Xornada "Integración e colaboración con cooperativas: axuda á economía familiar"

A Mancomunidade Municipios Galegos do Camiño Francés organiza esta xornada coa colaboración da Rede Eusumo:

INTEGRACIÓN E COLABORACIÓN CON COOPERATIVAS: AXUDA Á ECONOMÍA FAMILIAR

Data: 30/09/19

Horario: de 16:00 a 21:00 horas

Duración: 5 horas presenciais

Lugar: Casa do Concello de Triacastela, praza da Deputación 1, Triacastela, Lugo

Destinatarios: aquelas persoas que vexan nesta alternativa un novo posto de traballo ou un complemento á súa economía e tamén ó público en xeral.

Obxectivo: difundir a colaboración coas cooperativas como un complemento da economía familiar a través da integración en cooperativas xa existentes e consolidadas no territorio da Mancomunidade.

Programa formativo:

De 16:00 a 17:00 horas - Presentación da Rede Eusumo e da Economía Social. Breve reseña das entidades que integran a Economía Social
De 17:00 a 18:15 horas - ¿Ser socio dunha cooperativa ou colaborar coas cooperativas como complemento da economía familiar?
De 18:15 a 18:30 horas - Pausa
De 18:30 a 20:30 horas - Dúas grandes cooperativas no territorio da Mancomunidade: ICOS SOCIEDADAE COOPERATIVA GALEGA, AGRIS SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA. Distintas formas de colaborar con estas cooperativas.
De 20:30 a 21:00 horas - Ronda de preguntas e peche da xornada.

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do 982545070 (ext. 6) / 606306254 ou mancomunidade.frances@gmail.com

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

 

Luns, 30 September, 2019 - 16:00 to 21:00

Compartir