destacou o de formación dual para as persoas con discapacidade intelectual, que combina actuacións de formación e incentivos ao emprego.

Para finalizar, Toca fixo fincapé, en que o modelo cooperativista antepón os beneficios sociais e colectivos á rendibilidade financeira; está comprometido coas particularidades da súa contorna; aposta por fixar poboación no medio rural, creando actividade económica e afianzando servizos; xera emprego estable, de calidade e resistente á crise; e actúa contra as desigualdades ao favorecer a redistribución de recursos e fortalecer a democracia institucional.

 

Venres, 10 June, 2022 - 10:30

Compartir