Xornadas formativas da Rede Eusumo, MES DECEMBRO

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da rede Eusumo intégrase o programa formativo do mes de decembro. Este programa formativo pretende  amosar as particularidades, características e vantaxes deste modelo empresarial. Entre os obxectivos do programa preténdense:

•    Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
•    Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
•    Coñecer experiencias de economía social.
•    Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

As xornadas formativas proxectadas durante o mes de decembro son as seguintes:

  • 01 de decembro Concello de Vedra. Obradoiro "Coñece a fórmula cooperativa"
  • 02 e 03 de decembro no Concello da Coruña. Obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”.
  • 02 e 09 de decembro no Concello de Moaña Ciclo xornadas Cooperativismo e Emprendemento.
  • 02 de decembro no Concello de Barbadás. Xornada "Creando a nosa empresa, Por onde empezamos?".
  • 04 de decembro no Concello de Boqueixón. Xornada "Emprender baixo a fórmula cooperativa".
  • 09 de decembro no Concello de Touro. Xornada "Emprender baixo a fórmula cooperativa".

Consulte o calendario de actividades e seleccione as xornadas pulsando aquí

Máis información:

981 55 80 08
info@eusumo.coop

Venres, 27 November, 2015 - 09:45

Compartir