Xornada "Emprende baixo a fórmula cooperativa"

A Rede Eusumo organiza a xornada de promoción do cooperativismo titulada “Emprende baixo a fórmula cooperativa”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2019.
 

Data: 25 de abril

Horario: de 10:00 a 13:00 horas

Lugar: no Concello de Teo, Edificio sociocultural Constante Liste Número 2A,  A Rúa da Lagoa, 15883, A Ramallosa, Lucí (A Coruña)

Obxectivo: este obradoiro pretende amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Destinatarios: persoas desempregadas e persoas que buscan unha alternativa de autoemprego.

Programa formativo:

10:00 h Benvida e presentación da Rede Eusumo

10:20 h Coñecendo a fórmula empresarial cooperativa

  • As cooperativas como modelo empresarial: Características e particularidades das cooperativas, entorno cooperativo, principios e valores cooperativos
  • Tipos de cooperativas: escolle a que mellor se adapta as vosas necesidades e expectativas
  • Diferenzas con outras fórmulas xurídicas

12:00 h Pausa

12:20 h Ferramentas e apoios existentes para o cooperativismo

  • Que precisades para crear a vosa cooperativa
  • Quen e como che poden axudar a crear unha cooperativa
  • Como poderías aproveitar as subvencións e incentivos específicos dos que gozan as cooperativas

13.00 h Peche do obradoiro

Inscricións:

- A xornada ten carácter gratuíto.

- Inscricións abertas ata o 24 de abril.

- No 981 558 008 ou eusumo.emprego@xunta.gal

 

Podes consultar o cartel premendo aquí.

Xoves, 25 April, 2019 - 10:00 to 13:00

Compartir